Amosando publicacións coa etiqueta homenaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta homenaxe. Amosar todas as publicacións

27 de nov. de 2020

As pitas baixo a choiva

Neste novo curso, xa presencial, quixemos volver homenaxear ao autor das Letras Galegas 2020 facendo un audioconto da súa obra "As pitas baixo a choiva" dende 4º de EI ata 6º de EP. Pincha na imaxe para ver e escoitar o Audioconto:



E agora outros traballiños feitos polo noso alumnado tan artista! Mirade que xeniais son!



1 de out. de 2020

Outra vez sopa!

Famosa frase de Mafalda para homenaxear Quino, autor e pai desta rapaza arxentina. 


Mafalda, personaxe literario, pretende ser unha especie de voz da conciencia dos cidadáns e cidadanas, especialmente crítica co mundo que lle rodea. Mafalda namorou a millóns de lectores, de feito os libros desta rapariga están publicados en varios idiomas, en Braille e tamén en versión dixital. Aquí tedes unhas cantas tiras para que lexades:




Se queres saber mais sobre Mafalda e Quino, clica no seguinte enlace:

https://www.quino.com.ar/

21 de xuño de 2020

GRAZAS A TODAS E TODOS!

Hoxe é a última entrada neste curso... Despois de tantas experiencias, traballos, libros, historias... cheas de emocións e sentimentos, é o momento de descansar. Pero non sen  antes dar as grazas a todas e a todos. Sen vós non podería ser posible.

E como non dar as grazas aos nosos voluntarios e voluntarias que, dunha maneira ou de outro, fixeron chegar a bo porto o noso traballo: