Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
O lema deste ano, “Sen profesionais non hai bibliotecas”, quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos.Para conmemorar esta data, levamos a cabo principalmete dúas actividades:
- Poñer en marcha o programa "Mochilas viaxeiras", repartindo a cada grupo cadansúa mochila.
- Comezar a gravación do 1º Podcast sobre o noso PDI, "O Camiño de Santiago".
Se queres ampliar información, podes picar na imaxe.
Feliz Día das Bibliotecas a todos/as!!!