29 de feb. de 2020

COÑECENDO NOVAS CULTURAS E PAÍSES

Os grupos de 6º estiveron a ler parte de "A volta ao mundo en 80 días" de Xulio Verne, por iso decidiron afondar e pescudar máis nas diferentes culturas dos países, baseándose na premisa de que aínda que todos somos iguais, todos somos diferentes. Aquí, queda unha pequena mostra do traballo feito:
  

28 de feb. de 2020

VISITA DE ANA TORRES JACK

Convidamos a Ana Torres Jack a visitar e falar connosco ao noso cole. Foi xenial!! Estivemos charlando con ela acerca das nosas inquedanzas, sobre o seu camiño a seguir ata chegar a escribir os artigos, que tanto nos gustan, na Voz de Galicia e ao seu traballo coma orientadora. Incríble!! Esperamos que volva a vir!


27 de feb. de 2020

VISITA Á BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS

Como xa coñecemos a nosa biblio do cole, as nenas e  nenos de 6º de EI fomos a ver unha biblioteca moito máis grande ca nosa e que está moi preto da nosa escola, a González Garcés. Eiquí tedes unha mostra da nosa visita e como nos gustou.

24 de feb. de 2020

ENTROIDO DE LIBROS E CONTOS

Este curso decidimos disfrazarnos de personaxes de libros e contos. Por iso, cada nivel escolleu un. Traballamos o noso libro nas aulas para saber todo sobre a historia. 
Para que todo o mundo soubera de que íamos fixemos unhas pancartas co título. Pero este título é moi especial porque ía acompañado de pictos. Así, todos saberían en que libro nos baseáramos para facer os nosos disfraces!. Ademais, para acompañar un pouco mais a nosa tolería polos libros e contos fixemos uns murais que nos quedaron moi chulos. Clicade nos vídeos para velo!












20 de feb. de 2020

AQUARIUM FINISTERRAE

Onte o alumnado foi ao Acuario de A Coruña. Foi espectacular e pasámolo xenial!! 
Aprendimos un montón de cousas sobre a flora e fauna mariña.


19 de feb. de 2020

EN RIAZOR, SOMOS XORNALISTAS

O alumnado de 6ºEP visitou o estadio de Riazor vendo as súas instalación e informándose de todos aqueles aspectos relacionados co equipo do R.C. Deportivo. Ademais, estiveron cun xornalista da Opinión A Coruña que lles explicou a historia e transformación do clube e do estadio. Tamén, tiveron a gran oportunidade de estar e facer unha pequena entrevista, coma verdadeiras e verdadeiros xornalistas, a dúas xogadoras do Deportivo.  Desta forma, aprenderon as dificultades e obstáculos que se atopan as xogadoras femininas por ser mulleres, do desequilibrio existente entre sexos, da necesidade de igualdade, dos valores de compañeirismo, solidaridade... 

https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/deportes/valoresbranquiazuis/2020-02-19-195252-escolares-ceip-francisco-javier-visitan-riazor.html



OBRADOIRO DE PREHISTORIA

Os nenos e nenas de 4º EP foron a un obradoiro de arte. Traballaron como se fosen homes e mulleres da Prehistoria. Velaquí as súas obras:



17 de feb. de 2020

ENTROIDOS POLO MUNDO

Co tema de Elmer e a integración, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co EBE, propuxo a elaboración de banda deseñada co título de Entroidos polo Mundo. A realización foi estupenda por parte do alumnado. Aquí a tedes!



15 de feb. de 2020

IMOS A BELAS ARTES!

Gústanos tanto a arte que os cativos e cativas de 4 anos fomos de excursión ao Museo de Belas Artes. Vimos un montón de cadros e incluso, pintamos as nosas obras. Mirade! 


14 de feb. de 2020

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

Fomos a ver o ceo. Foi espectacular. Vimos algúns planetas, a Lúa e tamén algunhas estrelas. Mentras o víamos, contáronnos unha fermosa historia. Ademáis, todos os nenos e nenas de 1ºEP visitamos o resto das instalacións da Casa das Ciencias: experimentamos, tocamos, probamos, sentimos... pero de seguro que o que mais nos gustou foi a incubadora cos pitiños! 


10 de feb. de 2020

POLA IGUALDADE!!!

Comezamos cos nosos carriños pola igualdade! Temos un carriño para Educación Infantil, outro para 1º e 2º curso, un para 3º e 4º curso e por último outro para 5º e 6º curso de Educación Primaria. Cada  carriño ten fondos diversos sobre o tema da igualdade. Disfrutádeos!!


4 de feb. de 2020

GRANDES CIENTÍFICOS

O alumnado de 2º EP visitou á Domus para converterse en grandes científicos da cociña! Pescudaron, mesturaron, traballaron, experimentaron... ata acadar o seu logro: Facer maicena!!