Amosando publicacións coa etiqueta libros online. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros online. Amosar todas as publicacións

10 de nov. de 2020

Día Mundial da Ciencia ao servizo da Paz e o Desenvolvemento

Hoxe, ao igual que este mes no que celebramos a Ciencia en galego, a Ciencia cobra especial importancia. Un dos aspectos máis importantes é que as persoas teñan os coñecementos suficientes para poder acercarse o mundo científico e da investigación. Os avances científcos son imprescindibles para que o mundo, no que vivimos, sexa máis sostible. 

Deste modo, para celebrar este día a UNESCO organiza actos que promoven un acercamento da ciencia á sociedade, e Elmer non quería deixar escapar esta ocasión. Por iso, Elmer e o Equipo de Biblioteca quérevos propoñer o seguinte:

Ser científicas e científicos! Poñámonos unha bata de laboratorio e...Mans á obra!  

Pode ser tanto na clase como na casa. Escolle un dos experimentos dos que che propón o teu profe e ponte a facelo! Envíanos as túas fotos ou o teu vídeo de científica ou científico!


Para iso, podes empregar os seguintes libros colgados na rede:



Enviade as vosas fotos e/ou vídeos ao noso correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

6 de xuño de 2020

UNHA SOPA DE MOSQUETEROS

Aínda que se aproxima o verán, as veces, tamén temos chuvias, por iso pode apetecer unha sopa. Hoxe Elmer tráevos a sopa de mosqueteros, receita atopada no famoso libro de Os Tres Mosqueteros de Alejandro Dumas. Aínda non os coñeces?  
Por para ir abrindo boca, primeiro a receita: 


E despois para os mais pequenos unha versión do libro, o primeiro capítulo: 



Para os maiores, o libro para ler ou descargar online:



26 de maio de 2020

19 de maio de 2020

QUE TAL UN POUCO DE LITERATURA CLÁSICA?

Non hai que esquecer aos grandes da literatura clásica como Verne, Salgari, Dumas...pero quizáis aínda non os coñezades a todos! Por iso, Weeblebooks dános a oportunidade de lelos e introducirnos nese mundo de aventuras, misterios, piratas... Elmer déixavos aquí o enlace para poder descargalos, recoméndadovos os seguintes para os maiores:

Veinte mil leguas de viaje submarino.
Las aventuras de Tom Sawyer.
La vuelta al mundo en 80 días
El corsario negro.



13 de maio de 2020

PRIMAVEIRA EN GALEGO

Elmer xa sabe que estamos en primaveira, no mes de Maio e que estamos acercándonos ao Día das Letras Galegas. Por iso, quérelle dar importancia a nosa lingua, o galego e presentaros uns cantos libros en contos en galego de autoras galegas.

Chibos, Chibóns de Olalla González:


Paco Papán de Patacrúa (Marisa Núñez):

E para os maiores, un proxecto levado a cabo por Ledicia Costas, María Lado, El Hematocrítico e Daniel Landesa. Caramomia, unha historia onde o público participará e decidirá cousas importantes sobre a trama. Clica na imaxe para mais información. 

caramomia

Hoxe o primeiro capítulo:  https://www.instagram.com/p/CACeKa0Apz0/

10 de maio de 2020

NO MES DO MAIO, MES DAS FLORES

Estando no mes de Maio, Elmer non podía esquecerse dos MAIOS, festa moi importante en Galicia e en outros lugares do Europa! Por iso, o Equipo de Biblioteca preparou este vídeo para que vexades como son:



Ademáis, Elmer quere que disfrutedes con el destes vídeos:



Se hai dificultades para cargar os vídeos podedes pinchar aquí directamente:



Como vedes, a elaboración dun Maio pode ser de moitas formas e materiais. Apetécevos facer un Maio cos materiais que teñades na casa e sacarlle unha foto? É o momento de sacar todo o voso inxenio e creatividade! Mans á obra! 
Enviade a vosa foto á :
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com


E para rematar estes días de tanta Ciencia, dous libros para ler e sabe un pouco máis da man de Weeblebooks:

Cocina con ciencia 



Inventamos nosotros:

9 de maio de 2020

SEGUIMOS LENDO... E PREPARÁNDONOS!

Hoxe día 9 de maio celebramos o Día Mundial de Europa, por iso Elmer ensínanos estes vídeos. 
Este para saber un pouco sobre Europa:

E este para escoitar o Himno Europeo cun pouco de ritmo: 

Ademáis, este día temos sorte, Xerais permítenos ler uns títulos xeniais como Feliz Feroz de Hematocrítico. Clica no enlace:

https://blog.xerais.gal/catro-titulos-de-xerais-para-abrirlle-a-porta-a-lectura-en-galego/

E, tendo en conta que fai pouco foi o Día da Nai, Elmer propóñevos un conto con moitos bicos e achuchóns:



Lembrade que Elmer está a esperar os vosos experimentos!

