Amosando publicacións coa etiqueta alimentación saudable. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alimentación saudable. Amosar todas as publicacións

16 de out. de 2020

Día Mundial de la Alimentación

Hoxe é un día importante debido ás circunstancias que estamos a vivir. A causa do COVID-19, hai familias que non teñen medios para subsistir e, polo tanto, que non poden alimentarse axeitadamente. Elmer quérevos lembrar a importancia dunha boa alimentación, san e equilibrada. Ademais de ter en conta que FAME CERO é un dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) como o da vida submarina, polo que hai que prestarlle atención.



E agora, uns vídeos para pensar un anaco:




E agora unha infografía que pode server para traballar na aula cos vosos profes!








14 de xuño de 2020

QUE FAME!

A  Elmer encántalle ir no verán ao campo, á praia, de excursión... e levar unha tortilliña de patacas ben feita coma o do conto. Que non sabedes ese conto da Tortilla corredora? 

Escoita e mira!

9 de xuño de 2020

POR EL CAMINO

Temos desde Kalandraka TV un contacontos de Tamara Campos. É algo moi divertido e distinto pois é un poema-canción cos números e animais, falando dos alimentos. 

7 de xuño de 2020

PENSEMOS...

E como seguimos cos alimentos, cos comezos do verán, os cambios da natureza... Elmer proponvos ver este vídeo dunha campaña de publicidade alemá para reflexionar sobre un montón de cousas: 
-A que as cousas mais simples poden levarnos a cambios moi grandes.
-A "obriga" de seguir as modas, o que todo mundo fai...
-A necesidade de levar unha alimentación saudable
-O que poden provocar en nós os cambios na alimentación
-A necesidade de liberdade   
...

E para rematar un conto moi divertido sobre un animal que nos da moitos alimentos e un alimento moi nutritivo:

A vaca que puxo un ovo de Andy Cutbill 




6 de xuño de 2020

UNHA SOPA DE MOSQUETEROS

Aínda que se aproxima o verán, as veces, tamén temos chuvias, por iso pode apetecer unha sopa. Hoxe Elmer tráevos a sopa de mosqueteros, receita atopada no famoso libro de Os Tres Mosqueteros de Alejandro Dumas. Aínda non os coñeces?  
Por para ir abrindo boca, primeiro a receita: 


E despois para os mais pequenos unha versión do libro, o primeiro capítulo: 



Para os maiores, o libro para ler ou descargar online:



4 de xuño de 2020

SABOR, SABOR...

Estamos degustando novos sabores propios desta época do ano... e un deles é o coco. Incluso as cremas solares ulen a coco! Por iso, e para ter moita enerxía propóñemovos a elaboración dunhas barriñas enerxéticas que darannos a forza e ánimos suficientes para poñernos ao 100%! 
Clica na imaxe e terás a receta e moitas máis! Non esquezas que para a maioría delas, precisas da axuda dun adulto!


E para que vexas como dan forza, velocidade e intelixencia, deixámosvos un vídeo de Tom e Jerry, que  estiveron de 80º aniversario! Que ben se alimentan e se coidan! Están sempre xóvenes! 




3 de xuño de 2020

HUMM!... QUE RICO!

O aire está cheo de aromas agora que vai chegando o verán... Xelados, melocotóns, cereixas, ... A Elmer encántalle comer! Ademais, xa sabedes que nos contos, nos libros, nas historias ... sempre hai alimentos e cousas para comer!  Imos a ver un conto sobre unha sopa, xa veredes!

La mejor sopa del mundo de Susana Isern


29 de xan. de 2020

MERCAMOS DE FORMA SAUDABLE

O alumnado de 2º EP visitou o supermercado Eroski. Alí ensináronnos a importancia duns hábitos alimentarios e de vida saudables, levando a cabo un obradoiro práctico. Mirade o vídeo!