27 de nov. de 2020

As pitas baixo a choiva

Neste novo curso, xa presencial, quixemos volver homenaxear ao autor das Letras Galegas 2020 facendo un audioconto da súa obra "As pitas baixo a choiva" dende 4º de EI ata 6º de EP. Pincha na imaxe para ver e escoitar o Audioconto:



E agora outros traballiños feitos polo noso alumnado tan artista! Mirade que xeniais son!



25 de nov. de 2020

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe é un día no que, de forma continua, fálannos da eliminación da violencia contra a muller pero Elmer quere dar importancia a que non se trata de que sexa tan só un día. Trátase de que lembremos que a violencia contra a muller está presente nos 365 días do ano, e que nós, como futuro, podemos eliminar este tipo de condutas. Por iso, e para que non quede nun só día propóñemovos colgar das fiestras das vosas casas unha man morada para concienciar sobre a violencia. Subide a vosa foto ao instagram e non esquezades etiquetar a @elmercubela.

E agora unha lectura moi especial:
¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz Reguero.
Captura


20 de nov. de 2020

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hoxe, é un día importantísimo para todos as nenas e nenos.  É o día onde se lembran e se conmemoran os nosos dereitos!

Para celebrar este día, que tal se lemos unhas entrevistas a un gran coñecedor da infancia e xuventude? Una persoa que dí cousas coma:

"Os nenos non son o futuro, son o presente"


E agora, un pouco de actividade! Elmer escolleu dúas opcións:

1)Unhas actividades preparadas para a súa descarga con crucigramas, sopas de letras, para escribir un anaquiño...

2)Realizar algunha das manualidades que se propoñen, enviar unha foto dalgunha delas ao correo da biblio (bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com) o subila a Instagram, etiquetando a biblioteca:

-Flor dos dereitos

           -Estrela para facela hai que colorear e completar os ocos; recortar todas as estrelas e doblalas pola metade. Pegar esas metades, unha enriba da outra ata chegar a derradeira que será a que se una coa primeira estrela.

(Ambalas dúas manualidades, ideas orixinais de             http://tizasdecoloresmaestraana.blogspot.com)            

18 de nov. de 2020

Quenda aos seres mitolóxicos e de lenda!

Facendo unha pequena revisión de todos aqueles seres fantásticos, mitolóxicos e de lenda que sabemos dos libros, o alumnado de 5º EP do noso cole realizou unha pequena investigación sobre estes seres. Aquí a tedes!

12 de nov. de 2020

Outono

En estes tempos tan raros, chegou o outono ao noso cole, velaquí as mostras outonais! Clica na imaxe!




10 de nov. de 2020

Día Mundial da Ciencia ao servizo da Paz e o Desenvolvemento

Hoxe, ao igual que este mes no que celebramos a Ciencia en galego, a Ciencia cobra especial importancia. Un dos aspectos máis importantes é que as persoas teñan os coñecementos suficientes para poder acercarse o mundo científico e da investigación. Os avances científcos son imprescindibles para que o mundo, no que vivimos, sexa máis sostible. 

Deste modo, para celebrar este día a UNESCO organiza actos que promoven un acercamento da ciencia á sociedade, e Elmer non quería deixar escapar esta ocasión. Por iso, Elmer e o Equipo de Biblioteca quérevos propoñer o seguinte:

Ser científicas e científicos! Poñámonos unha bata de laboratorio e...Mans á obra!  

Pode ser tanto na clase como na casa. Escolle un dos experimentos dos que che propón o teu profe e ponte a facelo! Envíanos as túas fotos ou o teu vídeo de científica ou científico!


Para iso, podes empregar os seguintes libros colgados na rede:



Enviade as vosas fotos e/ou vídeos ao noso correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

9 de nov. de 2020

Unha de autores que escriben sobre o mar!

Os quintos do noso cole estiveron a traballar a biografía e decidiron escoller escritores e escritoras que, nos seus libros, falaran sobre o mar, o mundo submarino, os peixes... Aquí tedes unha pequena escolma do seu traballo!




E se queres saber mais destes e outros autores e autoras clica no enlace: