Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

17 de maio de 2021

Mistura

Un día como hoxe, celébranse varias conmemoracións. Unha delas é o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información coa finalidade de sensibilizar á comunidade acerca do uso de Internet e das TIC, para reducir a brecha dixital.




Tamén, conmemórase o Día Internacional contra discriminación por motivos de identidade de xénero ou de orientación sexual. Desde a escola, debemos promover os valores de respeto, non discriminación e tolerancia cara todas as persoas.



Asemade, o día  17 celébrase o Día Mundial da Reciclaxe co obxectivo de concienciar á sociedade acerca da importancia que ten tratar os refugallos como corresponden, para no contribuír ao cambio climático, e así protexer o medio ambiente e, como non, os nosos mares e océanos.

E agora un conto sobre a reciclaxe:



27 de abr. de 2021

Mes do Libro, unha de contacontos

Aínda que estamos nunha pandemia, non quixemos deixar escapar a oportunidade de poder desfrutar con Sabela Gago, unha contacontos que nos acompañou e contou a historia do O ovo máis bonito do mundo. Tivemos moito coidado para poder ter seguridade e non esquecer o protocolo Anticovid.  Pasámolo xenial!! 


 
E agora uns pequenos anaquiños do que puidemos desfrutar!

22 de abr. de 2021

Conta, que contaches!

Durante esta semana, onde celebramos o Día do Libro, o noso mestre de Educación Física, Hugo, ao alumnado de 5º e 6º de EP, contounos uns contos moi interesantes que nos fixeron pensar e reflexionar acerca dos valores de igualdade, tolerancia, respecto... Desfrutámolo moito!



17 de dec. de 2020

Os elfos chegaron ao CEIP San Francisco Xabier!

Como estamos en época de Nadal, unha parella de elfos viñeron visitar aos nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole. Coma a esta cativada encántalles ler e escoitar contos, os elfos fixeron unha paradiña e faláronnos de moitas cousas e contarónnos a historia de Martiño. Queredes ver o noso vídeo? Premede no vídeo e a desfrutar!


Queredes volver a escoitar o conto de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis de Chema Heras? Este é un vídeo moi especial feita polo alumnado de Ceip Coirón-Dena:

11 de out. de 2020

As nenas, de celebración

Este domingo celébrase o Día Internacional das Nenas, por iso Elmer quere realizar este pequeno homenaxe a tódalas nenas do mundo que queren cambiar o mundo!


Así, Elmer tenvos preparadas unhas cantas sorpresiñas.
Uns vídeos para pensar e reflexionar.




E un contiño:









2 de out. de 2020

Non á violencia!

Elmer quere desfrutar do Día Internacional da Non Violencia, polo nacemento de Mahatma Gandhi, e do Día Internacional do Sorriso. Por iso,  non hai nada coma intercambiar un sorriso por unha palabra agresiva, un sorriso por un mal xesto, un sorriso por un golpe...

Así que Elmer proponvos  ver este vídeo e arrancarvos un gran sorriso:



E agora, un gran conto sobre un tipo concreto de violencia:






27 de set. de 2020

Día Internacional das Persoas Xordas

Hoxe, domingo, celébrase o Día Internacional das Persoas Xordas onde lembramos que é preciso ter en conta as necesidades e diversidade que teñen as persoas cunha perda auditiva. 

Por iso, Elmer propóñevos hoxe este conto moi especial:

                            "IMOS BUSCAR UN ABETO"

con Malvamos Teatro e AZ Lengua de Signos




2 de xuño de 2020

ALGUÉN MOI ESPECIAL

Hoxe, Elmer quérevos ensinar un pequeno vídeo que unha titora achegoulle. Trátase dun contacontos moi especial, queredes velo? É Santiago de 4º E.Infantil B.



e para seguir con cousas moi especiais e relacionadas co verán, o mar, a praia... imos ir ao Acuario! 
A ver as focas femias, os polbos e as estrelas de mar!









2 de maio de 2020

E AGORA QUE ESTAMOS DE CIENTÍFICOS E EXPERIMENTOS...

Elmer atopou este "Conto en Familia", moi interesante para todos os públicos. 

https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa/recurso/videocuentos-en-familia.-el-perfumista-por-carles-garcia-domingo

Ademais, xa que estamos no papel de científicos, que tal se nos pasamos pola Casa das Ciencias? Teñen uns vídeos montados con Stellarium , unha aplicación gratuita e aberta que permite recrear o ceo (ou case) coma si estivésemos nunha sesión de planetario.


E agora, por que non facer desaparecer un vaso? Non é cousa de maxia, senón de ciencia! 


30 de abr. de 2020

DERRADEIRO DÍA DA SEMANA DO LIBRO!

E como hoxe é o derradeiro día desta Quincena do Libro de 2020, imos despedilo por todo o alto!. Comezamos con Rosa Caramelo de Adela Turín, un conto moi especial e, nesta ocasión, moito máis pois está contado tamén en Lingua de Signos. Xa veredes que interesante!



Seguimos con cousas de interese, que vos parece darnos unha volta polos distintos lugares dos libros de Harry Potter? Podemos visitar Diagon Alley, a estación do tren King´s Cross, o gran comedor de Hogwarts... (Tarda un pouquiño en cargar, así que non desesperedes!)


https://earth.google.com/web/@51.53252905,-0.12415002,39.03631074a,53.83467957d,60y,-0.92843153h,79.30001386t,0r/data=CjASLhIgYjNkZjViZmQzMWQxMTFlN2E2ZTAzZGU4NDgxNmIzNGMiCmdjc19saXN0XzA



E agora Álbum de Pequenas e Grandes Lectoras e Lectores de Elmer!

12 de abr. de 2020

ÉRICA GONZÁLEZ CÓNTANOS UN CONTO

Érica González, profesional multifacética e contadora de contos, vainos a relatar unha historia sobre un elefante, amigo de Elmer: Felipe ten gripe.


10 de abr. de 2020

19 de xan. de 2020

SEMANA DAS FAMILIAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Como foi unha experiencia tan enriquecedora e xenial para todos, decidimos repetir a experiencia en Primaria. E como non, a acollida foi espectacular!
Esperamos que para as vindeiras edicións teña tan boa participación! TEMOS UNHA GRAN COMUNIDADE ESCOLAR!


21 de dec. de 2019

SEMANA DA FAMILIA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Elmer propuxo unha actividade ás familias, foi moi enriquecedora. Tratábase de ler un texto ao alumnado de Ed. Infantil relacionado coa integración, a igualdade, a atención á diversidade e/ou a inclusión. Participaron moitas nais e pais!!

FOI TODA UNHA EXPERIENCIA!

28 de nov. de 2019

Conta que che conto!

Os nenos e nenas de Infantil tiveron moita sorte!! Hoxe tivemos no cole unha sesión de contacontos!
Foi realmente estupendo!  Relatáronnos a historia do Gato con Botas! Para que vexades como foi de divertido, tedes aquí un pequeno vídeo: