Amosando publicacións coa etiqueta Relacións interxeneracionais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Relacións interxeneracionais. Amosar todas as publicacións

19 de xuño de 2020

VISITA VIRTUAL AO CM CONCEPCIÓN ARENAL

Este mércores, os voluntarios e voluntarias da biblioteca fixeron unha visita virtual ao Centro de Maiores Concepción Arenal. Falaron con varios residentes do confinamento, do que fixeran durante todo ese tempo, do colexio agora e antes, do que sentiron estando aillados... En fin, dun montón de cousas! A experiencia foi moi, moi enriquecedora e interesante!

Pero, antes de nada, queremos facer público o noso agradecemento ao Dpto. de Orientación, especialmente a Silvia, Victoria e Ángel, pois sen eles sería imposible levar a cabo esta actividade. Asimesmo, non queremos esquecernos dos titores de 5º, que sen eles non poderiamos nin comezar.  GRAZAS!

E agora sí. Poñemos aquí un pequeno collage da visita, xa que por respecto aos dereitos de imaxe dos residentes non podemos facer público o vídeo.



Estes son os documentos que preparamos para traballar.

18 de xuño de 2020

DE PREPARACIÓN PARA A VISITA

Algúns dos voluntarias e voluntarios da biblioteca estivéronse a preparar para realizar a visita virtual ao Centro de Maiores Concepción Arenal. Xa vimos os vídeos que elas e eles mesmos prepararon:

https://oblogdeelmer.blogspot.com/2020/06/encontro-virtual-cos-nosos-maiores.html


Ademais, traballaron os vídeos que estaban xa colgados no blog xunto con outros. E o martes estiveron facendo probas e entrenamentos da visita virtual, cos seus erros, risas, conversas... Estiveron moi entretidas e entretidos!



16 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DE TOMA DE CONSCIENCIA DO ABUSO E MALTRATO NA VELLEZ

Cada 15 de xuño conciénciase e, a súa vez, denúnciase a sociedade do maltrato, abuso e sufrimento de moitas anciás e anciáns nas distintas partes do mundo. Xa sabemos que as persoas, cando chegan á vellez, precisan de certos coidados especiais que, en moitos casos, non poden ser atendidos por falta de recursos, de tempo... Por iso, ás veces quedan ao coidado de outras persoas que se aproveitan do seu estado. Por iso, debemos facer valer os dereitos das persoas de idade. 
Deixamos aquí uns videos para seguir reflexionando:

A dos metros de distancia:


Debajo del árbol:




11 de xuño de 2020

HAI QUE ESCOITAR!

Ante a pronta visita virtual das nosas voluntarias e voluntarios ao Centro de Maiores Concepción Arenal, Elmer propóñevos os seguintes vídeos para pensar, reflexionar un pouquiño sobre as persoas maiores:

Melquíades ensina aos xóvenes as tecnoloxías dos anos 80:


Un experimento: Determina a túa idade as decisións que tomas?






10 de xuño de 2020

ENCONTRO VIRTUAL COS NOSOS MAIORES!

Xa sabedes que durante o curso, a Biblioteca propoñe distintas actividades para as voluntarias e voluntarios. Unha delas é visitar un Centro de Maiores para compartir con eles un pouquiño de tempo, lecturas, lembranzas, experiencias... Este curso 2019-2020 tiñamos prevista unha visita á Residencia de Maiores Concepción Arenal en Febreiro que tivo que ser trasladada a Marzo por razóns alleas a nós. Pero xa sabedes que todo tivo que ser suspendido por mor do COVID-19. Por iso, pensamos que sería unha boa idea que os voluntarios e voluntarias (os do grupo de intervir fóra do Centro con institucións) narrasen a súa experiencia no confinamento para poñer no blog da biblioteca. Non esquezades que os maiores que están nestes centros seguen en aillamento, sen aínda poder saír!

GRAZAS A ESAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS POLOS SEUS VIDEOS!!
Claudia:


Nicolás:


Sara: 


Aarón:


Lucía:



Ana: 

29 de abr. de 2020

HOXE, TAMÉN DIA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE E COOPERACIÓN ENTRE XENERACIÓNS

Cada 29 de abril, celébrase o Día Europeo da Solidaridade e Cooperación entre Xeneracións. Foi instaurado no ano 2009.


Celebrar este día é unha forma de sensibilizar e dar impulso ás relacións interxeneracionais, para envellecer activa e positivamente. Realmente intenta animar á sociedade a replantearse o que é a solidaridade interxeneracional, e a dar importancia ás oportunidades que ofrece á hora de promover a cooperación mutua e a interacción entre xóvenes e maiores para compartir habilidades, valores e experiencias.
En realidad, unha data especial para render unha homenaxe a todas aquelas persoas que dalgunha maneira marcaron un antes e un despois nas nosas vidas.