25 de maio de 2021

Recollemos as caixas do mar!

Durante varios meses estivemos traballando coas caixas do mar, caixas con fondos diversos que trataban  temas relacionados coa mar. Foron moi interesantes!

24 de maio de 2021

18 de maio de 2021

Que pasa no museo?

Hoxe é o Día Internacional dos Museos. Este ano o seu lema é "O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar" invitando a todas as persoas e entidades a crear, imaxinar e compartir prácticas de creación de valor.

Tendo en conta o noso proxecto deste curso, propoñémovos facer unha visita virtual ao Museo do Mar:


https://museos.xunta.gal/es/visitas-3d-museos


E tamén visitar a páxina do Museo Nacional de Arqueología Subacuática.

 http://www.culturaydeporte.gob.es/mnarqua/home.html





17 de maio de 2021

Mistura

Un día como hoxe, celébranse varias conmemoracións. Unha delas é o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información coa finalidade de sensibilizar á comunidade acerca do uso de Internet e das TIC, para reducir a brecha dixital.




Tamén, conmemórase o Día Internacional contra discriminación por motivos de identidade de xénero ou de orientación sexual. Desde a escola, debemos promover os valores de respeto, non discriminación e tolerancia cara todas as persoas.



Asemade, o día  17 celébrase o Día Mundial da Reciclaxe co obxectivo de concienciar á sociedade acerca da importancia que ten tratar os refugallos como corresponden, para no contribuír ao cambio climático, e así protexer o medio ambiente e, como non, os nosos mares e océanos.

E agora un conto sobre a reciclaxe:



14 de maio de 2021

O mar segundo Urbano Lugrís

Neste tercer trimestre, estamos a traballar Urbano Lugrís, coma pintor galego que tiña moi presente nas súas obras o mar.  Para saber un pouco mais deste autor, clica na imaxe:

E agora mirade a obra de Urbano Lugrís polo alumnado de 6º de EI:

O Xornal de Elmer

Co gallo da Semana da Prensa e do Mes do Libros, a rapazada do noso cole púxose na pel dos reporteiros e periodistas mais atrevidos, buscando as noticias máis espectaculares. E aquí tedes o seu traballo:

 O xornal de Elmer!!!                         A desfrutalo!!

LETRAS GALEGAS

Este luns celebraremos o Día das Letras Galegas 2021, homenaxeando a Xela Arias. Eiquí un dos poemas adicados ao seu fillo no seu libro "Darío a diario" e lido por el mesmo:


E agora unha canción sobre outro dos seus poemas deste mesmo libro "Hasme oír" de A banda da Loba:


Para saber un pouco mais desta autora,escollimos estas actividades:

13 de maio de 2021

Matemáticas, matemáticas y más matemáticas

Esta semana estamos a celebrar no noso cole a Semana Matemática! Dentro duns días, publicaremos algunhas producións matemáticas do noso alumnado pero antes diso, atréveste a uns desafíos matemáticos?






Piratas!

O alumnado de 6º B  pescudou e fixo un pequeno traballo dos piratas que surcaron os mares. Queres aprender sobre piratas reais?

7 de maio de 2021

Peixes Serra e outros

O alumnado de 5ºA foron "escultores e escultoras", por un día, ao Jorge Peteiro. Fixeron distintos tipos de esculturas con plastilina, endurecidas con verniz. Fixeron un montón de animais e seres fantásticos baseándose na peza "Peixe Serra" deste artista galego que está na entrada do Aquarium da Coruña. Quedaron fantásticas!









6 de maio de 2021

Traballo de investigación: A augamar

Dous alumnos de 4ºA, Raúl Suárez e Néstor Pérez, estiveron a investigar sobre a augamar. Este é o seu resultado, que gran traballo!

3 de maio de 2021

Videoforum no Mes do Libro

Nestas derradeiras semanas do mes de Abril, estivemos a facer diversos videoforums, tanto en Infantil coma en Primaria. Limos o libro o un anaco del, vimos a película e traballamos e comentamos a obra. Houbo obras literarias para todos os gustos: O gato con botas, James e o melocotón xigante, Astérix e Obélix, Os tres porquiños...

Eiquí unha pequena mostra do que fixeron o noso alumnado:


2 de maio de 2021

Todos contra el acoso escolar!

Hoxe 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o “Bullying” ou Acoso Escolar.

Bullying


Esta data foi establecida por asociacións de pais e  diversas organizacións non gubernamentais para concienciar sobre os riscos do acoso escolar e os métodos para evitar a violencia nos centros escolares, e para establecer un protocolo de actuación ante casos deste tipo. A causa  represéntase cun lazo de cor púrpura.

Mierda de Bullying! - Paperblog

O “bullying” constitúeno calquera forma de maltrato verbal ou físico producido de forma repetida e ao longo dun tempo prolongado.

Acabar co “bullying” é unha tarea que nos compete a todos.

A continuación, deixámosvos un corto que, seguro, vos fará reflexionar sobre este tema.