29 de set. de 2020

Comezamos o programa de MOCHILAS VIAXEIRAS!

Ola familias!

Comezamos a nosa andaina este curso cargado de novos retos e emocións.
Por iso, Elmer proponvos empezar co Programa das Mochilas Viaxeiras, coñecido xa por todos nós.

Elmer tenvos preparado unhas mochilas do máis interesante. Animádesvos?

Descarga aquí o documento:




28 de set. de 2020

Hoxe, Día Internacional do Dereito de Acceso á Información

Esta celebración no 2020 baséase no dereito á información en tempos de crisis e nas vantaxes de contar cos garantes precisos ao acceso público á información coa finalidade de salvar vidas, fomentar a confianza e axudar a ter unha normativa sostible ao longo da crise de COVID-19 e mais alá dela.

E para que o noso alumnado poida acceder á información na rede, hai que saber buscar... por iso, Elmer buscou este video que pódevos axudar:



27 de set. de 2020

Día Internacional das Persoas Xordas

Hoxe, domingo, celébrase o Día Internacional das Persoas Xordas onde lembramos que é preciso ter en conta as necesidades e diversidade que teñen as persoas cunha perda auditiva. 

Por iso, Elmer propóñevos hoxe este conto moi especial:

                            "IMOS BUSCAR UN ABETO"

con Malvamos Teatro e AZ Lengua de Signos




25 de set. de 2020

24 de Setembro, Día Marítimo Mundial

Ola piratas! 

Onte celebramos o Día Marítimo Mundial do 2020, onde o lema elixido para este ano é "Un transporte marítimo sostible para un planeta sostible". 



Este tema bríndanos a oportunidade de fomentar a toma de conciencia acerca dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nación Unidas e de amosar a labor que a Organización Marítima Mundial (OMI) e dos seus Estados Membros realizan para acadar estes obxectivos.  Un das funcións da OMI é, entre outras, a prevención e contención da contaminación do mar producida polos buques.

Por iso, Elmer quere que reflexionedes sobre o que está ocorrendo sobre a contaminación que producen os buques e sobre os traballos que se fixeron para previr e conter a contaminación.

Mirade!




Estade atentas e atentos, pois unha vez que pensedes sobre isto, Elmer propoñerávos unha actividade!



21 de set. de 2020

21 de Setembro, Día Internacional da Paz

Como cada ano, celebramos o Día Internacional da Paz en todo o mundo. É un día adicado ao fortalecemento dos ideais da paz, da non violencia e o alto o fogo. Este curso, o noso inimigo común é o virus que ameaza a nosa saúde e o noso estilo de vida. O COVID-19 lembrounos que o que ocorre nunha parte do planeta pode afecta a todas ás persoas en todas partes.         


Por iso, mentres loitamos por derrotar este virus, este día está adicado a fomentar o diálogo e recolectar ideas, invitando a todo o mundo a unirse e a compartir ideas sobre cómo capear este problema, sanar o noso planeta e cambialo para mellor. 


 

16 de set. de 2020

Día Mundial da Preservación da Capa de Ozono

Hoxe, 16 de setembro celebramos o Día Mundial da Preservación da Capa de Ozono. Tendo en conta  que o proxecto deste ano é A VIDA SUBMARINA, é moi importante lembrar a capa de ozono que rodea o noso planeta. Tanto Elmer coma o Equipo de Biblioteca  déixanvos aquí unha serie de recursos e xogos para traballar a importancia da capa de ozono.

Desfrutádeos!








15 de set. de 2020

Lembramos o curso pasado

Xa no verán publicouse na páxina do cole os finalistas do concurso de Banda Deseñada, como foi moi tarde non o vin ata practicamente uns días. Por iso, quero compartilo con vós, posto que, aínda hai rapaces e rapazas que xa están noutros centros, moitos seguides no noso cole. Así que, mirade, mirade... 


Parabéns a tod@s polas vosas valiosas aportacións

Vai unha mostra do alumnado premiado co seu diploma acreditativo.

Moitas grazas polo voso traballo, vémonos en setembro.

               Saúdos do EDLG                                             

                                        Sodes uns campi@ns!!!!



11 de set. de 2020

Ola de novo, grumetes!

Volvemos ao cole despois de tanto tempo, así que, a todos e todas, darvos a benvida!

E para iso, aquí tedes unha pequena pista do que imos traballar este curso na Biblioteca...

 


Lembrádesvos? 

Tratábase dun tema elixido por vós... 

                Vento en popa, Elmer!! 


que relacionaba todos os aspectos da vida submarina. Así que embarcámonos nunha nova aventura! Ánimo, grumetes!