30 de abr. de 2021

Homenaxeando a Peteiro

O alumnado de 6º A de E.I. estivo a homenaxear a Jorge Peteiro, traballando as súas esculturas e pinturas. Fixádevos que ben o fixeron!



27 de abr. de 2021

Mes do Libro, unha de contacontos

Aínda que estamos nunha pandemia, non quixemos deixar escapar a oportunidade de poder desfrutar con Sabela Gago, unha contacontos que nos acompañou e contou a historia do O ovo máis bonito do mundo. Tivemos moito coidado para poder ter seguridade e non esquecer o protocolo Anticovid.  Pasámolo xenial!! 


 
E agora uns pequenos anaquiños do que puidemos desfrutar!

23 de abr. de 2021

Día do Libro!!

O 23 de Abril conmemoramos unha data na que poder rendirlle unha homenaxe universal tanto aos libros como aos autores. Trátase dunha celebración internacional co fin de incentivar a lectura, a protección da propiedade  intelectual e o fomento pola industria editorial.


Esta conmemoración xurde durante unha conferencia celebrada na UNESCO, en París, no ano 1995. Foi nese momento cando se tomou a decisión de render esta homenaxe o 23 de Abril, xa que representa un día simbólico para a literatura mundial, porque coincidiu coa data do falecemento de tres grandes escritores universais: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Pinchando nas imaxes poderás ampliar a información sobre estes autores:


Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro:


Díptico Día do LIBRO


Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas!

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!


Mural de Peteiro

O alumnado de 3º de EP está sendo totalmente creativo, fixádevos que murais fixeron nas distintas aulas a través dunha obra de Jorge Peteiro!






22 de abr. de 2021

Conta, que contaches!

Durante esta semana, onde celebramos o Día do Libro, o noso mestre de Educación Física, Hugo, ao alumnado de 5º e 6º de EP, contounos uns contos moi interesantes que nos fixeron pensar e reflexionar acerca dos valores de igualdade, tolerancia, respecto... Desfrutámolo moito!



20 de abr. de 2021

Rico, rico

O alumnado de 5º de EP preparou unhas ricas receitas con produtos do mar. Queres ser "cocinillas" coma Escarlatina, a cociñeira defunta? Prepárate, aquí tes onde escoller!

15 de abr. de 2021

Arte, Arte e mais Arte!

Un día coma hoxe, a UNESCO proclamou a celebración do Día Mundial da Arte o 15 de abril para conmemorar así o nacemento dun dos artistas máis prolíficos e polifacéticos da humanidade: Leonardo da Vinci, que naceu en Vinci (Florencia) o 15 de abril de 1452.

Amo a aquellos capaces de sonreír en mitad de los problemas

Leonardo da Vinci

A conmemoración do Día Mundial da Arte pretende fomentar a toma de conciencia da actividade creativa en todo o mundo, nutrindo a creatividade, a innovación e a diversidade cultural de todos os pobos do mundo, e desempeñando un rol importante no intercambio de coñecementos e no fomento do interese e o diálogo. Deste xeito, ao fomentar o desenvolvemento da arte tamén se fomentan os medios para poder lograr un mundo libre e pacífico.


Hoxe é un día para fomentar a nosa creatividade artística: pintar, modelar, bailar, cantar… ¡Disfrutemos da arte en cualquera das modalidades que nos ofrece!



Uns cantos enlaces de interese:




Experimentando na clase

Aproveitando o tema de Ciencias que estivemos a dar, fixemos uns cantos experimentos probando a viscosidade dos fluídos, a imantación, as distintas mesturas e a filtración. Foi todo un éxito!

Entrevista ao Hematocrítico

Despois de ler varios dos seus libros tanto de narrativa coma de banda deseñada, o alumnado de 5º de EP do noso centro entrevistou ao Hematocrítico, (actividade proposta dentro do Mes do Libro) de forma virtual polo protocolo COVID. Velaquí está a súa entrevista! Esperamos que a próxima poida ser presencial! Grazas!!

13 de abr. de 2021

Dime que me queres

Hoxe, Día internacional do Bico, dende a biblioteca propoñémosvos non deixar de dicir o moito que queres a un compañeir@ ou mestra/e. Por iso deixamos un buzón agarimoso na porta da biblioteca onde podedes deixar as vosas mensaxes. Nos tempos que corren as apertas e o contacto físico non son aconsellables, pero iso non impide que demostremos o noso amor aos demais. Así pois podedes facer uso dese buzón cando vos queirades, pero tedes que cumprir as seguintes normas:

- As mensaxes serán só dunha frase ou unha palabra (mensaxes curtas)

- Serán mensaxes positivos e agarimosos.

- Poden ir dirixidos a calquer/a compañeir@ da mesma aula ou de outra, ou persoal do centro (mestres, conserxe, limpeza, administración, comedor,...)

- Na "portada" da mensaxe terá que levar o nome da persoa á que vai dirixida a mensaxe e o curso ou titor/a da clase de ese neno (non levará o nome da persoa que escribe a mensaxe, será anónima).

- Recomendación facer uso de papel reciclado ou utilizar anacos de papel vello ou sucio que teñades por aí.


NON DEIXEDES DE TER XESTOS AGARIMOSOS



9 de abr. de 2021

JORGE PETEIRO, un artisto galego namorado do mar

Durante o segundo trimestre, o noso cole estivo a traballar as obras de Jorge Peteiro relacionadas co mar. Para iso, introducímonos na súa biografía e obras deste artista galego, a través destes documentos. Iremos colgando no blog a nosa visión artística das súas obras.

8 de abr. de 2021

Coidado coa radiación!

Fixádevos que experimento tan divertido e fascinante preparounos esta alumna de 4º de EP!


Novidades Abril, libros mil

Eiquí están as nosas novidades de Abril, bota unha ollada! 



Aprendemos sobre a vida mariña II

Aproveitando as explicacións da nai de Victoria, tal e como vimos no video, investigamos, experimentamos, limos... un montón de cousas sobre a vida mariña. Mirade!



2 de abr. de 2021

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


Hoxe,  Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos para nenos e nenas e, entre os que destacan, O parrulo feo, O soldadiño de chumbo e A sereíña. É un dos dez autores máis traducidos do mundo.

Un pequeno vídeo que conmemora este día:


E agora, dous dos nosos traballos deste curso que lle adicamos a este día:

"O mundo do mar" , Banda deseñada.

"Os nosos contos da vida mariña", Relatos curtos.











1 de abr. de 2021

Día Internacional do Autismo

Aínda que neste día estamos de vacacións de Semana Santa, Elmer e o EBE non querían deixar de conmemorar este día para visibilizar a estes nenos e nenas que presentan o Trastorno do Espectro Autista, moitas veces ocultado ou menosprezado. Por iso, queremos presentarvos estes vídeos que poden dar una nova perspectiva e sensibilizar as persoas:

Academia de Especialistas:


O cazo de Lorenzo (tedes os libros na biblio):