Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

14 de maio de 2021

O mar segundo Urbano Lugrís

Neste tercer trimestre, estamos a traballar Urbano Lugrís, coma pintor galego que tiña moi presente nas súas obras o mar.  Para saber un pouco mais deste autor, clica na imaxe:

E agora mirade a obra de Urbano Lugrís polo alumnado de 6º de EI:

7 de maio de 2021

Peixes Serra e outros

O alumnado de 5ºA foron "escultores e escultoras", por un día, ao Jorge Peteiro. Fixeron distintos tipos de esculturas con plastilina, endurecidas con verniz. Fixeron un montón de animais e seres fantásticos baseándose na peza "Peixe Serra" deste artista galego que está na entrada do Aquarium da Coruña. Quedaron fantásticas!









30 de abr. de 2021

Homenaxeando a Peteiro

O alumnado de 6º A de E.I. estivo a homenaxear a Jorge Peteiro, traballando as súas esculturas e pinturas. Fixádevos que ben o fixeron!



23 de abr. de 2021

Mural de Peteiro

O alumnado de 3º de EP está sendo totalmente creativo, fixádevos que murais fixeron nas distintas aulas a través dunha obra de Jorge Peteiro!






15 de abr. de 2021

Arte, Arte e mais Arte!

Un día coma hoxe, a UNESCO proclamou a celebración do Día Mundial da Arte o 15 de abril para conmemorar así o nacemento dun dos artistas máis prolíficos e polifacéticos da humanidade: Leonardo da Vinci, que naceu en Vinci (Florencia) o 15 de abril de 1452.

“Amo a aquellos capaces de sonreír en mitad de los problemas“

Leonardo da Vinci

A conmemoración do Día Mundial da Arte pretende fomentar a toma de conciencia da actividade creativa en todo o mundo, nutrindo a creatividade, a innovación e a diversidade cultural de todos os pobos do mundo, e desempeñando un rol importante no intercambio de coñecementos e no fomento do interese e o diálogo. Deste xeito, ao fomentar o desenvolvemento da arte tamén se fomentan os medios para poder lograr un mundo libre e pacífico.


Hoxe é un día para fomentar a nosa creatividade artística: pintar, modelar, bailar, cantar… ¡Disfrutemos da arte en cualquera das modalidades que nos ofrece!



Uns cantos enlaces de interese:




9 de abr. de 2021

JORGE PETEIRO, un artisto galego namorado do mar

Durante o segundo trimestre, o noso cole estivo a traballar as obras de Jorge Peteiro relacionadas co mar. Para iso, introducímonos na súa biografía e obras deste artista galego, a través destes documentos. Iremos colgando no blog a nosa visión artística das súas obras.

3 de mar. de 2021

Mensaje del mar

Versión do alumnado de 5º de EP da obra "Mensaje del Mar" de Maruxa Mallo, empregando materiais reciclables que, a miúdo, poden atoparse nas nosas praias e costas:




10 de feb. de 2021

Con froita... con Maruxa e Arcimboldo

E coma continuamos coa arte e Maruxa Mallo, os nenos e nenas de 6º de E.I. intentaron ver outra faceta desta pintora! e como son tan artistas tamén se atreveron con Arcimboldo! Elmer está abraiado!

30 de xan. de 2021

Somos ilustrador@s creativ@s

Coma Castelao e Lolita Díaz Baliño, somos grandes ilustradoras e ilustradores! A partir dun garabato dado, que cousas tan fantásticas saíron!



Día da Ilustración

Hoxe, Día da Ilustración por ser o día en que naceu o, ademáis de ensaísta e político, o debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A nosa biblioteca súmase, dun xeito modesto, á iniciativa promovida pola Consellería de Cultura de Galicia xunto a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) para destacar a figura da importante ilustradora Lolita Díaz Baliño, intentando, a súa vez, remarcar o valor das mulleres ilustradoras galegas.





QUEN FOI LOLITA DÍAZ BALIÑO?    QUERES SER COMA ELA?

Lolita Díaz Baliño (1905-1963) foi unha coruñesa clave na nosa arte no primeiro tercio do século XX. Naceu  nunha familia ligada ao mundo da arte, o que lle permitiría dar os primeiros pasos. O seu irmán Camilo tamén destacou . Desde moi moza destacou na fotografía, para alén de na pintura.
En 1926 intégrase na Exposición de arte galega de Santiago de Compostela. O seu estilo nestes tempos aproxímase ao art déco sobrio e elegante, acorde coa moda do momento. Adoita representar mulleres modernas, decididas e elegantes con  figuras estilizadas. Tamén deseñou capas de libros ou carteis de festas, mais estes traballos son difíciles de atopar. 

A súa obra pictórica tampouco é de acceso doado. Os debuxos e cadros máis temperáns estiveron moi relacionados co seu irmán. Díaz Baliño destaca como debuxante e acuarelista, técnica na que se identifica cun detallismo colorista, representando mundos irreais como As fadas do caracol.

En 1938, convértese na primeira muller, xunto a María Corredoira, en formar parte da Real Academia de Belas Artes.  Tamén foi das primeiras profesoras da escola de Artes e Oficios. A docenciaf oi a súa actividade principal, sendo alumnas dela pintoras como María Antonia Dans ou María Elena Gago.

Con todo, a súa pegada é para a AGPI a dunha "artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época".



20 de xan. de 2021

Maruxa Mallo

Durante o primeiro trimestre, estivemos a traballar a persoa de Maruxa Mallo e as súas obras, dentro do noso proxecto da Vida Submarina. Por iso, centrámonos naqueles cadros relacionados con este tema. Sen embargo, para comezar, empezamos con algunha das súas obras. Estos son algúns dos nosos resultados. Estade atentos e atentas, que haberá moito mais!

3

30 de abr. de 2020

DERRADEIRO DÍA DA SEMANA DO LIBRO!

E como hoxe é o derradeiro día desta Quincena do Libro de 2020, imos despedilo por todo o alto!. Comezamos con Rosa Caramelo de Adela Turín, un conto moi especial e, nesta ocasión, moito máis pois está contado tamén en Lingua de Signos. Xa veredes que interesante!



Seguimos con cousas de interese, que vos parece darnos unha volta polos distintos lugares dos libros de Harry Potter? Podemos visitar Diagon Alley, a estación do tren King´s Cross, o gran comedor de Hogwarts... (Tarda un pouquiño en cargar, así que non desesperedes!)


https://earth.google.com/web/@51.53252905,-0.12415002,39.03631074a,53.83467957d,60y,-0.92843153h,79.30001386t,0r/data=CjASLhIgYjNkZjViZmQzMWQxMTFlN2E2ZTAzZGU4NDgxNmIzNGMiCmdjc19saXN0XzA



E agora Álbum de Pequenas e Grandes Lectoras e Lectores de Elmer!

22 de abr. de 2020

PASADO DÍA MUNDIAL DA ARTE

O pasado día 15 de Abril celebrouse o Día Mundial da Arte, data que quere dar a coñecer a importancia que ten a arte e sobre todo o pensamento creativo. Foi escollida entre outras moitas porque é o día de nacemento do gran Leonardo da Vinci. Aínda que, neste curso, estamos todos na casa, no noso cole traballamos a arte sempre que podemos, empregando distintos materiais, técnicas, estilos... e os recursos que nos proporciona a biblioteca. Aquí están de exemplos uns vídeos:


10 de abr. de 2020

HOMENAXE A ANDERSEN

Estas son as vosas aportacións á proposta que vos fixo Elmer. Pero antes de nada dicirvos:



E agora velaquí o voso vídeo modificado debido a algunhas aportacións fóra do prazo: