Amosando publicacións coa etiqueta EACE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EACE. Amosar todas as publicacións

4 de maio de 2020

PRIMEIRO LUNS DE MAIO

Para comezar ben esta semana, que tal se contamos un conto por un dos profes do cole? Estade moi atentos, é un gran amigo de Elmer! A ver se alguén o coñece! 



Grazas Ángel!
E agora que xa estamos todas e todos atentas e atentos, párecevos que sigamos de investigadoras e investigadores e aprendamos máis? Elmer descubriu unha serie de aplicacións gratuitas e divertidas para aprender moito, exercitar a túa mente e desafiar o teu pensamento. 

Preguntados: xogo tipo trivial.

Quizzland: acertixos e adiviñas.

QuizUp: xogo de preguntas e respostas en liña.

Trivia 360: xogo de preguntas e de inxenio.

Trivia preguntas y respuestas:  xogo de preguntas por áreas con catro opcións de resposta. 


Que o pasedes ben e aprender moito!! 






25 de abr. de 2020

A FESTA DO DÍA DO LIBRO... CONTINÚA!!

E coma Elmer e o Equipo de Biblioteca continúa de celebración, temos a alguén que nos deixou unha mensaxe moi especial, grazas ao noso colaborador Ángel (coordinador do EACE):




O HEMATOCRÍTICO! Encántanos os seus libros... por iso, propoñémosvos uns xogos cos libros deste gran autor infantil-juvenil. Clica nos distintos enlaces.

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=1603d3a0074c


https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=317e9e0fdbd3




E agora, un audioconto contado por... ,a ver se sabedes quen é!




31 de xan. de 2020

DÍA DA PAZ

Este curso, o Día da Paz está fundamentalmente baseado na integración, na atención á diversidade e na igualdade. Por iso, grazas ao EACE e o seu coordinador, fixemos un muro con bloques onde veíanse palabras contrarias á integración. Este muro foi derribado polo noso alumnado, como símil da necesidade de derrubar as ideas, pensamentos, fundamentos e crenzas que non favorecen á integración no noso día a día. Foi unha experiencia inesquecible!



22 de nov. de 2019

DEREITOS DO NENO

O día 20 de Novembro asistimos  ao Pleno do Concello co gallo do Día Internacional do Neno. O noso alumnado defendeu o Dereito de Participación de todos os nenos e nenas e xóvenes. Velaquí o noso discurso coas nosas solicitudes, sen antes dar as grazas a Ángel, coordinador do EACE, pola súa axuda inestimable:


Leer más publicaciones en Calaméo

E aquí unha mostra do noso paso:



Vídeo: (clicar na foto)

 https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/a-coruna-metro/2019-11-21-189160-pleno-infantil-corua.html

30 de set. de 2019

E DAMOS ENTRADA AO NOSO VOLUNTARIADO

Este curso que acabamos de comezar queremos dar entrada a o novo voluntariado tanto para a Biblioteca Escolar como para Actividades Extraescolares e Complementarias. O voluntariado dun equipo coma doutro están moi relacionados posto que haberá actividades que se coordinarán entre os dous grupos. Por iso, precisamos que o noso alumnado se anime a participar!
Aquí están os documentos que xa tedes nas vosas mans e que os distintos membros do EBE e do coordinador  do EACE explicáronvos estes días:
Información:

Leer más publicaciones en Calaméo

Autorizacións familiares para ser voluntariado do EBE e voluntariado do EACE:

Ç