31 de xan. de 2020

DÍA DA PAZ

Este curso, o Día da Paz está fundamentalmente baseado na integración, na atención á diversidade e na igualdade. Por iso, grazas ao EACE e o seu coordinador, fixemos un muro con bloques onde veíanse palabras contrarias á integración. Este muro foi derribado polo noso alumnado, como símil da necesidade de derrubar as ideas, pensamentos, fundamentos e crenzas que non favorecen á integración no noso día a día. Foi unha experiencia inesquecible!



30 de xan. de 2020

30 de XANEIRO . DÍA DE CASTELAO

Hoxe, 30 de xaneiro é o día adicado a Castelao e data do seu nacemento. Nós, desde o noso cole, queremos facer unha pequena homenaxe a este gran autor, facendo fincapé na súa faceta como ilustrador. 

Castelao foi un gran ilustrador cunha numerosa obra con caricaturas, pinturas, debuxos... por iso realizamos un pequeno mural con algunhas das súas ilustracións e unha pequena mostra de distintos tipos de banda deseñada.


29 de xan. de 2020

MERCAMOS DE FORMA SAUDABLE

O alumnado de 2º EP visitou o supermercado Eroski. Alí ensináronnos a importancia duns hábitos alimentarios e de vida saudables, levando a cabo un obradoiro práctico. Mirade o vídeo!

26 de xan. de 2020

SÍ, MEU CAPITÁN

O alumnado de 1º visitou o Palacio de Capitanía de A Corula e puideron ver as súas instalacións e coñecer o seu patrimonio artístico. Foi toda unha salida!

22 de xan. de 2020

A VOZ DE GALICIA... UN GRAN XORNAL

Visitamos a Voz de Galicia para saber cómo se facían os xornais desde o comezo ata a súa distribución. Vimos como traballaban os periodistas nos seus computadores, como se imprimían, e incluso onde se gardaba o papel! Foi realmente interesante!


21 de xan. de 2020

DEPORTES POLA INTEGRACIÓN

O alumnado de 6º de EP estivo a preparar uns pequenos murais acerca dun deporte integrador e adaptado: O SOFTBALL. Este é un deporte de equipo no que a pelota (que é brandiña)  é golpeada por un bate. Pero disto saben moito máis as nenas e nenos de 6ºEP. Elmer quere ensinarvos o que traballaron:


BONILLA Á VISTA!

As nenas e nenos de 2º de EP fomos ata Arteixo a visitar a fábrica de Bonilla. Vimos todo o proceso industrial para facer as famosas patacas fritas. Puidemos observar toda a maquinaria, a cadea industrial e incluxo xogar co almidón, parecía xabón!
Pasámolo moi ben!


19 de xan. de 2020

SEMANA DAS FAMILIAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Como foi unha experiencia tan enriquecedora e xenial para todos, decidimos repetir a experiencia en Primaria. E como non, a acollida foi espectacular!
Esperamos que para as vindeiras edicións teña tan boa participación! TEMOS UNHA GRAN COMUNIDADE ESCOLAR!


13 de xan. de 2020

AS NOSAS NOVIDADES DE INVERNO

Estas son as nosas novas adquisicións de inverno que podedes ver na biblioteca e tamén en distintos lugares do cole.