Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións

1 de xuño de 2021

Traballos sobre Xela Arias e Concurso de Poemas

O noso alumnado traballa unha morea! Por iso, colocamos na entrada do noso cole algúns dos seus traballos. Ademais, tamén están aqueles que gañaron o concurso de poemas deste ano que tiñan coma temática O Mar.

12 de nov. de 2020

Outono

En estes tempos tan raros, chegou o outono ao noso cole, velaquí as mostras outonais! Clica na imaxe!




15 de maio de 2020

DÍAS DAS LETRAS GALEGAS- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Ola familias!!
Moitas grazas polos traballos que estades a enviar!!
Como xa sabedes, o día 17, domingo, homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero.
Mandámosvos tres enlaces; nun podedes ver a colección de caricaturas de Carvalho Calero debuxada por Siro; noutro podedes ler o conto "As pitas baixo a choiva" e escoitar pezas musicais dese conto; no último podedes acceder a unha serie de actividades sobre Carvalho Calero, no  Seminario Galán, estas actividades están presentadas por curso, hainas para imprimir ou para facer en liña.

Estes son os enlaces:
- a colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez. Tédelas en:


- o proxecto "As pitas baixo a choiva" da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica. Tedes todo en:


- o libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, carteis. Están en: 


Esperamos que todos sigades ben, e desexámosvos un bo día das Letras Galegas!!!

27 de abr. de 2020

PROPOSTA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Ola a tod@s!!
Ánimo que xa falta menos. Sodes uns campe@ns!!

Aínda que quedamos na casa, temos que seguir co calendario; o mes que vén entramos en maio, mes moi importante porque o día 17 celebramos o día das Letras Galegas. A Real Academia Galega elixiu esa data, 17 de maio, para conmemorar a publicación dunha obra moi importante na nosa literatura "Cantares Gallegos", un 17 de maio do ano 1863, e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
A primeira escritora homenaxeada foi Rosalía de Castro, no ano 1963, autora de Cantares Gallegos. Desde entón cada ano homenaxéase a un escritor ou escritora. Este ano adícase o día a Ricardo Carvalho Calero, autor de poesía, novela e teatro.
Aínda que este ano esta celebración trasládase ao mes de outubro, desde o EDLG (Equipo de Dinamización de Lingua Galega), e para contribuír a ese homenaxe ás Letras Galegas o día 17, propoñémosvos que nos contedes como vos sentides estes días, que estades a facer na casa, ou se saíchedes onte que fixéchedes.
Podedes contárnolo, así:
-->facendo un debuxo, Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, se algún se anima a escribir ADIANTE!!
-->escribindo un poema, de 2º a 6º de Educación Primaria, poderedes ilustralo como queirades.
Os que vos animedes, podedes enviar o voso traballo ao seguinte correo:

jesus.aulas@gmail.com

Prazo máximo de entrega:22 de maio
Moitas grazas polas vosas aportacións!!!

4 de mar. de 2020

3 de mar. de 2020

SEMANA DE ... ROSALÍA

O día 24 de Febreiro foi o día adicado a Rosalía de Castro. Como estabamos de entroido, decidimos conmemorar esta data durante varios días.  Por iso, os nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil asistimos a un recital de poemas de Rosalía de Castro e cancións sobre ela na biblioteca de Elmer.