Despois de ler varios dos seus libros tanto de narrativa coma de banda deseñada, o alumnado de 5º de EP do noso centro entrevistou ao Hematocrítico, (actividade proposta dentro do Mes do Libro) de forma virtual polo protocolo COVID. Velaquí está a súa entrevista! Esperamos que a próxima poida ser presencial! Grazas!!
Amosando publicacións coa etiqueta autores galegos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autores galegos b>. Amosar todas as publicacións
15 de abr. de 2021
27 de nov. de 2020
As pitas baixo a choiva
Neste novo curso, xa presencial, quixemos volver homenaxear ao autor das Letras Galegas 2020 facendo un audioconto da súa obra "As pitas baixo a choiva" dende 4º de EI ata 6º de EP. Pincha na imaxe para ver e escoitar o Audioconto:
E agora outros traballiños feitos polo noso alumnado tan artista! Mirade que xeniais son!
26 de maio de 2020
CARAMOMIA... MAIS CAPÍTULOS
Aquí están os seguintes capítulos de Caramomia, obra do Hematocrítico, Ledicia Costas y otros, que xa Elmer avanzouvos o primeiro capítulo:
15 de maio de 2020
XOGAMOS E PINTAMOS CON CARVALHO CALERO!
Este ano 2020 o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Este escritor foi elixido coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e 30 do seu pasamento. Aquí tedes un pequena biografía sobre el, feito por un cole de Ourense:
De todos modos e de forma excepcional, debedes saber que polo COVID-19 o Día das Letras Galegas celebrarase o día 31 de Outubro. Nembargantes, nós queremos facerlle no seu propio día unha pequena homenaxe.
Publish at Calameo
E agora imos xogar un pouco para coñecer un pouco sobre este escritor: Carvalho Calero.
30 de xan. de 2020
30 de XANEIRO . DÍA DE CASTELAO
Hoxe, 30 de xaneiro é o día adicado a Castelao e data do seu nacemento. Nós, desde o noso cole, queremos facer unha pequena homenaxe a este gran autor, facendo fincapé na súa faceta como ilustrador.
Castelao foi un gran ilustrador cunha numerosa obra con caricaturas, pinturas, debuxos... por iso realizamos un pequeno mural con algunhas das súas ilustracións e unha pequena mostra de distintos tipos de banda deseñada.
Castelao foi un gran ilustrador cunha numerosa obra con caricaturas, pinturas, debuxos... por iso realizamos un pequeno mural con algunhas das súas ilustracións e unha pequena mostra de distintos tipos de banda deseñada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







