30 de xan. de 2021

Somos ilustrador@s creativ@s

Coma Castelao e Lolita Díaz Baliño, somos grandes ilustradoras e ilustradores! A partir dun garabato dado, que cousas tan fantásticas saíron!



Día da Ilustración

Hoxe, Día da Ilustración por ser o día en que naceu o, ademáis de ensaísta e político, o debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A nosa biblioteca súmase, dun xeito modesto, á iniciativa promovida pola Consellería de Cultura de Galicia xunto a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) para destacar a figura da importante ilustradora Lolita Díaz Baliño, intentando, a súa vez, remarcar o valor das mulleres ilustradoras galegas.





QUEN FOI LOLITA DÍAZ BALIÑO?    QUERES SER COMA ELA?

Lolita Díaz Baliño (1905-1963) foi unha coruñesa clave na nosa arte no primeiro tercio do século XX. Naceu  nunha familia ligada ao mundo da arte, o que lle permitiría dar os primeiros pasos. O seu irmán Camilo tamén destacou . Desde moi moza destacou na fotografía, para alén de na pintura.
En 1926 intégrase na Exposición de arte galega de Santiago de Compostela. O seu estilo nestes tempos aproxímase ao art déco sobrio e elegante, acorde coa moda do momento. Adoita representar mulleres modernas, decididas e elegantes con  figuras estilizadas. Tamén deseñou capas de libros ou carteis de festas, mais estes traballos son difíciles de atopar. 

A súa obra pictórica tampouco é de acceso doado. Os debuxos e cadros máis temperáns estiveron moi relacionados co seu irmán. Díaz Baliño destaca como debuxante e acuarelista, técnica na que se identifica cun detallismo colorista, representando mundos irreais como As fadas do caracol.

En 1938, convértese na primeira muller, xunto a María Corredoira, en formar parte da Real Academia de Belas Artes.  Tamén foi das primeiras profesoras da escola de Artes e Oficios. A docenciaf oi a súa actividade principal, sendo alumnas dela pintoras como María Antonia Dans ou María Elena Gago.

Con todo, a súa pegada é para a AGPI a dunha "artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época".



29 de xan. de 2021

Día da Paz

Este venres estamos a celebrar o Día da Paz no noso cole, aínda que o día propio é este domingo. Como estamos con moitas restriccións e para cumprir o protocolo de prevención, este curso decidiuse realizar un logo da paz que simbolizara todos os valores deste día e que representara ao noso cole. Este é (un tesouro coma os dos piratas...):


E agora, teremos que saber o porqué de celebrar este día! 

POR QUE CELÉBRASE O 30 DE XANEIRO O “DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA” ?

Esta xornada celébrase desde 1964 e está recoñecida pola ONU desde 1993. Nesta data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú.  O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia,  o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os coles convírtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

E agora uns cantos contos para distintos niveis:

Para os pequenos (prelectores e iniciados na lectura)
El hombrecillo de papel:


El árbol del mundo:

Para os maiores (lectores autónomos):
El significado de paz


E soamente desexarvos hoxe e o resto dos días do ano:

Amor universal, Non-violencia e Paz”

26 de xan. de 2021

Día Mundial de la Educación Ambiental

 Hoxe, 26 de xaneiro, celebramos o Día Mundial da Educación Ambiental, unha xornada na que reflexionar especialmente sobre un tema moi importante que debemos ter presente todos os días: o coidado do medio ambiente.

Cada un de nós ten un papel fundamental á hora de protexer a nosa contorna e seguro que todos e todas vós sodes grandes aliados no coidado do medio ambiente. Como? Pois moi sinxelo: separando o lixo, reciclando e reutilizando produtos, pechando a billa da auga e apagando as luces cando non as utilizamos, movéndonos a pé ou en transporte público na nosa cidade e protexendo a flora e a fauna que temos preto.

Dende a biblioteca do cole, recomendámosvos unha selección de lecturas moi interesantes para non deixar de aprender sobre todo o que podemos facer para ser respectuosos e amables co noso planeta e coidalo moito para que el poida seguir coidando de nós!


21 de xan. de 2021

Grandes chefs

Durante este Nadal, o alumnado do noso cole recolleu e fixo distintas receitas de cociña. 
A verdade é que temos grandes chefs! Empezaremos a ensinar algunhas receitas de Educación Infantil:

20 de xan. de 2021

Maruxa Mallo

Durante o primeiro trimestre, estivemos a traballar a persoa de Maruxa Mallo e as súas obras, dentro do noso proxecto da Vida Submarina. Por iso, centrámonos naqueles cadros relacionados con este tema. Sen embargo, para comezar, empezamos con algunha das súas obras. Estos son algúns dos nosos resultados. Estade atentos e atentas, que haberá moito mais!

3

18 de xan. de 2021

Pequena Enciclopedia de Obxectos Máxicos

Durante o Samaín, o alumnado de 5º de EP estivo a facer unha Pequena Enciclopedia de Obxectos Máxicos. Aínda que a publicación é bastante tardía ao momento especial do mes de Novembro, Elmer quere que teñades coidado con estes obxectos así que fixádevos por se vos atopades con algún! Non vaia a ser! Por se acaso, non digades as palabras máxicas!

14 de xan. de 2021

Mirando ao mar!

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estiveron traballando o libro "La Ola" de Suzzy Lee. Como a protagonista, estiveron un día na praia. Mirade que ben debuxaron e pintaron o mar!

13 de xan. de 2021

Co frío... un caldiño de lendas!

Non hai nada como estar preto da estufa ou do lume e contar arredor del lendas e contos vellos! Por iso, o alumnado de 6º B estivo a recoller antigas lendas galegas e eiquí están!



11 de xan. de 2021

Chegou o Apalpador ao noso cole!

Como outros anos, o Apalpador veunos visitar e deixounos uns cantos agasallos. Queredes velos? Pero antes, mirade todas as cartas que escribimos!

E agora os nosos agasallos e cartas que nos escribiu o Apalpador!