28 de out. de 2026

SEMANA DAS FAMILIAS

 Co gallo da conmemoración do Día da Biblioteca Escolar (24 de Outubro), desde a biblioteca do noso centro e no marco das actividades relacionadas coa “Hora de ler”, estamos a celebrar a “Semana das Familias”, co obxectivo de levar a cabo unha actividade relacionada coa animación á lectura e fomentar a participación activa das familias nas actividades do centro.

ACTIVIDADE: Ler ou relatar ao grupo onde se atope escolarizado seu fillo/a un conto ou texto breve.

TEMPORALIZACIÓN: do 19/10/2026 ao 29/10/2026 (segundo se acorde nas titorías)

                                                                



23 de out. de 2026

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2026

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

O lema deste ano, “Sen profesionais non hai bibliotecas”, quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos.

Para conmemorar esta data, levamos a cabo principalmete dúas actividades:

- Poñer en marcha o programa "Mochilas viaxeiras", repartindo a cada grupo cadansúa mochila.

- Comezar a gravación do 1º Podcast sobre o noso PDI, "O Camiño de Santiago".

Se queres ampliar información, podes picar na imaxe. 

Feliz Día das Bibliotecas a todos/as!!!



20 de out. de 2026

DÍA DAS ESCRITORAS 2026

 O luns 19 de Outubro, conmemoramos o Día das Escritoras, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Este ano celébrase a XI edición, baixo o lema "As amigas como forma de liberdade".

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas e animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade.

Se queres ampliar información, podes picar na imaxe!



29 de set. de 2026

BIBLIOTECA ESCOLAR, DA INFORMACIÓN AO COÑECEMENTO

 Xa están publicados o cartaz e o lema para as bibliotecas escolares durante o curso 2026/2027.

Rena Ortega, co seu cartaz, chama a traballar coa información, a facerse preguntas e buscar respostas, percorrer o camiño do coñecemento e en definitiva, a interesarse polo mundo que nos rodea.

Se queres ampliar información sobre este tema, tan só tes que pinchar na imaxe!



15 de set. de 2026

ELMER RUMBO A COMPOSTELA

 A biblioteca do Ceip San Francisco Javier e a nosa mascota Elmer, queren darvos a todos a benvida ao novo curso 2026-2027, un curso no que nos dirixiremos cara a Compostela.

O noso PDI (proxecto documental integrado), leva o nome "O Camiño de Santiago. Elmer, rumbo a Compostela".

A través deste proxecto, trataremos de percorrer o Camiño de Santiago dun xeito interdisciplinar, e sobre todo dun xeito lúdico e integrador.

BENVIDOS, E XA SABEDES, PASIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO!



15 de maio de 2026

PODCAST LETRAS GALEGAS

 Como actividade principal nestas Letras Galegas 2026, estamos a elaborar un Podcast sobre a vida e obra de Begoña Caamaño.

Está a participar todo o alumnado, tanto de Educación Infantil coma de Educación Primaria, co obxectivo de afondar un pouco máis na súa figura.



No seguinte enlace, podedes escoitar o programa final. Agardamos que vos guste!!

PODCAST BEGOÑA CAAMAÑO


13 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

 Este ano 2026 adícase o Día das Letras Galegas á escritora e xornalista Begoña Caamaño, recoñecendo o seu traballo, compromiso e defensa da Lingua Galega.




28 de abr. de 2026

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DO LIBRO

 O pasado 23 de Abril, conmemoramos o Día do Libro.

Desde a biblioteca propuxemos varias actividades: apadriñamentos e amadriñamentos lectores no patio, adaptación de libros infantís con pictogramas e programamos a visita para este día de Antonio Fraga, autor de entre outros contos, "Papá Caníbal".

Foi un día moi especial para todos/as!!




23 de abr. de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 Como cada 23 de Abril, hoxe celebramos o Día Mundial do libro.

Pinchando na imaxe poderedes ampliar máis información sobre este día.

Nunha próxima entrada contarémosvos que fixemos no noso cole para conmemorar este día.



22 de abr. de 2026

"LA VOZ DE ELMER"

 Como cada ano, aproveitando a Semana da Prensa, o noso alumnado elaborou "La Voz de Elmer", o xornal do noso cole.

