Amosando publicacións coa etiqueta banda deseñada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta banda deseñada. Amosar todas as publicacións

1 de out. de 2020

Outra vez sopa!

Famosa frase de Mafalda para homenaxear Quino, autor e pai desta rapaza arxentina. 


Mafalda, personaxe literario, pretende ser unha especie de voz da conciencia dos cidadáns e cidadanas, especialmente crítica co mundo que lle rodea. Mafalda namorou a millóns de lectores, de feito os libros desta rapariga están publicados en varios idiomas, en Braille e tamén en versión dixital. Aquí tedes unhas cantas tiras para que lexades:




Se queres saber mais sobre Mafalda e Quino, clica no seguinte enlace:

https://www.quino.com.ar/

6 de maio de 2020

EXPERIMENTANDO... FACEMOS INSTRUMENTOS

Lembrádesvos de Abraham Cupeiro? Visitounos o curso pasado e ensinounos un montón de instrumentos distintos!
Este músico tamén nos ensina a facer unha frauta cunha palliña de plástico! A ciencia pode ocupar todas as áreas como a Música! Intentámolo?



E agora, coñecedes ao profesor Bacterio? Ese científico tolo que trae de cabeza a Mortadelo e Filemón? El tamén fai grandes experimentos aínda que non sempre lle saen ben! Se o queres coñecer ou queres saber máis del, Bruguera permítenos ler os tebeos de Mortadelo e Filemón así como de máis personaxes coma Zipi e Zape, Rompetechos, El botones Sacarino, Anacleto e moitos máis. Clica no enlace seguinte:

21 de abr. de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑA...

Queres xogar? Coma comezamos a Quincena dos Libros, Elmer e o Equipo da Biblioteca (EBE) queremos propoñerte un xogo. Xa sabes que o mes pasado quedamos sen Uderzo (podes mirar a entrada no blog, hai cómics para ler), un dos creadores de Astérix e Obélix. Por iso esta actividade de adiviñas está relacionada con estes personaxes. Atreveste? 


17 de abr. de 2020

OUTRA DE BANDA DESEÑADA!

Para os que lle gusta a banda deseñada, hoxe estades de noraboa. O debuxante José Fonollosa, desde a web de Grafito Editorial, ofrécevos a posibilidade de descargar un caderno de ilustracións de Vampi e os seus amigos.  

https://www.grafitoeditorial.com/comic/vampi-cuentame-un-cuento/

Senón sabedes nada de Vampi e os seus amigos podes ler unhas cantas páxinas no enlace que che está enriba.

15 de abr. de 2020

E CHEGAN ZIPI E ZAPE!

Para poñernos un pouco de divertimento, chegan a parella de mellizos máis famosa de Escobar: Zipi e Zape. Elmer tráevos un enlace para pintar e practicar o inglés e tamén o francés para os máis atrevidos. 

https://www.dropbox.com/s/mxkdf2ul9dcqle8/LIBRO_ZZ_PINTA%20Y%20COLOREA.pdf?dl=0

24 de mar. de 2020

QUEDAMOS SEN UDERZO!

Hoxe,  Albert Uderzo, un dos ilustradores mais importantes na banda deseñada e un dos creadores de Astérix e Obélix,  deixounos.

Uderzo xunto con Goscinny creou a dous galos moi famosos: Astérix e Obélix. Incluso, podemos dicir que tiña certos rasgos de "adiviño" e senón, mirade:

Resultado de imaxes para: asterix coronavirus


Existen varios libros para leer online de Astérix e Obélix e de banda deseñada. Clica na imaxe para redirixirte:
                 

17 de feb. de 2020

ENTROIDOS POLO MUNDO

Co tema de Elmer e a integración, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co EBE, propuxo a elaboración de banda deseñada co título de Entroidos polo Mundo. A realización foi estupenda por parte do alumnado. Aquí a tedes!



30 de xan. de 2020

30 de XANEIRO . DÍA DE CASTELAO

Hoxe, 30 de xaneiro é o día adicado a Castelao e data do seu nacemento. Nós, desde o noso cole, queremos facer unha pequena homenaxe a este gran autor, facendo fincapé na súa faceta como ilustrador. 

Castelao foi un gran ilustrador cunha numerosa obra con caricaturas, pinturas, debuxos... por iso realizamos un pequeno mural con algunhas das súas ilustracións e unha pequena mostra de distintos tipos de banda deseñada.