31 de mar. de 2020

E-BOOKS PARA DESCARGAR GRATIS DE BARRIO SÉSAMO

Para seguir lendo durante esta cuarentena, Barrio Sésamo déixanos descargar libros electrónicos. Clica no enlace que che interese:

 Nook e-books Kobo books     

Nook -ebooks     Kobo books      Apple Books

30 de mar. de 2020

UN CONTO PARA DESFRUTAR CON JOSÉ SARAMAGO

Neste vídeo podemos escoitar a voz do autor José Saramago e a música de Emilio Aragón. A desfrutar!


A maior flor do mundo

28 de mar. de 2020

AUDIOCONTOS CON KALANDRAKA

Kalandraka TV bríndanos a oportunidade de escoitar algúns contos infantís da man dos seus autores. Se queres ver algún clica  na imaxe, hai un montón onde escoller!

http://www.kalandraka.tv/es/

27 de mar. de 2020

UNS CANTOS LIBROS INFANTÍS

Desde a web de ayudaparamaestros, unha gran escritora infantil coma é Olga de Dios permite descargar os seus libros coma LEOTOLDA, entre outros, para ler. Ademais, podedes escoitar tamén algúns audiocuentos. Clica no enlace para elexilos.


http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/20-libros-infantiles-gratuitos-para.html

25 de mar. de 2020

UNHA VISITA CON ARTE

Ainda que nos quedemos na casa, temos a sorte de que podemos visitar outros países e, por suposto, os seus museos para admirar as súas obras de arte. Pinchade nos distintos enlaces para transladaros os diferentes lugares.









24 de mar. de 2020

QUEDAMOS SEN UDERZO!

Hoxe,  Albert Uderzo, un dos ilustradores mais importantes na banda deseñada e un dos creadores de Astérix e Obélix,  deixounos.

Uderzo xunto con Goscinny creou a dous galos moi famosos: Astérix e Obélix. Incluso, podemos dicir que tiña certos rasgos de "adiviño" e senón, mirade:

Resultado de imaxes para: asterix coronavirus


Existen varios libros para leer online de Astérix e Obélix e de banda deseñada. Clica na imaxe para redirixirte:
                 

UNHA SUXERENCIA MAIS

Para amenizar estes días que estamos na casa, a revista BABAR propóñenos unha serie de ideas para ler en familia. Clica no enlace: 

23 de mar. de 2020

VEMOS A TELE E APRENDEMOS

A televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11:00 e as 13:00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra o coronavirus.


Resultado de imaxes para: g2 rtvga





20 de mar. de 2020

UN DÍA MAIS!

Recomendámosche un novo libro que podes ler online  sen descargar (clica na imaxe) :
Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa) de María Coco Hernando.


https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

19 de mar. de 2020

UNHA SERIE CON MOITA HISTORIA

Se che gusta a historia ou non, recomendámosche esta serie para ver estes días na casa: El ministerio del tiempo. Todos os seus capítulos e tempadas. Clica no enlace:


Resultado de imaxes para: EL MINISTERIO DEL TIEMPO TEMPORADAS EN RTVE

                                       https://www.rtve.es/television/ministerio-del-tiempo/

16 de mar. de 2020

E TAMÉN ALGO DE CINE!

Para tamén poder pasar un bo rato, non hai coma unha película para ver en familia. Deixamos o enlace para ver Anacleto, axente secreto, personaxe de tebeos. 

https://www.rtve.es/alacarta/videos/version-espanola/version-espanola-anacleto-agente-secreto/4117081/


Máis películas en:


EU QUEDO A LER NA CASA!

Para todos estes días que imos a estar na casa, queremos achegarvos algún libros para que poidades desfrutar deles. Aquí podedes ler, ver e descargar algúns deles grazas a algunhas editoriais.

Para os mais pequenos:






Para os maiores:


https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/     https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/  https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/


Pequenos e maiores:

15 de mar. de 2020

EU QUEDO NA CASA!!

Tendo en conta os últimos feitos acontecidos no noso país,  Elmer e a nosa biblioteca quere compartir con vós unha serie de recursos que vos explique que é o que estar a pasar e que podemos facer.  Clica nos distintos enlaces.





14 de mar. de 2020

MATEMATIZÁNDONOS

Durante as dúas últimas semanas de cole, algúns grupos do colexio (todos non, aínda que era o previsto) puideron desfrutar dunha actividade pola Igualdade: aprender xogando matemáticas. Para iso contamos con Ana de Crecer Creando. Desfrutamos un montón! 

10 de mar. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. É un momento axeitado para pensar e reflexionar acerca dos avances acadados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación de moitas mulleres que xogaron e xogan un papel clave na historia dos seus paises e comunidades. 
Para lembralas, no noso cole fixemos un mural conmemorativo:

ESTAMOS ELÉCTRICOS!

Os rapaces e rapazas de 6º C foron á Domus a un obradoiro de circuitos eléctricos. Pasáronno moi ben! e o máis importante: aprenderon a facer un circuito eléctrico! 

6 de mar. de 2020

OS MAIORES COA LITERATURA ROSALIANA

O alumnado de 6ºEP tamén asistiu ao recital de Rosalía de Castro sendo varios deles e delas os recitadores. Foron un público xenial!

5º EP E ROSALÍA DE CASTRO

Os nenos e nenas de 5º de EP escoitaron un pequeno recital das obras de Rosalía de Castro, dentro dos cales traballaron varios poemas nas aulas.

ROSALÍA CON 4º EP... TODA UNHA EXPERIENCIA!

Os rapaces e rapazas de 4ºEP estiveron realizando as actividades propostas polo Día de Rosalía. Pero, ademáis, diso, prepararon algo moi especial para compartir con todos nós. Atendede ben aos vídeos!


5 de mar. de 2020

SEMANA DE ROSALÍA ... CONTINUAMOS 3ºEP

E aquí está o recital de 3º de EP con Rosalía de Castro.


e tamén animámonos a recitar:

OS NOSOS TRABALLOS DE ROSALÍA

Na Semana de Rosalía de Castro, estivemos facendo recitais, audición de poemas-cancións desta escritora, visionado de poemas cantados... e como estamos próximos ao Día Internacional da Muller, que mellor muller galega precursora do feminismo habería que Rosalía? Por iso, seguimos a traballar sobre ela. Fixemos cuadros pop-art e caligramas cos seus poemas. Queredelos ver? Elmer tráevos unha mostra destra traballo:



4 de mar. de 2020

SEMANA DE ROSALÍA... 2º ACOMPÁÑANOS NO RECITAL

Elmer quere ensinarvos o ben que 2º de Educación Primaria recitou Rosalía. Clica no enlace para velo.



ROBÓTICA

O alumnado de 5º EP foi de visita á Domus a facer un pequeno obradoiro de robótica. Aprenderon a facer robots con cousas de reciclaxe. Ademáis, estes robots eran pequenos pintores!. Clica na imaxe para ver unha pequena mostra dos pequenos inventores!



SEMANA DE... ROSALÍA SEGUIMOS CON 1º,E 2º EP

Agora, tócalles a quenda aos nenos de 1º e 2º de EP, que tamén tiveron un recital e un acompañamento de cancións:


3 de mar. de 2020

SEMANA DE ... ROSALÍA

O día 24 de Febreiro foi o día adicado a Rosalía de Castro. Como estabamos de entroido, decidimos conmemorar esta data durante varios días.  Por iso, os nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil asistimos a un recital de poemas de Rosalía de Castro e cancións sobre ela na biblioteca de Elmer.