Amosando publicacións coa etiqueta Mes do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mes do Libro. Amosar todas as publicacións

14 de maio de 2021

O Xornal de Elmer

Co gallo da Semana da Prensa e do Mes do Libros, a rapazada do noso cole púxose na pel dos reporteiros e periodistas mais atrevidos, buscando as noticias máis espectaculares. E aquí tedes o seu traballo:

 O xornal de Elmer!!!                         A desfrutalo!!

3 de maio de 2021

Videoforum no Mes do Libro

Nestas derradeiras semanas do mes de Abril, estivemos a facer diversos videoforums, tanto en Infantil coma en Primaria. Limos o libro o un anaco del, vimos a película e traballamos e comentamos a obra. Houbo obras literarias para todos os gustos: O gato con botas, James e o melocotón xigante, Astérix e Obélix, Os tres porquiños...

Eiquí unha pequena mostra do que fixeron o noso alumnado:


27 de abr. de 2021

Mes do Libro, unha de contacontos

Aínda que estamos nunha pandemia, non quixemos deixar escapar a oportunidade de poder desfrutar con Sabela Gago, unha contacontos que nos acompañou e contou a historia do O ovo máis bonito do mundo. Tivemos moito coidado para poder ter seguridade e non esquecer o protocolo Anticovid.  Pasámolo xenial!! 


 
E agora uns pequenos anaquiños do que puidemos desfrutar!

23 de abr. de 2021

Día do Libro!!

O 23 de Abril conmemoramos unha data na que poder rendirlle unha homenaxe universal tanto aos libros como aos autores. Trátase dunha celebración internacional co fin de incentivar a lectura, a protección da propiedade  intelectual e o fomento pola industria editorial.


Esta conmemoración xurde durante unha conferencia celebrada na UNESCO, en París, no ano 1995. Foi nese momento cando se tomou a decisión de render esta homenaxe o 23 de Abril, xa que representa un día simbólico para a literatura mundial, porque coincidiu coa data do falecemento de tres grandes escritores universais: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Pinchando nas imaxes poderás ampliar a información sobre estes autores:


Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro:


Díptico Día do LIBRO


Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas!

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!


22 de abr. de 2021

Conta, que contaches!

Durante esta semana, onde celebramos o Día do Libro, o noso mestre de Educación Física, Hugo, ao alumnado de 5º e 6º de EP, contounos uns contos moi interesantes que nos fixeron pensar e reflexionar acerca dos valores de igualdade, tolerancia, respecto... Desfrutámolo moito!



15 de abr. de 2021

Entrevista ao Hematocrítico

Despois de ler varios dos seus libros tanto de narrativa coma de banda deseñada, o alumnado de 5º de EP do noso centro entrevistou ao Hematocrítico, (actividade proposta dentro do Mes do Libro) de forma virtual polo protocolo COVID. Velaquí está a súa entrevista! Esperamos que a próxima poida ser presencial! Grazas!!

23 de abr. de 2020

CHEGOU O GRAN DÍA!!

HOXE é o noso día grande!! Por iso temos un montón de sorpresas! Comezamos?



De entrante, as solucións ás adiviñas de Astérix e Obélix...


e, en honor a Cervantes, unha adaptación para nenos e nenas de El Quijote (podedes ir lendo un anaquiño todos os días):
https://www.calameo.com/accounts/2561288
De primeiro un conto moi apropiado para este tempo de illamento que levamos... a ver se adiviñades quen o conta...






De segundo e prato principal, un vídeo persoalizado para nós da gran escritora Érica Esmorís:





E de sobremesa, rematados coa lembranza de Shakespeare, sobre a súa biografía en inglés (para practicar un pouquiño, tedes tamén a súa tradución en castelán)



e unha visita por un teatro (Shakespeare´s Globe) coma aquel onde escribiu este escritor inglés as súas obras.  
The interior of Shakespeare's Globe Theater. This is the first ...                    En torno a Shakespeare y los primeros teatros londinenses – Drugstore



