Amosando publicacións coa etiqueta Dinamización entorno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dinamización entorno. Amosar todas as publicacións

19 de xuño de 2020

VISITA VIRTUAL AO CM CONCEPCIÓN ARENAL

Este mércores, os voluntarios e voluntarias da biblioteca fixeron unha visita virtual ao Centro de Maiores Concepción Arenal. Falaron con varios residentes do confinamento, do que fixeran durante todo ese tempo, do colexio agora e antes, do que sentiron estando aillados... En fin, dun montón de cousas! A experiencia foi moi, moi enriquecedora e interesante!

Pero, antes de nada, queremos facer público o noso agradecemento ao Dpto. de Orientación, especialmente a Silvia, Victoria e Ángel, pois sen eles sería imposible levar a cabo esta actividade. Asimesmo, non queremos esquecernos dos titores de 5º, que sen eles non poderiamos nin comezar.  GRAZAS!

E agora sí. Poñemos aquí un pequeno collage da visita, xa que por respecto aos dereitos de imaxe dos residentes non podemos facer público o vídeo.



Estes son os documentos que preparamos para traballar.

18 de xuño de 2020

DE PREPARACIÓN PARA A VISITA

Algúns dos voluntarias e voluntarios da biblioteca estivéronse a preparar para realizar a visita virtual ao Centro de Maiores Concepción Arenal. Xa vimos os vídeos que elas e eles mesmos prepararon:

https://oblogdeelmer.blogspot.com/2020/06/encontro-virtual-cos-nosos-maiores.html


Ademais, traballaron os vídeos que estaban xa colgados no blog xunto con outros. E o martes estiveron facendo probas e entrenamentos da visita virtual, cos seus erros, risas, conversas... Estiveron moi entretidas e entretidos!



11 de xuño de 2020

HAI QUE ESCOITAR!

Ante a pronta visita virtual das nosas voluntarias e voluntarios ao Centro de Maiores Concepción Arenal, Elmer propóñevos os seguintes vídeos para pensar, reflexionar un pouquiño sobre as persoas maiores:

Melquíades ensina aos xóvenes as tecnoloxías dos anos 80:


Un experimento: Determina a túa idade as decisións que tomas?






10 de xuño de 2020

ENCONTRO VIRTUAL COS NOSOS MAIORES!

Xa sabedes que durante o curso, a Biblioteca propoñe distintas actividades para as voluntarias e voluntarios. Unha delas é visitar un Centro de Maiores para compartir con eles un pouquiño de tempo, lecturas, lembranzas, experiencias... Este curso 2019-2020 tiñamos prevista unha visita á Residencia de Maiores Concepción Arenal en Febreiro que tivo que ser trasladada a Marzo por razóns alleas a nós. Pero xa sabedes que todo tivo que ser suspendido por mor do COVID-19. Por iso, pensamos que sería unha boa idea que os voluntarios e voluntarias (os do grupo de intervir fóra do Centro con institucións) narrasen a súa experiencia no confinamento para poñer no blog da biblioteca. Non esquezades que os maiores que están nestes centros seguen en aillamento, sen aínda poder saír!

GRAZAS A ESAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS POLOS SEUS VIDEOS!!
Claudia:


Nicolás:


Sara: 


Aarón:


Lucía:



Ana: 

10 de maio de 2020

NO MES DO MAIO, MES DAS FLORES

Estando no mes de Maio, Elmer non podía esquecerse dos MAIOS, festa moi importante en Galicia e en outros lugares do Europa! Por iso, o Equipo de Biblioteca preparou este vídeo para que vexades como son:



Ademáis, Elmer quere que disfrutedes con el destes vídeos:



Se hai dificultades para cargar os vídeos podedes pinchar aquí directamente:



Como vedes, a elaboración dun Maio pode ser de moitas formas e materiais. Apetécevos facer un Maio cos materiais que teñades na casa e sacarlle unha foto? É o momento de sacar todo o voso inxenio e creatividade! Mans á obra! 
Enviade a vosa foto á :
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com


E para rematar estes días de tanta Ciencia, dous libros para ler e sabe un pouco máis da man de Weeblebooks:

Cocina con ciencia 



Inventamos nosotros:

3 de maio de 2020

SOMOS COMA ÁNXELES ALVARIÑO, MARISOL SOENGAS, MARÍA WONENBURGUER...

Lembrádesvos cando estivemos a traballar no cole as mulleres científicas no Mes da Ciencia? 
Pois hoxe imos ser coma elas!
Para iso imos ler, investigar, pescudar, experimentar... cousas da vida cotiá e tamén imos a facernos un montón de preguntas! Queres saber máis?

Quen inventou a xeringa? ou quen inventou o WIFI que nos permite ter internet en calquer lugar? Responde as túas preguntas clicando aquí: QUEN O INVENTOU?




Mais preguntas deste tipo en: https://arbolabc.com/ciencia-para-ni%C3%B1os


E agora, unha visita virtual ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña e Alcobendas. Podes elixir ou ir aos dous.

http://intranet.peragallo.es/MUNCYT/

Tamén, Elmer ofrécevos a posibilidade de viaxar a Londres, ao seu Museo de Ciencia:
https://artsandculture.google.com/partner/science-museum
(Hai que premer no bonequiño que aparece na parte inferior dereita para moverte dentro do museo)


INVESTIGADE E DESFRUTADE!

18 de abr. de 2020

UN PASEO POLA CORUÑA

Este sábado, Elmer lévanos de paseo pola Coruña. Invítanos a facer unha pequena visita guiada por un dos monumentos máis importantes da nosa cidade e patrimonio da Unesco: A Torre de Hércules.
De seguro que descubrides algo que non sabedes!!
Torre de Hércules - Visita guiada para niñas y niños por el Parque ...

E para saber un pouco mais de Hércules a modo de canción para os mais pequenos e pequenas da casa:

https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/videoclip-hercules/3809839/


14 de mar. de 2020

MATEMATIZÁNDONOS

Durante as dúas últimas semanas de cole, algúns grupos do colexio (todos non, aínda que era o previsto) puideron desfrutar dunha actividade pola Igualdade: aprender xogando matemáticas. Para iso contamos con Ana de Crecer Creando. Desfrutamos un montón! 

13 de xan. de 2020

AS NOSAS NOVIDADES DE INVERNO

Estas son as nosas novas adquisicións de inverno que podedes ver na biblioteca e tamén en distintos lugares do cole. 


















22 de nov. de 2019

DEREITOS DO NENO

O día 20 de Novembro asistimos  ao Pleno do Concello co gallo do Día Internacional do Neno. O noso alumnado defendeu o Dereito de Participación de todos os nenos e nenas e xóvenes. Velaquí o noso discurso coas nosas solicitudes, sen antes dar as grazas a Ángel, coordinador do EACE, pola súa axuda inestimable:


Leer más publicaciones en Calaméo

E aquí unha mostra do noso paso:



Vídeo: (clicar na foto)

 https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/a-coruna-metro/2019-11-21-189160-pleno-infantil-corua.html