Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións

5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Elmer está moi ledo porque hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. A pena é que soamente dure un día, porque deberíamos ser conscientes do dano que lle estamos a facer ao medioambiente. Por iso, Elmer pregúntase a miúdo: Se os homes e as mulleres somos as criaturas máis intelixentes que pisaron a terra, como é posible que esteamos destruíndo este planeta?
Vexamos este vídeo que fala de xuventude, de esperanza, de soños,...de facer algo para salvar o planeta Terra:



Agora un conto: El don del mar de Kate Banks. 



E para rematar e ver o valor que ten o noso planeta e que debemos coidalo, mirade con atención estas fotos tan espectaculares:

12 de abr. de 2020

E AGORA... UNHA DE MANUALIDADES


Xa coñecedes que Elmer, a nosa mascota, ten publicados unha morea de contos: Elmer e Wilbur, Elmer e o arco da vella, Elmer sae de paseo, Elmer e o avó Eldo... Pero o que seguro que non sabedes é que ao noso elefantiño encántalle facer unha manualidades cada vez que le un libro. Estas son algunhas das que fixo Elmer:

Proyecto: La Pequeña Oruga Glotona. – El Alma de mi Aula


Cuento y Manualidad – Talleres varios. (Con Claudia y Raúl ...
   

Esta semana, Elmer propóñevos que fagades o mesmo ca él: Escollede un libro (pode ser de calquer tipo: banda deseñada, poesía, manga, conto infantil...). Ese libro debe ser un que teñades na casa, un dos que están para descargar ou ler online, un audioconto do blog ...e que fagades unha manualidade sobre el. Despois sacádeslle unha foto como as de Elmer e enviádela ao correo da biblio: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE AO PODER!!!

Data límite de envío: 18 de abril incluído.

22 de xan. de 2020

A VOZ DE GALICIA... UN GRAN XORNAL

Visitamos a Voz de Galicia para saber cómo se facían os xornais desde o comezo ata a súa distribución. Vimos como traballaban os periodistas nos seus computadores, como se imprimían, e incluso onde se gardaba o papel! Foi realmente interesante!


21 de xan. de 2020

BONILLA Á VISTA!

As nenas e nenos de 2º de EP fomos ata Arteixo a visitar a fábrica de Bonilla. Vimos todo o proceso industrial para facer as famosas patacas fritas. Puidemos observar toda a maquinaria, a cadea industrial e incluxo xogar co almidón, parecía xabón!
Pasámolo moi ben!


23 de nov. de 2019

UN ROBOT, POR FAVOR

A rapazada de 6º de EP realizou un obradoiro de robótica na Fundación Barrié para intentar fomentar o seu interese pola tecnoloxía e programación. Alí aprenderon a programar uns pequenos robots para que fixeran determinadas cousas: andar cara unha dirección, poñer música, cambiar de iluminación...
Foi unha experiencia incríble! Seguro que desta sae algún enxeñeiro ou enxeñeira!


15 de nov. de 2019

OBRADOIRO IMPRESIÓN 3D

O alumnado de 5º acercouse á Fundación Barrié para aprender acerca do deseño e modelado de pezas en 3 dimensións. Para iso, viron como funcionaban as impresoras 3D e realizaron actividades de deseño e impresión dun cohete espacial. Aquí están as nosas fotos!