Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións

8 de abr. de 2020

TÓCALLE A QUENDA A HARRY POTTER

Elmer quixo traervos a un dos personaxes xuvenís mais coñecidos: Harry Potter. A súa creadora, J.K. Rowling  creou unha plataforma con actividades, vídeos e incluso libros de Harry Potter. Está por defecto en inglés, pero pode cambiarse ao castelán. 
Esperamos que vos guste tanto aos fans de Harry coma os demais! Pincha na imaxe.

J

28 de mar. de 2020

AUDIOCONTOS CON KALANDRAKA

Kalandraka TV bríndanos a oportunidade de escoitar algúns contos infantís da man dos seus autores. Se queres ver algún clica  na imaxe, hai un montón onde escoller!

http://www.kalandraka.tv/es/

26 de mar. de 2020

24 de mar. de 2020

QUEDAMOS SEN UDERZO!

Hoxe,  Albert Uderzo, un dos ilustradores mais importantes na banda deseñada e un dos creadores de Astérix e Obélix,  deixounos.

Uderzo xunto con Goscinny creou a dous galos moi famosos: Astérix e Obélix. Incluso, podemos dicir que tiña certos rasgos de "adiviño" e senón, mirade:

Resultado de imaxes para: asterix coronavirus


Existen varios libros para leer online de Astérix e Obélix e de banda deseñada. Clica na imaxe para redirixirte: