Amosando publicacións coa etiqueta infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta infantil. Amosar todas as publicacións

20 de abr. de 2020

DE VOLTA COA TORRE...

O sábado Elmer levouvos de paseo pola Torre de Hércules. Para que saibades un pouco mais dela, aquí tedes unha das súas lendas. Lembrade que as lendas son contos, narracións que contan algo real ou fabuloso, adornado con elementos fantásticos  ou maravillosos e que se transmiten de pais a fillos.
https://es.slideshare.net/mobile/abondoso/cuento-torre-de-hrcules

E aquí tedes algunha película animada para ver sobre Hércules:



Que vos parece se facedes a vosa propia Torre de Hércules? Podedes facela con materiais de reciclaxe, de plastilina, un debuxo... coma vos queirades e nos enviades unha foto para ensinala? 
Correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

19 de abr. de 2020

UN POUCO DE MATES DIVERTIDAS?

Desde o cole, estivemos facendo unhas sesións de Matematízate. Como nos gustou tanto, a páxina de Crecer creando permítenos aceder a material gratuíto, para iso tedes aquí o enlace:

 https://imprimiblescrecercreando.home.blog/

17 de abr. de 2020

IMPORTANTE!

Lembramos a todos e todas que o prazo para enviar a foto da vosa obra de arte é ata o sábado incluído. 

                                    Esperámolas!  


Sabemos que houbos erros no enderezo do correo así que por se acaso:

O CORREO É: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

15 de abr. de 2020

E CHEGAN ZIPI E ZAPE!

Para poñernos un pouco de divertimento, chegan a parella de mellizos máis famosa de Escobar: Zipi e Zape. Elmer tráevos un enlace para pintar e practicar o inglés e tamén o francés para os máis atrevidos. 

https://www.dropbox.com/s/mxkdf2ul9dcqle8/LIBRO_ZZ_PINTA%20Y%20COLOREA.pdf?dl=0

14 de abr. de 2020

UNS CANTOS CONTOS DO CAMIÑO

Elmer quérevos presentar uns 26 curtos chamados Os contos do camiño duns 10 minutos de duración. Forman parte do programa da televisión Xabarín Club. Hai todo tipo de contos en galego desde Corre, corre cabaciña ata Bebé Bigotes pasando polos contos clásicos. Hai onde escoller! Esperamos que vos guste!


http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

12 de abr. de 2020

ÉRICA GONZÁLEZ CÓNTANOS UN CONTO

Érica González, profesional multifacética e contadora de contos, vainos a relatar unha historia sobre un elefante, amigo de Elmer: Felipe ten gripe.


9 de abr. de 2020

IMOS AO QUIOSCO

Un día coma hoxe, dun ano calquera (igual que este), onde case todos os sitios están pechados, Elmer lévanos ao quiosco. 
Neste quiosco virtual, podemos ler, ver, desfrutar de distintas revistas para diferentes idades:


http://www.revistaelarbolrojo.net/


http://revistababar.com/wp/ (Xa recomendada noutra entrada)

8 de abr. de 2020

LIBROS ONLINE PARA DESCARGAR EN GALEGO

Baía edicións propóñenos unha serie de libros para ler e entreternos durante este confinamento, Están dispostos por idades así que pinchade no enlace e escollede!


https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/?fbclid=IwAR284e1VA73Ai03BN15eZQ64pR3HYASEIwkZcA9XauaaMaz9eC9Tbg7U3p8

7 de abr. de 2020

ANÍMASTE A ...ENVIAR UN VÍDEO?

Xa que estamos en cuarentena e non podemos vernos de forma persoal... Elmer ocorréuselle unha idea: 

Recomendar o voso libro favorito a través dun vídeo!!

Tan só debedes cumprir dúas cousas: dicir o título do libro (podedes ensinar ou escribir o título, facer un pequeno debuxo...) e explicar para que idade é recomendable. 

Envíade o voso vídeo ao correo da biblioteca:

bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

Publicaremos todos os vídeos coas vosas recomendacións ata o domingo 12 de Abril. 

Podedes ser todo o orixinais que queirades! 


6 de abr. de 2020

LUNS... DÍA DE MUSEO CON OBRADOIROS

Hoxe, Elmer lévaos de visita a distintos sitios: a o Museo Thyssen, a distintos xardíns botánicos e incluso invítavos a participar en distintos obradoiros de Ciencia e Arte.

Escolle o que máis che guste! Clica na imaxe para aceder.

https://fundaciondescubre.es/noticias/un-recorrido-virtual-combinando-ciencia-y-arte-talleres-y-cuentos-para-ninos-o-un-video-sobre-ballenas-e-inteligencia-artificial-seleccion-de-la-fundacion-descubre-para-disfrutar-con-la-familia-en/

3 de abr. de 2020

BOLETÍNS DE PRIMAVEIRA

E como comezan as vacacións de Semana Santa, Elmer fai as seguintes recomendacións de lectura por niveis. Clica na que che interese. Esperamos que vos gusten! 😃


16 de mar. de 2020

EU QUEDO A LER NA CASA!

Para todos estes días que imos a estar na casa, queremos achegarvos algún libros para que poidades desfrutar deles. Aquí podedes ler, ver e descargar algúns deles grazas a algunhas editoriais.

Para os mais pequenos:






Para os maiores:


https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/     https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/  https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/


Pequenos e maiores:

15 de mar. de 2020

EU QUEDO NA CASA!!

Tendo en conta os últimos feitos acontecidos no noso país,  Elmer e a nosa biblioteca quere compartir con vós unha serie de recursos que vos explique que é o que estar a pasar e que podemos facer.  Clica nos distintos enlaces.





10 de mar. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. É un momento axeitado para pensar e reflexionar acerca dos avances acadados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación de moitas mulleres que xogaron e xogan un papel clave na historia dos seus paises e comunidades. 
Para lembralas, no noso cole fixemos un mural conmemorativo:

15 de feb. de 2020

IMOS A BELAS ARTES!

Gústanos tanto a arte que os cativos e cativas de 4 anos fomos de excursión ao Museo de Belas Artes. Vimos un montón de cadros e incluso, pintamos as nosas obras. Mirade! 


28 de nov. de 2019

Conta que che conto!

Os nenos e nenas de Infantil tiveron moita sorte!! Hoxe tivemos no cole unha sesión de contacontos!
Foi realmente estupendo!  Relatáronnos a historia do Gato con Botas! Para que vexades como foi de divertido, tedes aquí un pequeno vídeo:

2 de nov. de 2019

OUTRO CONTO DE SAMAÍN PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Durante a semana adicada ao Magosto e Samaín, o alumnado de 5 anos estivo a traballar o conto de Os esqueletos divertidos de Janet e Allan Ahlberg, facendo unhas ilustracións do libro para facer unha pequena presentación. Realmente temos uns grandes artistas!