30 de xan. de 2023

DÍA DA PAZ

 Neste día, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz, lembrando o aniversario da morte do Premio Nobel da Paz, Gandhi.

Por iso, neste día  non queremos esquecernos das persoas que loitaron e loitan pola paz todos os días. Unha destas persoas é Malala Yousafzai, unha adolescente que, por defender o dereito á educación, foi agredida. Aquí vos contamos a súa historia. (só tedes que premer no enlace que está situado xunta a imaxe)





A maiores, no noso centro fixemos un pequeno acto onde os nenos e nenas dos diversos cursos cantaron e tocaron unha canción para conmemorar dito día. Tivemos a sorte de que as familias puidesen entrar na escola para ver a actuación dos nosos pequenos artistas. Nos próximos días subiremos algunha imaxe desta celebración.