Se queredes poñervos ao día, tsn só debedes pinchar na seguinte imaxe.

Agardamos que vos guste!



25 de mar. de 2026

ENCONTROS CON AUTORES

 Nos últimos días, tivemos a gran sorte de contar na nosa biblio, con varios autores/as que escribiron algúns dos libros que forman parte do noso Plan Anual de Lectura.

Ramón Romero, autor de "A abelliña que perdeu as ás" visitou ao alumnado de 2º.

Carlos López "Chinto", coautor de "Cambiache o conto" estivo co alumnado de 3º.

Érica Esmorís, autora de "Erin e o lobo" reuniuse co alumnado de 5º.

Moitas grazas a todos/as pola vosa visita!!





13 de mar. de 2026

8 M

 Con motivo da conmemoración do 8M propuxemos desde a biblioteca dúas actividades.

A primeira, foi a elaboración de carteis/infografías, sobre mulleres relacionadas co mundo do cine e que tivesen ou fosen importantes nalgún outro ámbito da súa vida polas accións que realizan ou realizaban (ciencia, igualdade de oportunidades, dereitos humanos, etc.). Posteriormente as colocamos nos corredores facendo un mural conxunto.

Na segunda actividade contamos co alumnado se 6º como colaborador. O xoves 12 e o venres 13 durante a hora de ler, o alumnado de 6º repartido en pequenos grupos, fixo unha pequena exposición ao resto dos niveis sobre diferentes mulleres relacionadas co mundo do cine ou personaxes femininas relevantes en películas infantís que destacasen polos seus valores.








10 de mar. de 2026

CUESTIONARIO PLEA - ALUMNADO

 Pincha na seguinte imaxe, para axudarnos a elaborar o PLEA (Plan de lectura escritura e acceso á información) do noso centro.

As túas respostas son moi importantes para nós!













27 de feb. de 2026

CONTACONTOS E OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA


 O xoves 26, tivemos a sorte de contar con "Manuela contacontos", que baixo o título "Rosalía ten superpoderes", nos fixo un percorrido pola vida de Rosalía e algunhas das súas obras máis importantes.

O venres 27, o 2º nivel, realizou un obradoiro de banda deseñada, centrado tamén na vida e obra de Rosalía.




25 de feb. de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 O luns 23 de Febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía, estandarte do rexurdir da literartura galega a finais do século XIX.

Con motivo desta celebración, programamos unha serie de actividades e obradoiros para toda a semana.

O noso alumnado fixo chapas, pintou mandalas, realizou diferentes pasatempos e actividades e rematará asistindo ao contacontos "Rosalía ten superpoderes" o xoves 26.





20 de feb. de 2026

ENTROIDO

 Seguindo a temática do noso PDI, este ano, o entroido do noso cole celebrouse arredor do cine.

Malia o mal tempo, puidemos facer un pequeno desfile no patio cuberto e pasámolo xenial!








5 de feb. de 2026

II TORNEO DE XADREZ NA BIBLIO

Durante o mes de Febreiro, nos recreos da biblioteca, estase a disputar o II Torneo de Xadrez interniveis da nosa biblio.

O gañador do ano pasado foi Mauro Viana (5º de Primaria) que este ano volve a participar para intentar repetir victoria.

Moita sorte a todos/as!



14 de xan. de 2026

TEAM TOTAL

O curso pasado afondamos mediante o noso PDI nas "Culturas do mundo". 
Unha das actuacións que se levou a cabo, foi a realización dun Podcast co noso alumnado.
No mes de Outubro, o programa de clan "Team Total", fíxose eco desta actuación e pudimos ver ao noso alumnado no programa que se emitiu o 22 de Outubro de 2025.
Se pinchades na foto e avanzades o programa ata o minuto 44:30, podedes ver este pequeno reportaxe sobre o noso cole.



8 de xan. de 2026

CARTAS A ELMER

 Como cada ano, o noso alumnado enviou as súas peticións lectoras a Elmer polo Nadal, e hoxe atoparon os seus agasallos debaixo da árbore.