Elmer está de celebración durante esta semana. O sábado foi o Día Internacional das Bibliotecas e Elmer quere compartir con vós esa conmemoración. Por iso, os propoñe ver un vídeo onde se explica o porque dese día.
E, despois de ver isto , estade atentos e atentas as novidades que vos vai ir presentando o noso amigo!
Temos unha nova moi importante que dicirvos: ELMER xa ten Instagram! Por iso, se queredes seguilo por este rede social e estar ao tanto das novidades, podes acceder a través do enlace:
Aínda que se aproxima o verán, as veces, tamén temos chuvias, por iso pode apetecer unha sopa. Hoxe Elmer tráevos a sopa de mosqueteros, receita atopada no famoso libro de Os Tres Mosqueteros de Alejandro Dumas. Aínda non os coñeces?
Por para ir abrindo boca, primeiro a receita:
E despois para os mais pequenos unha versión do libro, o primeiro capítulo:
Para os maiores, o libro para ler ou descargar online:
Elmer está moi ledo porque hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. A pena é que soamente dure un día, porque deberíamos ser conscientes do dano que lle estamos a facer ao medioambiente. Por iso, Elmer pregúntase a miúdo: Se os homes e as mulleres somos as criaturas máis intelixentes que pisaron a terra, como é posible que esteamos destruíndo este planeta?
Vexamos este vídeo que fala de xuventude, de esperanza, de soños,...de facer algo para salvar o planeta Terra:
Agora un conto: El don del mar de Kate Banks.
E para rematar e ver o valor que ten o noso planeta e que debemos coidalo, mirade con atención estas fotos tan espectaculares:
Continuamos cun pouco de animación á lectura, a ver se Elmer vos dá algunha axuda para facer o reto! Hoxe, preséntavos un audioconto moi especial e tamén moi, moi divertido! Está contado por un profe do cole! A ver quen é?
Este fin de semana, Pippi Mediaslongas (tamén coñecida no noso país por Pippi Calzaslargas) cumpliu 75 anos. Non me digades que non a coñecedes?
Pois Pippi é un personaxe da escritora Astrid Lindgren, convertiuse nun gran modelo de igualdade, de crítica á sociedade...É unha nena con poderes máxicos que vive soa nunha granxa cun cabalo, cun mono e un baúl cheo de moedas de ouro!
Queredes vela?
Estes son os seus libros:
As aventuras de Pippi foron tan famosas que as levaron a pequena pantalla, queredes ver algún capítulo?
Este luns marca xa practicamente o final da nosa Quincena do Libro pero iso, non debe preocuparnos, porque seguiremos a ter propostas e actividades para vós.
Para dar un pequeno empuxonciño a este comezo de semana, que mellor que comezar con un pouco de música, que vos parece?
E para ter as mans e a cabeza ocupadas, Elmer ensínavos esta variedade de actividades:
Imitar aos Futbolísimos (xa sabedes, eses rapaces e rapazas, protagonistas dunha colección de fútbol e misterio, que van xuntos a cole, xogan ao fútbol e teñen un pacto segredo!) e facer un futbolín.
Explorar o mundo, viaxando por el como Fhileas Fogg na Volta ao mundo en 80 días.
Hoxe, non só celebramos a Semana do Libro senón tamén o primeiro día en que podemos dar un paseo despois de tantos días!. Lembrade a proposta que vos fixo Elmer onte sobre a saída!
De todas formas, Elmer xa sabe que tan só podedes saír unha horiña ao día, por iso vos da distintas opcións para que escollades:
Un montón de libros a escoller para distintas idades da Editorial Pintar-Pintar:
Unha historia feita con libros de Miguel Ángel Alonso Diz:
E o conto de Fabio, un can que non se comporta como tal. Max, o seu dono, está moi preocupado. Ata que unha noite descubre o seu segredo...
Nesta semana, Elmer sempre propónvos apadriñar un lector no cole. Polas circunstancias nas que estamos, esta vez non é posible así que imos cambiar as regras. Imos a apadriñar a quen nós escollamos!
Xa sabedes que o importante é ler a alguén que nos escoite. Por iso, podemos elexir da nosa casa a quen queiramos: ao noso irmán pequeno, a nosa nai, a nosa avoa... incluso ao noso amiguiño de peluxe! Tamén podemos seleccionar o que nós queiramos ler: os deportes dun xornal, un conto, unha revista, un libro de banda deseñada...
Así facemos unha pequena gravación da nosa lectura e nola enviades ao noso correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com.
Prazo máximo de entrega: 30 de Abril.
Ides a converteros nunhas madriñas e padriños máxicos lectores!
O pasado día 15 de Abril celebrouse o Día Mundial da Arte, data que quere dar a coñecer a importancia que ten a arte e sobre todo o pensamento creativo. Foi escollida entre outras moitas porque é o día de nacemento do gran Leonardo da Vinci. Aínda que, neste curso, estamos todos na casa, no noso cole traballamos a arte sempre que podemos, empregando distintos materiais, técnicas, estilos... e os recursos que nos proporciona a biblioteca. Aquí están de exemplos uns vídeos:
Queres xogar? Coma comezamos a Quincena dos Libros, Elmer e o Equipo da Biblioteca (EBE) queremos propoñerte un xogo. Xa sabes que o mes pasado quedamos sen Uderzo (podes mirar a entrada no blog, hai cómics para ler), un dos creadores de Astérix e Obélix. Por iso esta actividade de adiviñas está relacionada con estes personaxes. Atreveste?
Este sábado, Elmer lévanos de paseo pola Coruña. Invítanos a facer unha pequena visita guiada por un dos monumentos máis importantes da nosa cidade e patrimonio da Unesco: A Torre de Hércules.
De seguro que descubrides algo que non sabedes!!
E para saber un pouco mais de Hércules a modo de canción para os mais pequenos e pequenas da casa:
Para os que lle gusta a banda deseñada, hoxe estades de noraboa. O debuxante José Fonollosa, desde a web de Grafito Editorial, ofrécevos a posibilidade de descargar un caderno de ilustracións de Vampi e os seus amigos.
Senón sabedes nada de Vampi e os seus amigos podes ler unhas cantas páxinas no enlace que che está enriba.