O pasado día 15 de Abril celebrouse o Día Mundial da Arte, data que quere dar a coñecer a importancia que ten a arte e sobre todo o pensamento creativo. Foi escollida entre outras moitas porque é o día de nacemento do gran Leonardo da Vinci. Aínda que, neste curso, estamos todos na casa, no noso cole traballamos a arte sempre que podemos, empregando distintos materiais, técnicas, estilos... e os recursos que nos proporciona a biblioteca. Aquí están de exemplos uns vídeos:
Amosando publicacións coa etiqueta plástica b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plástica b>. Amosar todas as publicacións
22 de abr. de 2020
12 de abr. de 2020
E AGORA... UNHA DE MANUALIDADES
Xa coñecedes que Elmer, a nosa mascota, ten publicados unha morea de contos: Elmer e Wilbur, Elmer e o arco da vella, Elmer sae de paseo, Elmer e o avó Eldo... Pero o que seguro que non sabedes é que ao noso elefantiño encántalle facer unha manualidades cada vez que le un libro. Estas son algunhas das que fixo Elmer:
Esta semana, Elmer propóñevos que fagades o mesmo ca él: Escollede un libro (pode ser de calquer tipo: banda deseñada, poesía, manga, conto infantil...). Ese libro debe ser un que teñades na casa, un dos que están para descargar ou ler online, un audioconto do blog ...e que fagades unha manualidade sobre el. Despois sacádeslle unha foto como as de Elmer e enviádela ao correo da biblio: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com
IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE AO PODER!!!
Data límite de envío: 18 de abril incluído.
Data límite de envío: 18 de abril incluído.
30 de out. de 2019
O MAGOSTO
Despois do que traballamos polo Magosto, están aquí dous vídeos que recollen todas as cousas que fixemos. Comede unhas castañas e desfrutádeos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

