23 de feb. de 2023

O entroido no San Francisco Xabier

 A pasada semana celebramos por todo o alto o entroido no noso centro. Na entrada, colocamos nunha estantería algúns exemplares bibliográficos sobre esta temática para que os mestres os poidesen coller prestados para traballar con eles nas súas aulas. 



A maiores, o meco, cos seus mandadiños foinos recomendando como vir vestidos tanto o martes, o mércores coma o xoves, tal e como se aprecia nesta imaxe. 


Xa por último, pero non menos importante, o venres fixemos o noso tradicional pasarúas pola contorna do colexio. Como non podía ser doutro xeito, xa que o noso proxecto deste ano é sobre a arte, os nenos e nenas disfrazaronse ben de pintores, de cadros de artistas relevantes como Piet Mondrian, Joan Miró ou Frida Kahlo, directores de cine e de artistas do mundo da música entre outros.


Durante o desfile, tivemos a sorte de contar coa colaboración dos pais, nais e coñecidos dos nosos alumnos e alumnas, debido a que interactuaban con nós por medio do seguinte cántico:

- Vaia disfraces tan chulos ! ( Cantan os nenos e as nenas). 

- As familias veñen ver . ( Cantan as familias). 

- Son do cole San Francisco . ( Cantan os nenos e as nenas). 

- Do San Francisco Xabier. ( Cantan as familias). 


Adxuntamos a canción con pictogramas elaborada por unha profesora membra do DO. 




23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


Un 23 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela, MaríaRosalía Rita de Castro. Polo tanto, hoxe cumpriría 186 anos. Case dous séculos despois do seu nacemento, a figura de Rosalía segue de máxima actualidade. 




Foi pioneira en moitos aspectos, tanto na súa vida personal como na súa faceta de escritora. Sabías que Rosalía foi a primeira galega en escribir sobre feminismo? “Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino” (Poema Lieders, 1858- El album de El Miño) Unha declaración de intencións pública que dexa claro ao seu futuro marido, Manuel Murguía, a súa condición de muller insumisa, e un canto a liberdade como creadora e escritora. 

O éxito da nosa Rosalía é tal que en España hay preto de 300 rúas que levan o seu nome, foi protagonista no 2015 dun Doodle de Google (https://www.google.com/doodles/rosalia-de-castros178th-birthday?hl=es), o buscador de Internet máis empregado no mundo;e preto de 20.000 mulleres se chaman coma ela. 



Pero para coñecela, nada mellor que ler os seus marabillosos poemas. Un dos máis coñecidos “Adeus ríos, adeus fontes” foi interpretado moitas veces por músicos de todo o mundo, unha das versións máis recentes foi a deste grupo galego de folk rock Escuchando Elefantes. Esperamos que che guste!

 https://www.youtube.com/watch?v=agf07HD_4PA

16 de feb. de 2023

Día de San Valentín

 

Durante esta semana, co motivo da celebración do Día de San Valentín, colocamos na entrada do centro unha caixa onde tanto o alumnado como o profesorado poden deixar as súas mensaxes. 


Nelas poden transmitirlle a outra persoa do centro o aprecio que lle ten, agradecerlle o ben que se porta con él ou con ela no día a día ou simplemente recordarlle o bo amigo que é. 


Á volta das vacacións do entroido repartiremos clase por clase as diferentes mensaxes que atopamos na caixa. 





15 de feb. de 2023

VISITA DO HEMATOCRÍTICO


O pasado luns, 13 de febreiro, os nenos e as nenas de 1º e 3º de Educación Primaria tiveron a sorte de recibir no salón de actos do centro a visita do HEMATOCRÍTICO, xa que durante este curso académico están a ler algunha das súas obras.


Durante o encontro, o autor explicoulles curiosidades sobre a elaboración das historias que relata neles, respondeulles a múltiples cuestións e dúbidas que tiñan os educandos sobre o contido dos contos e asinoulles os exemplares a cada un deles. 


Segundo as alumnas e os alumnos, foi un momento moi divertido, que non lles importaría volver a repetir nun futuro moi próximo.  Polo tanto, esperamos que para o vindeiro curso teñamos a sorte de volver a recibilo no CEIP San Francisco Xabier.








14 de feb. de 2023

Día da muller e da nena na ciencia

Heddy Lamarr

Con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, o profesor Hugo (da materia de Educación Física) pasouse polas aulas do centro explicando detalles dunha das figuras máis importantes da historia relativas a esta efeméride: a austríaca Hedy Lamarr.

Ademais da súa contribución no cine (sendo unha das actrices máis importantes da historia tras o seu éxito na era dourada de Hollywood), a vienesa con raíces galegas por parte de pai destacou tamén como inventora, pese a súa escasa formación científica. A arte dramática antepúxose aos estudos de enxeñaría, estudando así na prestixiosa escola do produtor cinematográfico Max Reinhardt, que posteriormente faría de Hedwig a protagonista de grandes éxitos cinematográficos, tales como Extas, Sansón y Dalila o Las chicas de Ziegfeld.   

Ademais disto, ofreceu a súa axuda ao exército norteamericano no contexto da Segunda Guerra Mundial, grazas a que dispoñía de información privilexiada sobre o armamento do exército alemán. Tras darse conta do sinxelo que resultaba interceptar as sinais de radio que guiaban os torpedos dos estadounidenses, creou xunto ao seu amigo George Antheil un novo sistema de torpedos teledirixidos, inspirado nas frecuencias que emitían as 88 teclas dun piano, invención que non obtivo no seu momento o recoñecemento que merecía, mais nun futuro os militares apreciaron esta tecnoloxía, ata tal punto que o mesmo método inventado por ela é a base dos sistemas de posicionamento dos satélites, como o GPS, ademais de ser a tecnoloxía precursora do "WiFi" que coñecemos hoxe en día.

Pese a súa turbulenta vida debido aos sucesos persoais que lle aconteceron tras a Segunda Guerra Mundial, a actriz-científica vienesa segue merecendo o seu debido recoñecemento na historia da ciencia. En Austria, celébrase na súa data de nacemento (9 de novembro) o Día do Inventor. No colexio, tamén quixemos darlle cabida cos coloquios de Hugo nas aulas.



13 de feb. de 2023

DÍA DA PAZ

 

Aquí vos deixamos algunha imaxe da celebración que tíñamos pendente. 


Se queredes consultar máis información sobre este día, podedes visitar a páxina web do noso centro.