30 de out. de 2019

O MAGOSTO

Despois do que traballamos polo Magosto, están aquí dous vídeos que recollen todas as cousas que fixemos. Comede unhas castañas e desfrutádeos!






26 de out. de 2019

OS VOSOS MARCAPÁXINAS DÍA DAS BE

Unha das propostas de Elmer era facer un marcapáxinas para podelo empregar despois nos libros da Biblioteca. Estas son algunhas das vosas creacións:



FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

Neste mes de Outubro, despois de ter o periodo de adaptación do alumnado, fixemos a realización da formación de usuarios no noso centro, tanto para o profesorado como alumnado. Estas foron as presentacións que empregramos:

Para o alumnado (a partir de 3º de EP) e profesorado:


Leer más publicaciones en Calaméo


Para  Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria:

Presentación Biblioteca EI, 1º E 2º EP 2019

E como non podía ser de outra forma, tamén presentamos o noso blog e  páxina web do centro:

21 de out. de 2019

APERTURA DA BIBLIOTECA!

Elmer  abre as portas da nosa biblioteca na Semana das Bibliotecas Escolares, o xoves é o Día das BE, deseñando unha serie de actividades:


Leer más publicaciones en Calaméo

Cos seguintes horarios tanto de uso exclusivo da Biblioteca coma dos compoñentes do Equipo de Biblioteca Escolar para que poidades contar con eles cando vaiades!