Amosando publicacións coa etiqueta literatura infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura infantil. Amosar todas as publicacións

30 de abr. de 2020

DERRADEIRO DÍA DA SEMANA DO LIBRO!

E como hoxe é o derradeiro día desta Quincena do Libro de 2020, imos despedilo por todo o alto!. Comezamos con Rosa Caramelo de Adela Turín, un conto moi especial e, nesta ocasión, moito máis pois está contado tamén en Lingua de Signos. Xa veredes que interesante!



Seguimos con cousas de interese, que vos parece darnos unha volta polos distintos lugares dos libros de Harry Potter? Podemos visitar Diagon Alley, a estación do tren King´s Cross, o gran comedor de Hogwarts... (Tarda un pouquiño en cargar, así que non desesperedes!)


https://earth.google.com/web/@51.53252905,-0.12415002,39.03631074a,53.83467957d,60y,-0.92843153h,79.30001386t,0r/data=CjASLhIgYjNkZjViZmQzMWQxMTFlN2E2ZTAzZGU4NDgxNmIzNGMiCmdjc19saXN0XzA



E agora Álbum de Pequenas e Grandes Lectoras e Lectores de Elmer!

2 de abr. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe, día 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo deste día é despertar o interese e o amor polos libros e a lectura das nenas e nenos e conseguir que adquiran o hábito lector.

Entre os libros que podamops atopar de Andersen están:  
Hans Christian Andersen: A New Life (English Edition) eBook ...O parruliño feo
Pulgarciña
A Sereíña
O soldadiño de chumbo
A Raíña das Neves
A traxe do emperador 
A princesa e o chícharo 
A vendedora de mistos
Os zapatos vermellos
Entre outros


Por iso, queremos propoñerte unha actividade:
Que escollas o conto de Andersen que mais che gusta e fagas un debuxo del. Non te esquezas de poñerlle o título e o teu nome. Faille unha foto ou escanea a túa obra de arte e envíala a:
              bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

Data de entrega ata o día 8 de abril.



10 de feb. de 2020

POLA IGUALDADE!!!

Comezamos cos nosos carriños pola igualdade! Temos un carriño para Educación Infantil, outro para 1º e 2º curso, un para 3º e 4º curso e por último outro para 5º e 6º curso de Educación Primaria. Cada  carriño ten fondos diversos sobre o tema da igualdade. Disfrutádeos!!