E MAÑÁ, MOITO MÁIS! AH! E UNHA INVITACIÓN por se hai algunha proposta do voso interese:


http://espazolectura.gal/semana-do-libro-e-da-lectura/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook#gallery/0/

22 de abr. de 2020

APADRIÑAMOS UN LECTOR

Nesta semana, Elmer sempre propónvos apadriñar un lector no cole. Polas circunstancias nas que estamos, esta vez non é posible así que imos cambiar as regras. Imos a apadriñar a quen nós escollamos!
Xa sabedes que o importante é ler a alguén que nos escoite. Por iso, podemos elexir da nosa casa a quen queiramos: ao noso irmán pequeno, a nosa nai, a nosa avoa... incluso ao noso amiguiño de peluxe! Tamén podemos seleccionar o que nós queiramos ler: os deportes dun xornal, un conto, unha revista, un libro de banda deseñada...  

Así facemos unha pequena gravación da nosa lectura e nola enviades ao noso correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com.
Prazo máximo de entrega: 30 de Abril. 

Ides a converteros nunhas madriñas e padriños máxicos lectores!

Wanda | Los Padrinos Magicos Wiki | Fandom                         Los Padrinos Mágicos Juegos, Fotos, Vídeos, Imágenes, Dibujos ...

21 de abr. de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑA...

Queres xogar? Coma comezamos a Quincena dos Libros, Elmer e o Equipo da Biblioteca (EBE) queremos propoñerte un xogo. Xa sabes que o mes pasado quedamos sen Uderzo (podes mirar a entrada no blog, hai cómics para ler), un dos creadores de Astérix e Obélix. Por iso esta actividade de adiviñas está relacionada con estes personaxes. Atreveste? 


20 de abr. de 2020

QUINCENA DO LIBRO!

Nesta semana, o xoves é o 23 de Abril. Nesta data celébrase o Día do Libro porque é nun día, coma este, faleceron escritores mundialmente moi importantes como Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega. Por iso, a UNESCO  (Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) decidiu elexir esta data para render unha homenaxe ao libro e aos seus autores e facer que a xuventude descubra o pracer pola lectura. Esta data convértese nun día fundamental para as bibliotecas escolares.  

A nosa biblioteca e Elmer queren celebrar o Día do Libro por todo o alto, polo que desde o día 20 ata o 30 de Abril vamos a propoñerte unha morea de actividades onde poderás escoller as que queiras.

Estades preparados e preparadas?

E TI QUE LES?

Durante este mes que levamos na casa, puidemos facer un lote de cousas, entre elas, ler. Elmer sempre di que no CEIP San Francisco Javier hai moitas rapazas e rapaces e as súas familias que len moito, por iso gostaríanos saber que estades lendo ou que estivechedes a ler durante este tempo. 
Envíanos unha foto túa co teu libro? 
Elmer fará un gran álbum de pequenos e grandes lectores do CEIP San Francisco Javier.
Xa sabedes, mandádela ao correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com
Prazo de entrega máximo: 25 de Abril.

14 de abr. de 2020

12 de abr. de 2020

E AGORA... UNHA DE MANUALIDADES


Xa coñecedes que Elmer, a nosa mascota, ten publicados unha morea de contos: Elmer e Wilbur, Elmer e o arco da vella, Elmer sae de paseo, Elmer e o avó Eldo... Pero o que seguro que non sabedes é que ao noso elefantiño encántalle facer unha manualidades cada vez que le un libro. Estas son algunhas das que fixo Elmer:

Proyecto: La Pequeña Oruga Glotona. – El Alma de mi Aula


Cuento y Manualidad – Talleres varios. (Con Claudia y Raúl ...
   

Esta semana, Elmer propóñevos que fagades o mesmo ca él: Escollede un libro (pode ser de calquer tipo: banda deseñada, poesía, manga, conto infantil...). Ese libro debe ser un que teñades na casa, un dos que están para descargar ou ler online, un audioconto do blog ...e que fagades unha manualidade sobre el. Despois sacádeslle unha foto como as de Elmer e enviádela ao correo da biblio: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE AO PODER!!!

Data límite de envío: 18 de abril incluído.