Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións

14 de xuño de 2021

Lingua de signos

A lingua de signos é a lingua natural das persoas xordas. É unha lingua de carácter visual, xestual e espacial cuha gramática propia que reúne todas as características e cumpre as mismas funcións que calquera outra lingua.

Non existe unha única lingua de signos a nivel universal; igual que sucede cas linguas orais, cada país ten unha ou varias linguas de signos que van evolucionando nas súas comunidades lingüísticas. En España existe a lingua de signos española e a lingua de signos catalana.

O día 14 de xuño celébrase o Dia Nacional das Linguas de Signos Españolas. Esta conmemoración ten por obxectivo compartir e promover a difusión das linguas de signos e tamén impulsar medidas para normalizar o seu uso máis alá dos ámbitos domésticos, educativos e sociosanitarios. Este día é unha ocasión para recordar o papel fundamental que xogan para a transmisión de ideas, a relación persoal e social e o intercambio de coñecemento.


Para conmemorar esta data a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) convocu a IV edición do concurso escolar de cancións en lingua de signos española “Cantamos con las manos”. As cancións finalistas son as seguintes:










4 de xuño de 2021

Día Mundial do Medioambiente

Mañá, amigas e amigos de Elmer, Feliz día Mundial do Medio Ambiente! Como cada 5 de xuño, dende hai 47 anos, celebramos este día en todo o Planeta para lembrarlles aos seus habitantes a importancia de coidar da saúde da Terra. 

Ademais, hoxe da comezo unha conta atrás moi importante! Hoxe iniciase o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauracións dos Ecosistemas. O obxectivo é recuperar os ecosistemas en 2030, agora pareceravos moi lonxe, pero dez anos pasan nun suspiro!  É a nosa última oportunidade para corrixir o rumbo: previr a catástrofe climática, deter a contaminación e frear a perda de diversidade. 



É verdade que non podemos volver atrás no tempo, nin desfacer moitas das cousas que xa fixemos mal, pero podemos cambiar moitas cousas: podemos cultivar árbores, facer máis verdes as nosas cidades, repoboar os nosos xardíns con especies silvestres, cambiar a nosa dieta (non empregando por exemplo alimentos que estén envasados en plásticos innecesarios, traer auga ao cole en botellas reciclables...), axudar a limpar praias e ríos… a lista de tarefas que podemos facer é case infinita. Se tes algunha idea, non dubides en compartila con nós, no apartado de comentarios! 



E para que vexades o importante que é, visionade este curto titulado "Equilibrium".



Lembra que as persoas e o Planeta só poderemos estar sans na medida en que o estean os ecosistemas dos que todos dependemos. Xuntos poderemos ser a #XeraciónRestauración? Elmer pensa que si! 



13 de maio de 2021

Matemáticas, matemáticas y más matemáticas

Esta semana estamos a celebrar no noso cole a Semana Matemática! Dentro duns días, publicaremos algunhas producións matemáticas do noso alumnado pero antes diso, atréveste a uns desafíos matemáticos?






Piratas!

O alumnado de 6º B  pescudou e fixo un pequeno traballo dos piratas que surcaron os mares. Queres aprender sobre piratas reais?

2 de maio de 2021

Todos contra el acoso escolar!

Hoxe 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o “Bullying” ou Acoso Escolar.

Bullying


Esta data foi establecida por asociacións de pais e  diversas organizacións non gubernamentais para concienciar sobre os riscos do acoso escolar e os métodos para evitar a violencia nos centros escolares, e para establecer un protocolo de actuación ante casos deste tipo. A causa  represéntase cun lazo de cor púrpura.

Mierda de Bullying! - Paperblog

O “bullying” constitúeno calquera forma de maltrato verbal ou físico producido de forma repetida e ao longo dun tempo prolongado.

Acabar co “bullying” é unha tarea que nos compete a todos.

A continuación, deixámosvos un corto que, seguro, vos fará reflexionar sobre este tema.