Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Amosar todas as publicacións

2 de abr. de 2021

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


Hoxe,  Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos para nenos e nenas e, entre os que destacan, O parrulo feo, O soldadiño de chumbo e A sereíña. É un dos dez autores máis traducidos do mundo.

Un pequeno vídeo que conmemora este día:


E agora, dous dos nosos traballos deste curso que lle adicamos a este día:

"O mundo do mar" , Banda deseñada.

"Os nosos contos da vida mariña", Relatos curtos.











10 de abr. de 2020

HOMENAXE A ANDERSEN

Estas son as vosas aportacións á proposta que vos fixo Elmer. Pero antes de nada dicirvos:



E agora velaquí o voso vídeo modificado debido a algunhas aportacións fóra do prazo:


2 de abr. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe, día 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo deste día é despertar o interese e o amor polos libros e a lectura das nenas e nenos e conseguir que adquiran o hábito lector.

Entre os libros que podamops atopar de Andersen están:  
Hans Christian Andersen: A New Life (English Edition) eBook ...O parruliño feo
Pulgarciña
A Sereíña
O soldadiño de chumbo
A Raíña das Neves
A traxe do emperador 
A princesa e o chícharo 
A vendedora de mistos
Os zapatos vermellos
Entre outros


Por iso, queremos propoñerte unha actividade:
Que escollas o conto de Andersen que mais che gusta e fagas un debuxo del. Non te esquezas de poñerlle o título e o teu nome. Faille unha foto ou escanea a túa obra de arte e envíala a:
              bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

Data de entrega ata o día 8 de abril.