21 de dec. de 2020

Día Internacional da Solidariedade

Onte, domingo foi o Día Internacional da Solidariedade Humana. para coñecerr máis pulsa na seguinte ligazón:

https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-internacional-solidaridad-humana


Nós, como docentes, temos unha maior responsabilidade se cabe, e por iso esta semana pasada colaboramos co Banco de Alimentos da Coruña na recollida de produtos non perecedeiros grazas a profe Patricia que mantivo a iniciativa de colaboración!



No caso de que non puideses participar, deixámoste o enlace onde podes colaborar cunha pequena aportación económica.


https://www.fesbal.org.es/dona-ahora


Tamén neste día tan importante queremos lembrar a importancia na doazón de sangue, e por iso se podedes colaborar, non o dubidedes. Para máis información: https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx


Aquí tedes un vídeo explicativo do día de hoxe:


Un corto de animación moi interesante:



E por suposto unha selección de libros para traballar a solidaridade:


Kalandraka - Libros para soñar A que sabe a lúa? Superhéroe. Manual de instrucciones - Anaya Infantil y juvenil


Non esquezades que unha boa persoa fáise cada día, non só hoxe. Pero si pode ser un bo día para comezar a ser mellor persoa.

18 de dec. de 2020

Os migrantes

No día de hoxe celebramos o Día Internacional das Persoas Migrantes. Estas persoas están no noso día a día e forman parte da nosa sociedade do pasado, da actual e, probablemente, do noso futuro. Por iso, Elmer quere investiguedes e saibades un pouco máis de migración. Clicade no seguinte enlace para isto:

Día Internacional de las Personas Migrantes - 18/12/2015 Opinión | Diario  La Comarca de Puertollano

E agora un vídeo para que quede mais claro!




E agora uns cantos libros da nosa biblioteca que podedes atopar sobre este tema!






17 de dec. de 2020

Os elfos chegaron ao CEIP San Francisco Xabier!

Como estamos en época de Nadal, unha parella de elfos viñeron visitar aos nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole. Coma a esta cativada encántalles ler e escoitar contos, os elfos fixeron unha paradiña e faláronnos de moitas cousas e contarónnos a historia de Martiño. Queredes ver o noso vídeo? Premede no vídeo e a desfrutar!


Queredes volver a escoitar o conto de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis de Chema Heras? Este é un vídeo moi especial feita polo alumnado de Ceip Coirón-Dena:

16 de dec. de 2020

Os nosos acuarios!

Co noso proxecto sobre A vida submarina, o alumnado de 5º de EI fixeron uns acuarios cheos de peixes, a que son bonitos?


 E agora un conto para navegar por estes mares... Nadarín de Leo Lionni






14 de dec. de 2020

Elmer, de compras!

Despois de tantos días sen saír case a rúa, Elmer foi de compras a mercar un montón de novidades para a nosa biblioteca. A ver se vos gustan!



10 de dec. de 2020

Día Internacional dos Dereitos Humanos e Animais

Este xoves celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos e Animais, na súa Declaración deféndese os dereitos ique ten toda persona como ser humano, independientemente da súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinión política ou de otra índole, a súa orixe, posición económica, nacemento o calquer outra condición. Este ano o tema neste Día d está relacionado coa pandemia de COVID-19 e céntrase na necesidade de reconstruir para mellorar, asegurándose de que os dereitos humanos sexan a base para os esforzos de recuperación. 

Neste día anímavos a ler os seguintes libros que temos na nosa biblioteca:






4 de dec. de 2020

Día da nosa Constitución

O vindeiro día 6 celebraremos o Día da Constitución. Como é domingo e ademáis é festivo, non hai cole pero aínda así Elmer non quería deixar de conmemoralo, posto que na nosa Constitución están os nosos dereitos e deberes como cidadás e cidadáns como o dereito á Educación ou que podemos opinar e ter as nosas propias ideas.

Neste enlace poderedes ver a Constitución con debuxos:


Podedes animarvos a facer o voso debuxo do artigo da Constitución que queirades e deixalo na biblioteca ou subilo a Instagram etiquetando a @elmercubela.


Ademais podedes facer unha versión curta da Constitución en formato libro. Engadimos unha folla coas instruccións do como facer o libro máis un vídeo.

MINI- LIBRO DA CONSTITUCIÓN

INSTRUCCIÓNS:





Animádevos a facelo e coñecer de maneira lúdica os dereitos fundamentais que aparecen na Constitución e sobre todo lembrade o artigo 27! A ver si adiviñades cal é!


E agora un contiño para ler, escribir e pintar!


3 de dec. de 2020

Día Internacional da Discapacidade

Hoxe, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional da Discapacidade e dende a biblioteca queremos falarvos da posibilidade dunha lectura accesible, é dicir, dar a posibilidade de poder ler a todas persoas que queren facelo sen importar se ten unha discapacidade ou non. Por iso, animámovos a coñecer a “lectura doada” que parte dun decálogo que se inicia con:

“ A Lectura Doada permite a igualdade de oportunidades para todos” (se pinchas, ábrese o enlace)



Aproveitamos este día tamén para darlle importancia a que usemos as palabras ou termos de “Diversidade funcional”, en lugar de “discapacidade” ou “minusvalía”, pois estas levan asociado un aspecto un tanto negativo.  E para ilustrar un pouco estas palabras "estranas" de DIVERSIDADE FUNCIONAL, propoñémovos este curto, do que temos o libro na nosa biblioteca:



E así e tal como fai Elmer ás veces, esta vez queremos saber se sodes capaces de realizar estes retos ou os que se vos ocorran: untar unha torrada cos ollos pechados, aprender algún signo básico como bos días en lingua de signos, andar pola casa cos ollos pechados e cun bastón,… Non esquezades subila a Instragram e etiquetar @elmercubela ou enviala ao noso correo: bibliotecaeipsanfrancisco@gmail.com

E para rematar, facemos ao noso Elmer un conto accesible:




1 de dec. de 2020

Chegou o Apalpador ao San Francisco Xabier!

Este ano xa temos connosco ao Apalpador! Durante unhas semanas estará na nosa biblioteca compartindo con Elmer lecturas, castañas e algunha que outra anécdota! 

Podedes sacarvos algunha foto, se así o desexades! Tamén tedes aquí a carta para imprimir e poderlle pedir algún libro que vos apeteza ler! Pero, lémbrade! as cartas recolleranse do buzón (que estará na entrada da biblioteca) o día 10 de Decembro. 



E agora unha canción de Malvela adicada ao Apalpador, con ilustracións do conto do "Apalpador" de Xoán G.

<div>Iconos diseñados por <a href="https://www.flaticon.es/autores/ddara" title="dDara">dDara</a> from <a href="https://www.flaticon.es/" title="Flaticon">www.flaticon.es</a></div>