Amosando publicacións coa etiqueta eu quedo na casa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eu quedo na casa. Amosar todas as publicacións

18 de maio de 2020

SAÍMOS

Aínda que xa podemos saír, estes pequenos paseos son relativamente curtos en distancia e en tempo posto que temos que ter moito coidado. Por iso, Elmer propóñevos estas saídas para ver a primaveira, os cambios na paisaxe, nas flores...





E unha visita virtual ao Xardín Botánico de Madrid:


13 de maio de 2020

13 DE MAIO, DÍA NACIONAL DO NENO E NENA HOSPITALIZADO

Nun día como hoxe, Elmer e o Equipo de Biblioteca Escolar (EBE) non queren esquecerse de todas esas nenas e nenos que están nos hospitais ingresados. Tendo en conta as circunstancias que estamos a vivir, hoxe máis que nunca debemos lembrarnos destes nenos, nenas, irmás, amigos, curmáns, familia... que están nos hospitais. E, para iso, dúas cancións para alegrar a tarde e facer unha pequena homenaxe a todos eses amiguiños e amiguiñas:







25 de abr. de 2020

UNHA PROPOSTA NESTA CELEBRACIÓN...

Mañá é un día moi especial para os nenos e nenas e Elmer sábeo. 
Mañá, domingo, é o primeiro día que podemos saír a rúa despois de 43 días de confinamento na casa. Foi un gran experimento e saímos victoriosos e victoriosas porque fixémolo moi ben!! Por iso, Elmer propónvos sacar unha foto o un pequeno vídeo de curta duración para ver como vos sentides e que facedes cando saiades a rúa despois de tanto tempo. 
Cando teñades a vosa imaxe ou gravación enviádela ao correo da biblioteca:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

Prazo de entrega ata o 3 de maio

21 de abr. de 2020

QUERO SER COMA MOZART

Aínda que estamos na Quincena do Libro, Elmer non quería deixar de pasar esta ocasión para ensinarvos este enlace para aprender a tocar unha canción famosa de forma sinxela. Apetéceche? Queres parecerte a Mozart? Clica no enlace que se amosa abaixo. 

20 de abr. de 2020

DE VOLTA COA TORRE...

O sábado Elmer levouvos de paseo pola Torre de Hércules. Para que saibades un pouco mais dela, aquí tedes unha das súas lendas. Lembrade que as lendas son contos, narracións que contan algo real ou fabuloso, adornado con elementos fantásticos  ou maravillosos e que se transmiten de pais a fillos.
https://es.slideshare.net/mobile/abondoso/cuento-torre-de-hrcules

E aquí tedes algunha película animada para ver sobre Hércules:



Que vos parece se facedes a vosa propia Torre de Hércules? Podedes facela con materiais de reciclaxe, de plastilina, un debuxo... coma vos queirades e nos enviades unha foto para ensinala? 
Correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

18 de abr. de 2020

UN PASEO POLA CORUÑA

Este sábado, Elmer lévanos de paseo pola Coruña. Invítanos a facer unha pequena visita guiada por un dos monumentos máis importantes da nosa cidade e patrimonio da Unesco: A Torre de Hércules.
De seguro que descubrides algo que non sabedes!!
Torre de Hércules - Visita guiada para niñas y niños por el Parque ...

E para saber un pouco mais de Hércules a modo de canción para os mais pequenos e pequenas da casa:

https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/videoclip-hercules/3809839/


13 de abr. de 2020

UNHA VIAXE POLA LÚA?

A quen no lle apetece darse unha volta pola Lúa? Elmer quere imitar a Xulio Verne no seu libro "Viaxe á Lúa", por iso invítate a clicar na imaxe e levarte a este satélite coa Nasa. 
https://moon.nasa.gov/resources/168/tour-of-the-moon-4k/

11 de abr. de 2020

MÚSICA, MESTRE!!

E para darlle un pouco de vidiña a estar na casa unha morea de música para todas as idades!

Un pouco de rock feito na casa:

TIC-TAC
https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/a-coruna-metro/2020-04-06-199796-cancion-apoyo-luchan-contra-covid-19.html


Para un público máis infantil:

Pocoyó - Cancións 



6 de abr. de 2020

LUNS... DÍA DE MUSEO CON OBRADOIROS

Hoxe, Elmer lévaos de visita a distintos sitios: a o Museo Thyssen, a distintos xardíns botánicos e incluso invítavos a participar en distintos obradoiros de Ciencia e Arte.

Escolle o que máis che guste! Clica na imaxe para aceder.

https://fundaciondescubre.es/noticias/un-recorrido-virtual-combinando-ciencia-y-arte-talleres-y-cuentos-para-ninos-o-un-video-sobre-ballenas-e-inteligencia-artificial-seleccion-de-la-fundacion-descubre-para-disfrutar-con-la-familia-en/

5 de abr. de 2020

SEGUIMOS A TRABALLAR DURANTE A PASCUA

Como o confinamento na casa non entende de vacacións, continuamos a seguir propoñéndovos distintas actividades. Hoxe invitámosvos a ir ao circo:  Cirque du Soleil, considerado como un dos mellores espectáculos do mundo. Que o pasedes ben!

https://www.cirquedusoleil.com/cirqueconnect

26 de mar. de 2020

25 de mar. de 2020

UNHA VISITA CON ARTE

Ainda que nos quedemos na casa, temos a sorte de que podemos visitar outros países e, por suposto, os seus museos para admirar as súas obras de arte. Pinchade nos distintos enlaces para transladaros os diferentes lugares.









23 de mar. de 2020

VEMOS A TELE E APRENDEMOS

A televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11:00 e as 13:00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra o coronavirus.


Resultado de imaxes para: g2 rtvga





19 de mar. de 2020

UNHA SERIE CON MOITA HISTORIA

Se che gusta a historia ou non, recomendámosche esta serie para ver estes días na casa: El ministerio del tiempo. Todos os seus capítulos e tempadas. Clica no enlace:


Resultado de imaxes para: EL MINISTERIO DEL TIEMPO TEMPORADAS EN RTVE

                                       https://www.rtve.es/television/ministerio-del-tiempo/