Amosando publicacións coa etiqueta atención á diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta atención á diversidade. Amosar todas as publicacións

26 de maio de 2021

Xela Arias en E.I.

Os cativos e cativas de 6º de E.I. estiveron traballando o conto de " A Bruxa" de Xela Arias. Mirade qué ilustracións!



25 de maio de 2021

Recollemos as caixas do mar!

Durante varios meses estivemos traballando coas caixas do mar, caixas con fondos diversos que trataban  temas relacionados coa mar. Foron moi interesantes!

1 de feb. de 2021

Novidades en Febreiro!

Temos novos libros na biblioteca de todos os tipos: banda deseñada, contos, novelas, poesía, para investigar... 

Cales escolles?


14 de dec. de 2020

Elmer, de compras!

Despois de tantos días sen saír case a rúa, Elmer foi de compras a mercar un montón de novidades para a nosa biblioteca. A ver se vos gustan!



20 de nov. de 2020

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hoxe, é un día importantísimo para todos as nenas e nenos.  É o día onde se lembran e se conmemoran os nosos dereitos!

Para celebrar este día, que tal se lemos unhas entrevistas a un gran coñecedor da infancia e xuventude? Una persoa que dí cousas coma:

"Os nenos non son o futuro, son o presente"


E agora, un pouco de actividade! Elmer escolleu dúas opcións:

1)Unhas actividades preparadas para a súa descarga con crucigramas, sopas de letras, para escribir un anaquiño...

2)Realizar algunha das manualidades que se propoñen, enviar unha foto dalgunha delas ao correo da biblio (bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com) o subila a Instagram, etiquetando a biblioteca:

-Flor dos dereitos

           -Estrela para facela hai que colorear e completar os ocos; recortar todas as estrelas e doblalas pola metade. Pegar esas metades, unha enriba da outra ata chegar a derradeira que será a que se una coa primeira estrela.

(Ambalas dúas manualidades, ideas orixinais de             http://tizasdecoloresmaestraana.blogspot.com)            

12 de nov. de 2020

Outono

En estes tempos tan raros, chegou o outono ao noso cole, velaquí as mostras outonais! Clica na imaxe!




2 de xuño de 2020

ALGUÉN MOI ESPECIAL

Hoxe, Elmer quérevos ensinar un pequeno vídeo que unha titora achegoulle. Trátase dun contacontos moi especial, queredes velo? É Santiago de 4º E.Infantil B.



e para seguir con cousas moi especiais e relacionadas co verán, o mar, a praia... imos ir ao Acuario! 
A ver as focas femias, os polbos e as estrelas de mar!









OS VOSOS POEMAS

Velaquí están os vosos poemas que enviáchedes ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Realmente temos unhas e uns grandes poetas!

1 de xuño de 2020

XUÑO... MES DO VERÁN

Comezamos Xuño, mes onde comeza o verán, de ir a praia, das lumeiradas, do bo tempo e a calor... e tamén dos xelados, das froitas fresquiñas, de comidas frías... 
Poir iso para inaugurar este mes, comezamos con algo refrescante e veraniego!

A Ola de Suzzy Lee, un libros sen palabras onde nos conta a historia dunha nena nun día de praia. Un libro moi orixinal, con tonos de acuarela:

e a historia de A Balea de Benjie Davies:



31 de maio de 2020

FILMES EN GALEGO

A Editorial OQO poñe a nosa disposición unha serie de filmes en galego. Hai varios deles, pero Elmer  escolleu as aventuras de Caracois:

                                    Accidente
                                 
                                 Caracol e Vermiño

Caracol e Saltón


Amizade de caracol



30 de maio de 2020

ANIMACIÓN Á LECTURA

Continuamos cun pouco de animación á lectura, a ver se Elmer vos dá algunha axuda para facer o reto! Hoxe, preséntavos un audioconto moi especial e tamén moi, moi divertido! Está contado por un profe do cole! A ver quen é?

29 de maio de 2020

SIMON´S CAT

Seguimos coñecendo novos libros de narrativa, contos, de banda deseñada... Hoxe Elmer tráevos a Simon's cat. Coñecédelo? É un gato moi pícaro, que sempre ten famen e é moi, moi divertido. Aquí tedes unha das súas historietas visitando a veterinaria...




26 de maio de 2020

23 de maio de 2020

ÁRBORES

Hoxe Elmer preséntavos os nosos Maios que fixeron dúas alumnas do cole:




Como seguimos co tema da primaveira, hoxe falamos dos árbores e imos escoitar un conto moi chulo:

Un árbol de Ana María Martínez




E agora preséntamosvos a lenda africana sobre unha árbore moi apreciada pola súa madeira: o baobab.




E para finalizar por hoxe, Elmer propónvos esta curtametraxe sobre a natureza (hai algunhas palabras escritas en inglés, así podemos practicar este idioma).




20 de maio de 2020

XA TEMOS TEMÁTICA PARA O PRÓXIMO CURSO

Así quedou a votación:

Medio Ambiente 14 (18.4 %)
Mundo Submarino  41 (53.9 %)
Arte     21 (27.6 %)
                   



Polo tanto, o próximo curso traballaremos O mundo submarino coa seguinte proposta:


19 de maio de 2020

QUE TAL UN POUCO DE LITERATURA CLÁSICA?

Non hai que esquecer aos grandes da literatura clásica como Verne, Salgari, Dumas...pero quizáis aínda non os coñezades a todos! Por iso, Weeblebooks dános a oportunidade de lelos e introducirnos nese mundo de aventuras, misterios, piratas... Elmer déixavos aquí o enlace para poder descargalos, recoméndadovos os seguintes para os maiores:

Veinte mil leguas de viaje submarino.
Las aventuras de Tom Sawyer.
La vuelta al mundo en 80 días
El corsario negro.



18 de maio de 2020

SAÍMOS

Aínda que xa podemos saír, estes pequenos paseos son relativamente curtos en distancia e en tempo posto que temos que ter moito coidado. Por iso, Elmer propóñevos estas saídas para ver a primaveira, os cambios na paisaxe, nas flores...





E unha visita virtual ao Xardín Botánico de Madrid:


17 de maio de 2020

DÍA DAS NOSAS LETRAS

Para celebrar o Día da Nosa Lingua, das Nosas Letras, que mellor que facer un SCAPEROOM?
A quen non lle apetece?

Para os peques:


Para os maiores:


Agora outro tipo de actividades, podes facelas todas ou escoller a que máis che gusten:



E para rematar, unha pequena entrevista a unha escritora galega de literatura infantil-xuvenil, Érica Esmorís,  feita por un dos nosos alumnos Jorge Martínez Ferreiro:




LEMBRADE QUE HOXE É O DERRADEIRO DÍA PARA VOTAR O QUE IMOS TRABALLAR O PRÓXIMO ANO!

14 de maio de 2020

PREPARÁMONOS

Dentro de pouco, temos o Día das Letras Galegas. O domingo é un día de celebración do galego  a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co Centenario da primeira edición de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. 

E para comezar, escoitamos un poema de Rosalía de Castro:

E aprendemos un pouco máis de Rosalía: