Amosando publicacións coa etiqueta Produción propia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Produción propia. Amosar todas as publicacións

14 de maio de 2021

O Xornal de Elmer

Co gallo da Semana da Prensa e do Mes do Libros, a rapazada do noso cole púxose na pel dos reporteiros e periodistas mais atrevidos, buscando as noticias máis espectaculares. E aquí tedes o seu traballo:

 O xornal de Elmer!!!                         A desfrutalo!!

13 de maio de 2021

Piratas!

O alumnado de 6º B  pescudou e fixo un pequeno traballo dos piratas que surcaron os mares. Queres aprender sobre piratas reais?

7 de maio de 2021

Peixes Serra e outros

O alumnado de 5ºA foron "escultores e escultoras", por un día, ao Jorge Peteiro. Fixeron distintos tipos de esculturas con plastilina, endurecidas con verniz. Fixeron un montón de animais e seres fantásticos baseándose na peza "Peixe Serra" deste artista galego que está na entrada do Aquarium da Coruña. Quedaron fantásticas!









6 de maio de 2021

Traballo de investigación: A augamar

Dous alumnos de 4ºA, Raúl Suárez e Néstor Pérez, estiveron a investigar sobre a augamar. Este é o seu resultado, que gran traballo!

3 de maio de 2021

Videoforum no Mes do Libro

Nestas derradeiras semanas do mes de Abril, estivemos a facer diversos videoforums, tanto en Infantil coma en Primaria. Limos o libro o un anaco del, vimos a película e traballamos e comentamos a obra. Houbo obras literarias para todos os gustos: O gato con botas, James e o melocotón xigante, Astérix e Obélix, Os tres porquiños...

Eiquí unha pequena mostra do que fixeron o noso alumnado:


30 de abr. de 2021

Homenaxeando a Peteiro

O alumnado de 6º A de E.I. estivo a homenaxear a Jorge Peteiro, traballando as súas esculturas e pinturas. Fixádevos que ben o fixeron!



23 de abr. de 2021

Mural de Peteiro

O alumnado de 3º de EP está sendo totalmente creativo, fixádevos que murais fixeron nas distintas aulas a través dunha obra de Jorge Peteiro!






20 de abr. de 2021

Rico, rico

O alumnado de 5º de EP preparou unhas ricas receitas con produtos do mar. Queres ser "cocinillas" coma Escarlatina, a cociñeira defunta? Prepárate, aquí tes onde escoller!

15 de abr. de 2021

Experimentando na clase

Aproveitando o tema de Ciencias que estivemos a dar, fixemos uns cantos experimentos probando a viscosidade dos fluídos, a imantación, as distintas mesturas e a filtración. Foi todo un éxito!

Entrevista ao Hematocrítico

Despois de ler varios dos seus libros tanto de narrativa coma de banda deseñada, o alumnado de 5º de EP do noso centro entrevistou ao Hematocrítico, (actividade proposta dentro do Mes do Libro) de forma virtual polo protocolo COVID. Velaquí está a súa entrevista! Esperamos que a próxima poida ser presencial! Grazas!!

9 de abr. de 2021

JORGE PETEIRO, un artisto galego namorado do mar

Durante o segundo trimestre, o noso cole estivo a traballar as obras de Jorge Peteiro relacionadas co mar. Para iso, introducímonos na súa biografía e obras deste artista galego, a través destes documentos. Iremos colgando no blog a nosa visión artística das súas obras.

8 de abr. de 2021

2 de abr. de 2021

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


Hoxe,  Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos para nenos e nenas e, entre os que destacan, O parrulo feo, O soldadiño de chumbo e A sereíña. É un dos dez autores máis traducidos do mundo.

Un pequeno vídeo que conmemora este día:


E agora, dous dos nosos traballos deste curso que lle adicamos a este día:

"O mundo do mar" , Banda deseñada.

"Os nosos contos da vida mariña", Relatos curtos.











25 de mar. de 2021

Explosión de refresco!

Lucas enviounos este experimento tan explosivo. Tede coidado se o repetides! Fixádevos nos pasos e o que ocorre cando misturamos distintos elementos! 

  










18 de mar. de 2021

O noso corpo

Como non imos investigar sobre o noso propio corpo? Os humanos somos os seres vivos máis complexos, como non imos pescudar sobre nós mesmos?

11 de mar. de 2021

4 de mar. de 2021

O espazo... ese gran descoñecido!

Aproveitando o tema do Universo, o alumnado de 5º investigou na clase como era que no espazo non podía haber lume... un experimento moi sinxelo pero moi clarificador. Así, dous alumnos aproveitaron o tema para realizar unha maqueta sobre os movementos de rotación e traslación do noso planeta. Mirade!


3 de mar. de 2021

Mensaje del mar

Versión do alumnado de 5º de EP da obra "Mensaje del Mar" de Maruxa Mallo, empregando materiais reciclables que, a miúdo, poden atoparse nas nosas praias e costas: