23 de dec. de 2019

BO NADAL!

Elmer quere desexarvos un Feliz Nadal e un próspero Aninovo 2020 coa seguinte postal de Nadal dun dos alumnos do cole!  



21 de dec. de 2019

SEMANA DA FAMILIA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Elmer propuxo unha actividade ás familias, foi moi enriquecedora. Tratábase de ler un texto ao alumnado de Ed. Infantil relacionado coa integración, a igualdade, a atención á diversidade e/ou a inclusión. Participaron moitas nais e pais!!

FOI TODA UNHA EXPERIENCIA!

19 de dec. de 2019

RECOMENDACIÓNS INVERNAIS

Estas son as recomendacións de libros de Elmer para estas vacacións de Nadal. Pincha no enlace que che interese.

  • Recomendacións para as nenas e nenos de Educación Infantil.

  • Recomendacións para as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

  • Recomendacións para as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

2 de dec. de 2019

SEMANA DAS MULLERES CIENTÍFICAS GALEGAS

Co gallo do Día Mundial de la Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento (10 de Novembro) e Novembro como mes da Ciencia en galego, o noso cole quere dar un maior protagonismo as mulleres científicas galegas. Por iso, traballamos por niveis as distintas científicas galegas, pescudando acerca da súa vida, estudios e investigacións. Deste modo, fixemos o segundo tomo de Elmer descubre... as mulleres científicas galegas.

Aquí temos a nosa exposición dos traballos:

O  noso primer volumen de Elmer descubre... as mulleres científicas galegas: