24 de feb. de 2022

23 de Febreiro: Día de Rosalía de Castro

 Feliz día de Rosalía! Igual este ano che sorprende que se celebre o día 23 en lugar do 24, pero esta é a data real do seu nacemento. Houbo que buscar entre moitos documentos e investigar non é tan rápido cando non hai ordenadores! Un repasiño rápido pola súa biografía? Atento ao video!


Se che interesa a súa figura tamén hai unha excursión moi preto de aquí que che poden gustar: a Casa Museo Rosalía de Castro, en Padrón, onde viviu os seus últimos anos e que actualmente é a sé da Fundación que leva o seu nome.

Outra visita, aínda que agora está pechada temporalmente, é a súa casa da Coruña, na que viviu desde 1870 a 1879 co seu esposo o historiador e escritor galego Manuel Murguía. Sabes onde? Pois na rúa Príncipe, na cidade Vella!

"As estrelliñas todas que aló no espazo están, sorrindo nos miraban con soave craridá".

Moitos anos despois de que Rosalía escribira estes fermosos versos, ela mesma convertíase nuna estrela galáctica! Sabías que, por votación popular, un astro a 240 años luz, leva o nome da nosa escritora? E non está soa, acompañaáa o satélite Río Sar! Pero esta non era a primeira vez que a nosa Rosalía surcaba os ceos. Un par de anos antes, grazas a aerolínea noruega Norwegian, a imaxe de Rosalía era escollida para bautizar un dos seus Boeing 737.

Moitos dos seus poemas, ademais de poder disfrutalos nos libros, tamén os podes cantar, como xa fixeron Luz Casal, Carlos Núñez, Astarot, Amancio Prada... e moitos máis!