Amosando publicacións coa etiqueta coeducación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coeducación. Amosar todas as publicacións

11 de feb. de 2021

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Neste día tan especial, comezamos unha nova sección relacionada con esta efeméride. Dende o inicio do curso, propoñéronse levar a cabo diversos experimentos, investigacións, traballos...  para poñernos na pel dun científico e dunha científica.. Todos os xoves, publicaranse os distintos vídeos destas probas, pescudas e tarefas. Anímaste?


Ademais, o Equipo de Biblioteca e Elmer propuxeron unha serie de actividades moi interesantes. A ver que sae! Tamén o noso profe Hugo visitou as clases de 5º e 6º de Educación Primaria para contarnos a historia de Hedy Lamarr, unha muller moi especial que foi invisible durante moito tempo porque non se lle recoñecían os seus logros! 

E para que iso non ocorra, imos a presentarvos a algunhas mulleres que non foron recoñecidas na súa xusta medida e que deben ocupar o lugar que lles corresponde! 


E por se queres ler un pouco sobre  mulleres que deixaron a súa pegada e que cambiaron o mundo, aquí tedes algúns dos libros que temos na nosa biblioteca e que te están esperando!




16 de out. de 2020

Día Mundial de la Alimentación

Hoxe é un día importante debido ás circunstancias que estamos a vivir. A causa do COVID-19, hai familias que non teñen medios para subsistir e, polo tanto, que non poden alimentarse axeitadamente. Elmer quérevos lembrar a importancia dunha boa alimentación, san e equilibrada. Ademais de ter en conta que FAME CERO é un dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) como o da vida submarina, polo que hai que prestarlle atención.



E agora, uns vídeos para pensar un anaco:




E agora unha infografía que pode server para traballar na aula cos vosos profes!








11 de out. de 2020

As nenas, de celebración

Este domingo celébrase o Día Internacional das Nenas, por iso Elmer quere realizar este pequeno homenaxe a tódalas nenas do mundo que queren cambiar o mundo!


Así, Elmer tenvos preparadas unhas cantas sorpresiñas.
Uns vídeos para pensar e reflexionar.




E un contiño:









2 de out. de 2020

Non á violencia!

Elmer quere desfrutar do Día Internacional da Non Violencia, polo nacemento de Mahatma Gandhi, e do Día Internacional do Sorriso. Por iso,  non hai nada coma intercambiar un sorriso por unha palabra agresiva, un sorriso por un mal xesto, un sorriso por un golpe...

Así que Elmer proponvos  ver este vídeo e arrancarvos un gran sorriso:



E agora, un gran conto sobre un tipo concreto de violencia:






21 de maio de 2020

XA ESTÁN AQUÍ OS NOSOS INVESTIGADORES E INVESTIGADORAS!

Días pasados, Elmer fíxovos a proposición de ser pequenas investigadoras e investigadores. Aquí está una pequena mostra das nosas futuras promesas!

 

1 de maio de 2020

DÍAS DE EXPERIMENTOS

Unha fin de semana coma esta celebramos o Día da Ciencia na Rúa e, estando na situación na que estamos, non queremos deixar de pasar esta oportunidade. Imos a ensinarvos un pequeno experimento que fixeron o alumnado de 4 anos (puxeron a lingua de cor lila!):




Por iso, Elmer quérevos propoñer se podedes facer de pequenos investigadores e facer pequenos experimentos (algúns coa axuda dalgún adulto, non o esquezades!). Podedes mandar o voso vídeo a:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

E para axudarvos un pouco, Elmer e o Equipo de Biblioteca déixavos aquí uns cantos recursos que poidedes aproveitar:


Leer más publicaciones en Calaméo


Ademáis, queremos lembrar que onte foi  o Día Internacional do Jazz , e no estado de confinamento que estamos, Elmer e o Equipo de Biblioteca pensan que a música, e en especial o jazz, ofrece a oportunidade de que as persoas reconectemos en medio destes días estranos e de incertidumbre. Por iso, Elmer escolleu esta peza. Esperamos que vos guste! 


26 de abr. de 2020

SEGUIMOS DE FESTA

Hoxe, non só celebramos a Semana do Libro senón tamén o primeiro día en que podemos dar un paseo despois de tantos días!. Lembrade a proposta que vos fixo Elmer onte sobre a saída!
De todas formas, Elmer xa sabe que tan só podedes saír unha horiña ao día, por iso vos da distintas opcións para que escollades:

Un montón de libros a escoller para distintas idades da Editorial Pintar-Pintar:

http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj

Unha historia feita con libros de Miguel Ángel Alonso Diz:



E o conto de Fabio, un can que non se comporta como tal. Max, o seu dono, está moi preocupado. Ata que unha noite descubre o seu segredo...
Ni guau ni miau, de Blanca Lacasa


ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!

3 de abr. de 2020

BOLETÍNS DE PRIMAVEIRA

E como comezan as vacacións de Semana Santa, Elmer fai as seguintes recomendacións de lectura por niveis. Clica na que che interese. Esperamos que vos gusten! 😃