Facendo unha pequena revisión de todos aqueles seres fantásticos, mitolóxicos e de lenda que sabemos dos libros, o alumnado de 5º EP do noso cole realizou unha pequena investigación sobre estes seres. Aquí a tedes!
Amosando publicacións coa etiqueta libros b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros b>. Amosar todas as publicacións
18 de nov. de 2020
27 de maio de 2020
PIPPI MEDIASLONGAS CUMPLIU 75 ANOS
Este fin de semana, Pippi Mediaslongas (tamén coñecida no noso país por Pippi Calzaslargas) cumpliu 75 anos. Non me digades que non a coñecedes?
Pois Pippi é un personaxe da escritora Astrid Lindgren, convertiuse nun gran modelo de igualdade, de crítica á sociedade...É unha nena con poderes máxicos que vive soa nunha granxa cun cabalo, cun mono e un baúl cheo de moedas de ouro!
Queredes vela?
Estes son os seus libros:
As aventuras de Pippi foron tan famosas que as levaron a pequena pantalla, queredes ver algún capítulo?
12 de abr. de 2020
E AGORA... UNHA DE MANUALIDADES
Xa coñecedes que Elmer, a nosa mascota, ten publicados unha morea de contos: Elmer e Wilbur, Elmer e o arco da vella, Elmer sae de paseo, Elmer e o avó Eldo... Pero o que seguro que non sabedes é que ao noso elefantiño encántalle facer unha manualidades cada vez que le un libro. Estas son algunhas das que fixo Elmer:
Esta semana, Elmer propóñevos que fagades o mesmo ca él: Escollede un libro (pode ser de calquer tipo: banda deseñada, poesía, manga, conto infantil...). Ese libro debe ser un que teñades na casa, un dos que están para descargar ou ler online, un audioconto do blog ...e que fagades unha manualidade sobre el. Despois sacádeslle unha foto como as de Elmer e enviádela ao correo da biblio: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com
IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE AO PODER!!!
Data límite de envío: 18 de abril incluído.
Data límite de envío: 18 de abril incluído.
7 de abr. de 2020
ANÍMASTE A ...ENVIAR UN VÍDEO?
Xa que estamos en cuarentena e non podemos vernos de forma persoal... Elmer ocorréuselle unha idea:
Tan só debedes cumprir dúas cousas: dicir o título do libro (podedes ensinar ou escribir o título, facer un pequeno debuxo...) e explicar para que idade é recomendable.
Envíade o voso vídeo ao correo da biblioteca:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com
Publicaremos todos os vídeos coas vosas recomendacións ata o domingo 12 de Abril.
Podedes ser todo o orixinais que queirades!
3 de abr. de 2020
2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
Na data de onte celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, pero Elmer e o equipo da biblioteca non queríamos esquecernos que tamén foi o Día Mundial do Autismo. Por iso, propoñemos unha serie de contos con pictogramas que poden facilitar a lectura e a súa comprensión.
27 de mar. de 2020
UNS CANTOS LIBROS INFANTÍS
24 de mar. de 2020
QUEDAMOS SEN UDERZO!
Hoxe, Albert Uderzo, un dos ilustradores mais importantes na banda deseñada e un dos creadores de Astérix e Obélix, deixounos.
Uderzo xunto con Goscinny creou a dous galos moi famosos: Astérix e Obélix. Incluso, podemos dicir que tiña certos rasgos de "adiviño" e senón, mirade:

Existen varios libros para leer online de Astérix e Obélix e de banda deseñada. Clica na imaxe para redirixirte:

20 de mar. de 2020
UN DÍA MAIS!
Recomendámosche un novo libro que podes ler online sen descargar (clica na imaxe) :
Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa) de María Coco Hernando.
16 de mar. de 2020
EU QUEDO A LER NA CASA!
24 de feb. de 2020
ENTROIDO DE LIBROS E CONTOS
Este curso decidimos disfrazarnos de personaxes de libros e contos. Por iso, cada nivel escolleu un. Traballamos o noso libro nas aulas para saber todo sobre a historia.
Para que todo o mundo soubera de que íamos fixemos unhas pancartas co título. Pero este título é moi especial porque ía acompañado de pictos. Así, todos saberían en que libro nos baseáramos para facer os nosos disfraces!. Ademais, para acompañar un pouco mais a nosa tolería polos libros e contos fixemos uns murais que nos quedaron moi chulos. Clicade nos vídeos para velo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








