Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións

15 de maio de 2020

XOGAMOS E PINTAMOS CON CARVALHO CALERO!

Este ano 2020 o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Este escritor  foi elixido coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e 30 do seu pasamento. Aquí tedes un pequena biografía sobre el, feito por un cole de Ourense: 


De todos modos e de forma excepcional, debedes saber que polo COVID-19  o Día das Letras Galegas celebrarase o día 31 de Outubro. Nembargantes, nós queremos facerlle no seu propio día unha pequena homenaxe. 

Elmer atopou uns cantos debuxos imprimibles para celebrar o Día de Carvalho Calero. Clicade para descargar:



Publish at Calameo


E agora imos xogar un pouco para coñecer un pouco sobre este escritor: Carvalho Calero.








/>

4 de maio de 2020

PRIMEIRO LUNS DE MAIO

Para comezar ben esta semana, que tal se contamos un conto por un dos profes do cole? Estade moi atentos, é un gran amigo de Elmer! A ver se alguén o coñece! 



Grazas Ángel!
E agora que xa estamos todas e todos atentas e atentos, párecevos que sigamos de investigadoras e investigadores e aprendamos máis? Elmer descubriu unha serie de aplicacións gratuitas e divertidas para aprender moito, exercitar a túa mente e desafiar o teu pensamento. 

Preguntados: xogo tipo trivial.

Quizzland: acertixos e adiviñas.

QuizUp: xogo de preguntas e respostas en liña.

Trivia 360: xogo de preguntas e de inxenio.

Trivia preguntas y respuestas:  xogo de preguntas por áreas con catro opcións de resposta. 


Que o pasedes ben e aprender moito!! 






14 de mar. de 2020

MATEMATIZÁNDONOS

Durante as dúas últimas semanas de cole, algúns grupos do colexio (todos non, aínda que era o previsto) puideron desfrutar dunha actividade pola Igualdade: aprender xogando matemáticas. Para iso contamos con Ana de Crecer Creando. Desfrutamos un montón! 

21 de nov. de 2019

XOGANDO COOPERATIVAMENTE

No noso cole temos os chamados "Patios Amigos" onde o compañeirismo, solidaridade, empatía, cooperación están presentes. Aínda sí, os nenos de 1ºEP facemos xogos cooperativos. Aquí tedes un pequeno vídeo noso: