Amosando publicacións coa etiqueta comunidade escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comunidade escolar. Amosar todas as publicacións

24 de maio de 2021

13 de abr. de 2021

Dime que me queres

Hoxe, Día internacional do Bico, dende a biblioteca propoñémosvos non deixar de dicir o moito que queres a un compañeir@ ou mestra/e. Por iso deixamos un buzón agarimoso na porta da biblioteca onde podedes deixar as vosas mensaxes. Nos tempos que corren as apertas e o contacto físico non son aconsellables, pero iso non impide que demostremos o noso amor aos demais. Así pois podedes facer uso dese buzón cando vos queirades, pero tedes que cumprir as seguintes normas:

- As mensaxes serán só dunha frase ou unha palabra (mensaxes curtas)

- Serán mensaxes positivos e agarimosos.

- Poden ir dirixidos a calquer/a compañeir@ da mesma aula ou de outra, ou persoal do centro (mestres, conserxe, limpeza, administración, comedor,...)

- Na "portada" da mensaxe terá que levar o nome da persoa á que vai dirixida a mensaxe e o curso ou titor/a da clase de ese neno (non levará o nome da persoa que escribe a mensaxe, será anónima).

- Recomendación facer uso de papel reciclado ou utilizar anacos de papel vello ou sucio que teñades por aí.


NON DEIXEDES DE TER XESTOS AGARIMOSOS



21 de xuño de 2020

GRAZAS A TODAS E TODOS!

Hoxe é a última entrada neste curso... Despois de tantas experiencias, traballos, libros, historias... cheas de emocións e sentimentos, é o momento de descansar. Pero non sen  antes dar as grazas a todas e a todos. Sen vós non podería ser posible.

E como non dar as grazas aos nosos voluntarios e voluntarias que, dunha maneira ou de outro, fixeron chegar a bo porto o noso traballo:




20 de xuño de 2020

MAIS ACCESIBILIDADE!

Por unha biblioteca máis inclusiva!! Dar as grazas ao Departamento de Orientación e, en especial, a Ángel, mestre de Pedagoxía Terapéutica por axudarnos a ter unha biblioteca máis accesible para o noso alumnado e, polo tanto, máis inclusiva! Este profe preparounos estes pictos tan xeniais!




29 de abr. de 2020

PENÚLTIMO DÍA DA QUINCENA DO LIBRO

Xa se está a acabar esta quincena tan especial, pero eso non implica que Elmer non siga de festa!! E para continuar a celebración, que vos parece se empezamos cun conto en galego?

Os petos de Loreto de Quentin Blake



E agora que xa temos a nosa historia contada, é importante saber cómo se fan os libros, sabédelo? Elmer proponvos este vídeo para nenos un pouco maiores:


Rematamos cun libro moi chulo, para ler todos os días un pouquiño. Trátase de citas, mensaxes de ánimo para pasar estes días estranos de illamento. Que o disfrutedes!



Por certo, Elmer está aínda esperando aos padriños e madriñas lectoras, non vos esquezades!

22 de abr. de 2020

APADRIÑAMOS UN LECTOR

Nesta semana, Elmer sempre propónvos apadriñar un lector no cole. Polas circunstancias nas que estamos, esta vez non é posible así que imos cambiar as regras. Imos a apadriñar a quen nós escollamos!
Xa sabedes que o importante é ler a alguén que nos escoite. Por iso, podemos elexir da nosa casa a quen queiramos: ao noso irmán pequeno, a nosa nai, a nosa avoa... incluso ao noso amiguiño de peluxe! Tamén podemos seleccionar o que nós queiramos ler: os deportes dun xornal, un conto, unha revista, un libro de banda deseñada...  

Así facemos unha pequena gravación da nosa lectura e nola enviades ao noso correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com.
Prazo máximo de entrega: 30 de Abril. 

Ides a converteros nunhas madriñas e padriños máxicos lectores!

Wanda | Los Padrinos Magicos Wiki | Fandom                         Los Padrinos Mágicos Juegos, Fotos, Vídeos, Imágenes, Dibujos ...

20 de abr. de 2020

E TI QUE LES?

Durante este mes que levamos na casa, puidemos facer un lote de cousas, entre elas, ler. Elmer sempre di que no CEIP San Francisco Javier hai moitas rapazas e rapaces e as súas familias que len moito, por iso gostaríanos saber que estades lendo ou que estivechedes a ler durante este tempo. 
Envíanos unha foto túa co teu libro? 
Elmer fará un gran álbum de pequenos e grandes lectores do CEIP San Francisco Javier.
Xa sabedes, mandádela ao correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com
Prazo de entrega máximo: 25 de Abril.

19 de xan. de 2020

SEMANA DAS FAMILIAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Como foi unha experiencia tan enriquecedora e xenial para todos, decidimos repetir a experiencia en Primaria. E como non, a acollida foi espectacular!
Esperamos que para as vindeiras edicións teña tan boa participación! TEMOS UNHA GRAN COMUNIDADE ESCOLAR!


23 de dec. de 2019

BO NADAL!

Elmer quere desexarvos un Feliz Nadal e un próspero Aninovo 2020 coa seguinte postal de Nadal dun dos alumnos do cole!  



21 de dec. de 2019

SEMANA DA FAMILIA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Elmer propuxo unha actividade ás familias, foi moi enriquecedora. Tratábase de ler un texto ao alumnado de Ed. Infantil relacionado coa integración, a igualdade, a atención á diversidade e/ou a inclusión. Participaron moitas nais e pais!!

FOI TODA UNHA EXPERIENCIA!