Amosando publicacións coa etiqueta xornal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xornal. Amosar todas as publicacións

8 de abr. de 2022

PUBLICACIÓN: A VOZ DE ELMER

 Como todos os anos, Elmer publica coa axuda dos seus reporteiros e reoprteiras, un xornal con noticias sobre o cole e a nosa contorna.

Temos de todo, nacional, local, chistes, pasatempos, noticias do cole... un traballo fantástico! 

Esperamos que o desfrutedes rapaces!

A VOZ DE ELMER

28 de feb. de 2020

VISITA DE ANA TORRES JACK

Convidamos a Ana Torres Jack a visitar e falar connosco ao noso cole. Foi xenial!! Estivemos charlando con ela acerca das nosas inquedanzas, sobre o seu camiño a seguir ata chegar a escribir os artigos, que tanto nos gustan, na Voz de Galicia e ao seu traballo coma orientadora. Incríble!! Esperamos que volva a vir!


19 de feb. de 2020

EN RIAZOR, SOMOS XORNALISTAS

O alumnado de 6ºEP visitou o estadio de Riazor vendo as súas instalación e informándose de todos aqueles aspectos relacionados co equipo do R.C. Deportivo. Ademais, estiveron cun xornalista da Opinión A Coruña que lles explicou a historia e transformación do clube e do estadio. Tamén, tiveron a gran oportunidade de estar e facer unha pequena entrevista, coma verdadeiras e verdadeiros xornalistas, a dúas xogadoras do Deportivo.  Desta forma, aprenderon as dificultades e obstáculos que se atopan as xogadoras femininas por ser mulleres, do desequilibrio existente entre sexos, da necesidade de igualdade, dos valores de compañeirismo, solidaridade... 

https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/deportes/valoresbranquiazuis/2020-02-19-195252-escolares-ceip-francisco-javier-visitan-riazor.html



22 de xan. de 2020

A VOZ DE GALICIA... UN GRAN XORNAL

Visitamos a Voz de Galicia para saber cómo se facían os xornais desde o comezo ata a súa distribución. Vimos como traballaban os periodistas nos seus computadores, como se imprimían, e incluso onde se gardaba o papel! Foi realmente interesante!