Amosando publicacións coa etiqueta semana do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta semana do libro. Amosar todas as publicacións

13 de maio de 2020

E AQUÍ ESTÁN OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS!

Despois de tantos días, aquí están. Se lembrades, ahí atrás pedímosvos que nos enviárades  un apadriñamento lector. Aquí tedes aqueles e aquelas que nos mandaron un pequeno vídeo: As nosas madriñas e padriños lectores!


29 de abr. de 2020

PENÚLTIMO DÍA DA QUINCENA DO LIBRO

Xa se está a acabar esta quincena tan especial, pero eso non implica que Elmer non siga de festa!! E para continuar a celebración, que vos parece se empezamos cun conto en galego?

Os petos de Loreto de Quentin Blake



E agora que xa temos a nosa historia contada, é importante saber cómo se fan os libros, sabédelo? Elmer proponvos este vídeo para nenos un pouco maiores:


Rematamos cun libro moi chulo, para ler todos os días un pouquiño. Trátase de citas, mensaxes de ánimo para pasar estes días estranos de illamento. Que o disfrutedes!



Por certo, Elmer está aínda esperando aos padriños e madriñas lectoras, non vos esquezades!

28 de abr. de 2020

MARTES DE FESTA

Hoxe tampouco queremos quedarnos sen a festa do Libro, pero antes de comezar, lembrarvos que Elmer está a esperar aínda as vosas fotos!! E despois do recordatorio...

Iniciamos e dámoslle ao play! 

Trátase do conto dun monstruíño moi simpático e traste! 

Hay un monstruo en tu libro de Tom Fletcher.

E agora, un pouco de relaxación e arte...unhas cantas láminas para pintar para todos os gustos! 

STAR WARS                     SOY UNA NIÑA REBELDE

CARS                                POCOYÓ

LADYBUG                         ANNA KADABRA

OSITO TITO                      TEO

Para finalizar un pouco de ritmo con este conto musical. É moi divertido porque imaxinádesvos o molesto que pode ser un piolliño na biblioteca picando aos personaxes dos contos? Pois, clicade e veredes... El piojo saltarín en la biblioteca de Raquel Díez.



E despois disto, mañá, moitísimo máis! 

27 de abr. de 2020

QUÉDANNOS POUCOS DÍAS PARA REMATAR A NOSA QUINCENA DO LIBRO!

Este luns marca xa practicamente o final da nosa Quincena do Libro pero iso, non debe preocuparnos, porque seguiremos a ter propostas e actividades para vós.

Para dar un pequeno empuxonciño a este comezo de semana, que mellor que comezar con un pouco de música, que vos parece?






E para ter as mans e a cabeza ocupadas, Elmer ensínavos esta variedade de actividades:

Imitar aos Futbolísimos (xa sabedes, eses rapaces e rapazas, protagonistas dunha colección de fútbol e misterio, que van xuntos a cole, xogan ao fútbol e teñen un pacto segredo!) e facer un futbolín. 

https://www.losfutbolisimos.es/aventuras-y-misterios/como-hacer-un-futbolin-casero-en-7-pasos/

Explorar o mundo, viaxando por el como Fhileas Fogg na Volta ao mundo en 80 días.
https://www.maeva.es/repositorio/lecturas/inicio-cuaderno-de-activ.-atlas.pdf

Ler e movernos polas nubes.

https://www.calameo.com/accounts/2561288


E mañá, moitos máis!

26 de abr. de 2020

SEGUIMOS DE FESTA

Hoxe, non só celebramos a Semana do Libro senón tamén o primeiro día en que podemos dar un paseo despois de tantos días!. Lembrade a proposta que vos fixo Elmer onte sobre a saída!
De todas formas, Elmer xa sabe que tan só podedes saír unha horiña ao día, por iso vos da distintas opcións para que escollades:

Un montón de libros a escoller para distintas idades da Editorial Pintar-Pintar:

http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj

Unha historia feita con libros de Miguel Ángel Alonso Diz:



E o conto de Fabio, un can que non se comporta como tal. Max, o seu dono, está moi preocupado. Ata que unha noite descubre o seu segredo...
Ni guau ni miau, de Blanca Lacasa


ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!

25 de abr. de 2020

UNHA PROPOSTA NESTA CELEBRACIÓN...

Mañá é un día moi especial para os nenos e nenas e Elmer sábeo. 
Mañá, domingo, é o primeiro día que podemos saír a rúa despois de 43 días de confinamento na casa. Foi un gran experimento e saímos victoriosos e victoriosas porque fixémolo moi ben!! Por iso, Elmer propónvos sacar unha foto o un pequeno vídeo de curta duración para ver como vos sentides e que facedes cando saiades a rúa despois de tanto tempo. 
Cando teñades a vosa imaxe ou gravación enviádela ao correo da biblioteca:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

Prazo de entrega ata o 3 de maio

A FESTA DO DÍA DO LIBRO... CONTINÚA!!

E coma Elmer e o Equipo de Biblioteca continúa de celebración, temos a alguén que nos deixou unha mensaxe moi especial, grazas ao noso colaborador Ángel (coordinador do EACE):




O HEMATOCRÍTICO! Encántanos os seus libros... por iso, propoñémosvos uns xogos cos libros deste gran autor infantil-juvenil. Clica nos distintos enlaces.

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=1603d3a0074c


https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=317e9e0fdbd3




E agora, un audioconto contado por... ,a ver se sabedes quen é!




24 de abr. de 2020

SEGUIMOS DE CELEBRACIÓN!!

Non pensedes que iso se acaba! Elmer segue esperando a vosa foto do libro que estades a leer o que xa rematáchedes durante este tempo e o voso vídeo/foto do apadriñamento lector! Quere facer un gran álbum! A que esperades?

E mentras tanto, unha sorpresiña! Unha historia contada por... (xa mo diredes!)




E, despois do conto, a mover o esqueleto!






Tomamos un respiro e aprendemos un pouquiño mais sobre o Quixote e Miguel de Cervantes cunhas actividades moi entretidas:


  
E para finalizar, unhas pequenas curtametraxes para todas as idades:









 Mañá, moito máis!