Amosando publicacións coa etiqueta animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación á lectura. Amosar todas as publicacións

8 de xuño de 2021

Día Mundial dos Océanos

Hoxe é o día moi importante para nós debido ao noso proxecto deste curso. Celebramos o Día Mundial dos Océanos con libros! Por iso, desde a biblioteca queremos facervos unha achega de libros para todas as idades con distintas temáticas relacionadas cos océanos e mares para todos os gustos. 



2 de xuño de 2021

Mochilas Viaxeiras

Comezamos xuño e estamos a recoller xa as mochilas viaxeiras. Grazas a todos, profes, nenas e nenos e como non, as familias! Fixéchedes un bo traballo! Velaquí unha pequena mostra del!

1 de xuño de 2021

Traballos sobre Xela Arias e Concurso de Poemas

O noso alumnado traballa unha morea! Por iso, colocamos na entrada do noso cole algúns dos seus traballos. Ademais, tamén están aqueles que gañaron o concurso de poemas deste ano que tiñan coma temática O Mar.

25 de maio de 2021

Recollemos as caixas do mar!

Durante varios meses estivemos traballando coas caixas do mar, caixas con fondos diversos que trataban  temas relacionados coa mar. Foron moi interesantes!

14 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS

Este luns celebraremos o Día das Letras Galegas 2021, homenaxeando a Xela Arias. Eiquí un dos poemas adicados ao seu fillo no seu libro "Darío a diario" e lido por el mesmo:


E agora unha canción sobre outro dos seus poemas deste mesmo libro "Hasme oír" de A banda da Loba:


Para saber un pouco mais desta autora,escollimos estas actividades:

3 de maio de 2021

Videoforum no Mes do Libro

Nestas derradeiras semanas do mes de Abril, estivemos a facer diversos videoforums, tanto en Infantil coma en Primaria. Limos o libro o un anaco del, vimos a película e traballamos e comentamos a obra. Houbo obras literarias para todos os gustos: O gato con botas, James e o melocotón xigante, Astérix e Obélix, Os tres porquiños...

Eiquí unha pequena mostra do que fixeron o noso alumnado:


27 de abr. de 2021

Mes do Libro, unha de contacontos

Aínda que estamos nunha pandemia, non quixemos deixar escapar a oportunidade de poder desfrutar con Sabela Gago, unha contacontos que nos acompañou e contou a historia do O ovo máis bonito do mundo. Tivemos moito coidado para poder ter seguridade e non esquecer o protocolo Anticovid.  Pasámolo xenial!! 


 
E agora uns pequenos anaquiños do que puidemos desfrutar!

22 de abr. de 2021

Conta, que contaches!

Durante esta semana, onde celebramos o Día do Libro, o noso mestre de Educación Física, Hugo, ao alumnado de 5º e 6º de EP, contounos uns contos moi interesantes que nos fixeron pensar e reflexionar acerca dos valores de igualdade, tolerancia, respecto... Desfrutámolo moito!