Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións

30 de xan. de 2021

Día da Ilustración

Hoxe, Día da Ilustración por ser o día en que naceu o, ademáis de ensaísta e político, o debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A nosa biblioteca súmase, dun xeito modesto, á iniciativa promovida pola Consellería de Cultura de Galicia xunto a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) para destacar a figura da importante ilustradora Lolita Díaz Baliño, intentando, a súa vez, remarcar o valor das mulleres ilustradoras galegas.





QUEN FOI LOLITA DÍAZ BALIÑO?    QUERES SER COMA ELA?

Lolita Díaz Baliño (1905-1963) foi unha coruñesa clave na nosa arte no primeiro tercio do século XX. Naceu  nunha familia ligada ao mundo da arte, o que lle permitiría dar os primeiros pasos. O seu irmán Camilo tamén destacou . Desde moi moza destacou na fotografía, para alén de na pintura.
En 1926 intégrase na Exposición de arte galega de Santiago de Compostela. O seu estilo nestes tempos aproxímase ao art déco sobrio e elegante, acorde coa moda do momento. Adoita representar mulleres modernas, decididas e elegantes con  figuras estilizadas. Tamén deseñou capas de libros ou carteis de festas, mais estes traballos son difíciles de atopar. 

A súa obra pictórica tampouco é de acceso doado. Os debuxos e cadros máis temperáns estiveron moi relacionados co seu irmán. Díaz Baliño destaca como debuxante e acuarelista, técnica na que se identifica cun detallismo colorista, representando mundos irreais como As fadas do caracol.

En 1938, convértese na primeira muller, xunto a María Corredoira, en formar parte da Real Academia de Belas Artes.  Tamén foi das primeiras profesoras da escola de Artes e Oficios. A docenciaf oi a súa actividade principal, sendo alumnas dela pintoras como María Antonia Dans ou María Elena Gago.

Con todo, a súa pegada é para a AGPI a dunha "artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época".



30 de xan. de 2020

30 de XANEIRO . DÍA DE CASTELAO

Hoxe, 30 de xaneiro é o día adicado a Castelao e data do seu nacemento. Nós, desde o noso cole, queremos facer unha pequena homenaxe a este gran autor, facendo fincapé na súa faceta como ilustrador. 

Castelao foi un gran ilustrador cunha numerosa obra con caricaturas, pinturas, debuxos... por iso realizamos un pequeno mural con algunhas das súas ilustracións e unha pequena mostra de distintos tipos de banda deseñada.