6 de maio de 2020

EXPERIMENTANDO... FACEMOS INSTRUMENTOS

Lembrádesvos de Abraham Cupeiro? Visitounos o curso pasado e ensinounos un montón de instrumentos distintos!
Este músico tamén nos ensina a facer unha frauta cunha palliña de plástico! A ciencia pode ocupar todas as áreas como a Música! Intentámolo?



E agora, coñecedes ao profesor Bacterio? Ese científico tolo que trae de cabeza a Mortadelo e Filemón? El tamén fai grandes experimentos aínda que non sempre lle saen ben! Se o queres coñecer ou queres saber máis del, Bruguera permítenos ler os tebeos de Mortadelo e Filemón así como de máis personaxes coma Zipi e Zape, Rompetechos, El botones Sacarino, Anacleto e moitos máis. Clica no enlace seguinte:

1 de maio de 2020

DÍAS DE EXPERIMENTOS

Unha fin de semana coma esta celebramos o Día da Ciencia na Rúa e, estando na situación na que estamos, non queremos deixar de pasar esta oportunidade. Imos a ensinarvos un pequeno experimento que fixeron o alumnado de 4 anos (puxeron a lingua de cor lila!):




Por iso, Elmer quérevos propoñer se podedes facer de pequenos investigadores e facer pequenos experimentos (algúns coa axuda dalgún adulto, non o esquezades!). Podedes mandar o voso vídeo a:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

E para axudarvos un pouco, Elmer e o Equipo de Biblioteca déixavos aquí uns cantos recursos que poidedes aproveitar:


Leer más publicaciones en Calaméo


Ademáis, queremos lembrar que onte foi  o Día Internacional do Jazz , e no estado de confinamento que estamos, Elmer e o Equipo de Biblioteca pensan que a música, e en especial o jazz, ofrece a oportunidade de que as persoas reconectemos en medio destes días estranos e de incertidumbre. Por iso, Elmer escolleu esta peza. Esperamos que vos guste! 


27 de abr. de 2020

QUÉDANNOS POUCOS DÍAS PARA REMATAR A NOSA QUINCENA DO LIBRO!

Este luns marca xa practicamente o final da nosa Quincena do Libro pero iso, non debe preocuparnos, porque seguiremos a ter propostas e actividades para vós.

Para dar un pequeno empuxonciño a este comezo de semana, que mellor que comezar con un pouco de música, que vos parece?






E para ter as mans e a cabeza ocupadas, Elmer ensínavos esta variedade de actividades:

Imitar aos Futbolísimos (xa sabedes, eses rapaces e rapazas, protagonistas dunha colección de fútbol e misterio, que van xuntos a cole, xogan ao fútbol e teñen un pacto segredo!) e facer un futbolín. 

https://www.losfutbolisimos.es/aventuras-y-misterios/como-hacer-un-futbolin-casero-en-7-pasos/

Explorar o mundo, viaxando por el como Fhileas Fogg na Volta ao mundo en 80 días.
https://www.maeva.es/repositorio/lecturas/inicio-cuaderno-de-activ.-atlas.pdf

Ler e movernos polas nubes.

https://www.calameo.com/accounts/2561288


E mañá, moitos máis!

26 de abr. de 2020

SEGUIMOS DE FESTA

Hoxe, non só celebramos a Semana do Libro senón tamén o primeiro día en que podemos dar un paseo despois de tantos días!. Lembrade a proposta que vos fixo Elmer onte sobre a saída!
De todas formas, Elmer xa sabe que tan só podedes saír unha horiña ao día, por iso vos da distintas opcións para que escollades:

Un montón de libros a escoller para distintas idades da Editorial Pintar-Pintar:

http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj

Unha historia feita con libros de Miguel Ángel Alonso Diz:



E o conto de Fabio, un can que non se comporta como tal. Max, o seu dono, está moi preocupado. Ata que unha noite descubre o seu segredo...
Ni guau ni miau, de Blanca Lacasa


ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!

21 de abr. de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑA...

Queres xogar? Coma comezamos a Quincena dos Libros, Elmer e o Equipo da Biblioteca (EBE) queremos propoñerte un xogo. Xa sabes que o mes pasado quedamos sen Uderzo (podes mirar a entrada no blog, hai cómics para ler), un dos creadores de Astérix e Obélix. Por iso esta actividade de adiviñas está relacionada con estes personaxes. Atreveste? 


8 de abr. de 2020

TÓCALLE A QUENDA A HARRY POTTER

Elmer quixo traervos a un dos personaxes xuvenís mais coñecidos: Harry Potter. A súa creadora, J.K. Rowling  creou unha plataforma con actividades, vídeos e incluso libros de Harry Potter. Está por defecto en inglés, pero pode cambiarse ao castelán. 
Esperamos que vos guste tanto aos fans de Harry coma os demais! Pincha na imaxe.

J

7 de abr. de 2020

PARA ENTENDER UN POUCO MELLOR O CORONAVIRUS

Elmer atopou este libro para descargar e/ou ler online. Trátase doutro libro sobre o coronavirus e o porqué é preciso quedarse na casa. Outro recurso mais para os pequenos e non tan pequenos da casa.

https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html