Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións lectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións lectoras. Amosar todas as publicacións

11 de feb. de 2021

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Neste día tan especial, comezamos unha nova sección relacionada con esta efeméride. Dende o inicio do curso, propoñéronse levar a cabo diversos experimentos, investigacións, traballos...  para poñernos na pel dun científico e dunha científica.. Todos os xoves, publicaranse os distintos vídeos destas probas, pescudas e tarefas. Anímaste?


Ademais, o Equipo de Biblioteca e Elmer propuxeron unha serie de actividades moi interesantes. A ver que sae! Tamén o noso profe Hugo visitou as clases de 5º e 6º de Educación Primaria para contarnos a historia de Hedy Lamarr, unha muller moi especial que foi invisible durante moito tempo porque non se lle recoñecían os seus logros! 

E para que iso non ocorra, imos a presentarvos a algunhas mulleres que non foron recoñecidas na súa xusta medida e que deben ocupar o lugar que lles corresponde! 


E por se queres ler un pouco sobre  mulleres que deixaron a súa pegada e que cambiaron o mundo, aquí tedes algúns dos libros que temos na nosa biblioteca e que te están esperando!




26 de xan. de 2021

Día Mundial de la Educación Ambiental

 Hoxe, 26 de xaneiro, celebramos o Día Mundial da Educación Ambiental, unha xornada na que reflexionar especialmente sobre un tema moi importante que debemos ter presente todos os días: o coidado do medio ambiente.

Cada un de nós ten un papel fundamental á hora de protexer a nosa contorna e seguro que todos e todas vós sodes grandes aliados no coidado do medio ambiente. Como? Pois moi sinxelo: separando o lixo, reciclando e reutilizando produtos, pechando a billa da auga e apagando as luces cando non as utilizamos, movéndonos a pé ou en transporte público na nosa cidade e protexendo a flora e a fauna que temos preto.

Dende a biblioteca do cole, recomendámosvos unha selección de lecturas moi interesantes para non deixar de aprender sobre todo o que podemos facer para ser respectuosos e amables co noso planeta e coidalo moito para que el poida seguir coidando de nós!


18 de dec. de 2020

Os migrantes

No día de hoxe celebramos o Día Internacional das Persoas Migrantes. Estas persoas están no noso día a día e forman parte da nosa sociedade do pasado, da actual e, probablemente, do noso futuro. Por iso, Elmer quere investiguedes e saibades un pouco máis de migración. Clicade no seguinte enlace para isto:

Día Internacional de las Personas Migrantes - 18/12/2015 Opinión | Diario  La Comarca de Puertollano

E agora un vídeo para que quede mais claro!




E agora uns cantos libros da nosa biblioteca que podedes atopar sobre este tema!






19 de xuño de 2020

Recomendacións lectoras para aprender inglés

As mestras de Inglés do noso cole queren recomendarvos para aprender e reforzar o inglés durante este verán os seguintes libros:

15 de xuño de 2020

BOLETÍNS DE VERÁN

E como xa sabemos que tedes fame de libros, ahí van as nosas recomendacións de verán para levar á praia, ao campo, de viaxe... vivir toda clase de aventuras e historias, tanto en galego, como castelán ou inglés!

DESFRUTADE!

Para os mais pequerrechas e pequerrechos:




Para os primeiros cursos de Educación Primaria:


Para os maiores do cole:


de 8 a 10 anos:


de 10 a 12 anos:

7 de abr. de 2020

ANÍMASTE A ...ENVIAR UN VÍDEO?

Xa que estamos en cuarentena e non podemos vernos de forma persoal... Elmer ocorréuselle unha idea: 

Recomendar o voso libro favorito a través dun vídeo!!

Tan só debedes cumprir dúas cousas: dicir o título do libro (podedes ensinar ou escribir o título, facer un pequeno debuxo...) e explicar para que idade é recomendable. 

Envíade o voso vídeo ao correo da biblioteca:

bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

Publicaremos todos os vídeos coas vosas recomendacións ata o domingo 12 de Abril. 

Podedes ser todo o orixinais que queirades! 


3 de abr. de 2020

BOLETÍNS DE PRIMAVEIRA

E como comezan as vacacións de Semana Santa, Elmer fai as seguintes recomendacións de lectura por niveis. Clica na que che interese. Esperamos que vos gusten! 😃


19 de dec. de 2019

RECOMENDACIÓNS INVERNAIS

Estas son as recomendacións de libros de Elmer para estas vacacións de Nadal. Pincha no enlace que che interese.

  • Recomendacións para as nenas e nenos de Educación Infantil.

  • Recomendacións para as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

  • Recomendacións para as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.