Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións

7 de xuño de 2020

PENSEMOS...

E como seguimos cos alimentos, cos comezos do verán, os cambios da natureza... Elmer proponvos ver este vídeo dunha campaña de publicidade alemá para reflexionar sobre un montón de cousas: 
-A que as cousas mais simples poden levarnos a cambios moi grandes.
-A "obriga" de seguir as modas, o que todo mundo fai...
-A necesidade de levar unha alimentación saudable
-O que poden provocar en nós os cambios na alimentación
-A necesidade de liberdade   
...

E para rematar un conto moi divertido sobre un animal que nos da moitos alimentos e un alimento moi nutritivo:

A vaca que puxo un ovo de Andy Cutbill 




31 de maio de 2020

FILMES EN GALEGO

A Editorial OQO poñe a nosa disposición unha serie de filmes en galego. Hai varios deles, pero Elmer  escolleu as aventuras de Caracois:

                                    Accidente
                                 
                                 Caracol e Vermiño

Caracol e Saltón


Amizade de caracol



29 de maio de 2020

SIMON´S CAT

Seguimos coñecendo novos libros de narrativa, contos, de banda deseñada... Hoxe Elmer tráevos a Simon's cat. Coñecédelo? É un gato moi pícaro, que sempre ten famen e é moi, moi divertido. Aquí tedes unha das súas historietas visitando a veterinaria...




25 de maio de 2020

DERRADEIRA SEMANA DE MAIO

Estamos xa na derradeira semana de Maio e xa estamos un pouco cansos e cansas, xa comezamos a notar a fatiga... Por iso, hoxe, Elmer vaivos propoñer algo moi divertido para ir rematando este curso. Que vos parece disfrazarvos dalgún personaxe dalgún libro, conto, cómic...? Podedes coller os disfraces do Entroido, cousas que teñades por casa, customizar algún elemento... todo para parecervos algún personaxe literario. 
Algúns amigos e amigas de Elmer xa o fixeron. Mirade que graciosos!



A que pode ser divertido? Imaxinación e creatividade ao poder! Eso sí, enviarnos a vosa foto co libro ao que facedes referencia ao este correo:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com antes do 10 de xuño. Esperámolas!!

E agora un audiocuento sobre un libro moi chulo, quizáis vos de algunha idea. Escoitade con moita atención, a narradora é alguén moi famosa!
Yo voy conmigo de Raquel Díaz Regueira




24 de maio de 2020

DÍA EUROPEO DOS PARQUES

Este é o día que se adica aos espazos naturais protexidos de distintos países e a conservación da natureza. O seu lema para este ano é  "A Natureza, boa para túa saúde".

Un dos espazos que temos no noso país e que se adican a conservación da natureza é o Parque de Cabárceno. Este parque, todos os venres, realiza unha visita polos seus recintos  para que, desde a casa, coñezamos os seus animais, como se lles coida, curiosidades e unha morea de cousas mais! Deixamos aquí os enlaces dos vídeos que hai ata o momento (o deste venres día 22 non está):

Recinto dos gorilas

Mangostas e suricatas

Rinocerontes brancos

Elefantes africanos

Vexamos agora este audioconto de Intimpa, A árbore do Sol:


21 de maio de 2020

XA ESTÁN AQUÍ OS NOSOS INVESTIGADORES E INVESTIGADORAS!

Días pasados, Elmer fíxovos a proposición de ser pequenas investigadoras e investigadores. Aquí está una pequena mostra das nosas futuras promesas!

 

17 de maio de 2020

DÍA DAS NOSAS LETRAS

Para celebrar o Día da Nosa Lingua, das Nosas Letras, que mellor que facer un SCAPEROOM?
A quen non lle apetece?

Para os peques:


Para os maiores:


Agora outro tipo de actividades, podes facelas todas ou escoller a que máis che gusten:



E para rematar, unha pequena entrevista a unha escritora galega de literatura infantil-xuvenil, Érica Esmorís,  feita por un dos nosos alumnos Jorge Martínez Ferreiro:




LEMBRADE QUE HOXE É O DERRADEIRO DÍA PARA VOTAR O QUE IMOS TRABALLAR O PRÓXIMO ANO!

16 de maio de 2020

SEGUIMOS

Como este ano non o podemos facer debido ás circunstancias que estamos a vivir, Elmer ten gardado no seu álbum este día. Así, podemos  lembrarnos da nosa participación na celebración do Día das Letras Galegas con AZETA e outros centros dos arredores.


Xa sabedes que este ano 2020 está adicado a Ricardo Carvalho Calero. O alumnado do CPI dos Dices fixeron un telexornal moi especial e orixinal, fixádevos:


  

13 de maio de 2020

13 DE MAIO, DÍA NACIONAL DO NENO E NENA HOSPITALIZADO

Nun día como hoxe, Elmer e o Equipo de Biblioteca Escolar (EBE) non queren esquecerse de todas esas nenas e nenos que están nos hospitais ingresados. Tendo en conta as circunstancias que estamos a vivir, hoxe máis que nunca debemos lembrarnos destes nenos, nenas, irmás, amigos, curmáns, familia... que están nos hospitais. E, para iso, dúas cancións para alegrar a tarde e facer unha pequena homenaxe a todos eses amiguiños e amiguiñas:







E AQUÍ ESTÁN OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS!

Despois de tantos días, aquí están. Se lembrades, ahí atrás pedímosvos que nos enviárades  un apadriñamento lector. Aquí tedes aqueles e aquelas que nos mandaron un pequeno vídeo: As nosas madriñas e padriños lectores!


11 de maio de 2020

ESTAMOS DE PRIMAVEIRA

Estamos de primaveira e o noso alumnado tamén o sabe. Por iso, realizaron uns poemas en inglés sobre esta estación e o seus cambios, sobre as flores, os animais... Mirade que marabilla!



E ademais para seguir en inglés (aínda que o temos subtitulado en español para aquelas palabras que non entendemos) un conto precioso sobre o que pasou, o que está a pasar e o que pode pasar. Pensade ben nas súa ensinanza!

8 de maio de 2020

HOXE...COMA EINSTEIN

Hoxe, imos poñer a proba a túa mente. Eso sí, podedes ter axuda e incluso facelo en familia. Elmer tráevos unha serie de retos matemáticos e de lóxica para entrenar os vosos cerebros. 
  
Imos aló!




RETO Nº 1.



RETO Nº 2.



RETO Nº 3.

Que pesa máis, un kilo de metal ou un kilo de plumas?

RETO Nº 4.


RETO Nº 5.

Un cabalo branco entrou no Mar Negro. Como saiu?


A darlle a cabeza e a divertirse!









7 de maio de 2020

MAIO: NOVO NÚMERO DO PAPAGAIO

E aquí está a revista á que estamos suscritos e temos na nosa biblioteca! Para non perder ningunha noticia do voso interese!
https://www.flipsnack.com/9D88A97F8D6/o-papagaio-8-maio2020.html

SEGUIMOS COS EXPERIMENTOS!

Desde a web de Arenaria, propóñennos un lote de actividades de ciencia, no seu apartado de quedanacasa. Por se queres facer unha pequena visita clica na imaxe.


Elmer recoméndache as seguintes para todas as idades:

Maxia no chocolate!, para que ninguén se dea conta que alguén comeu parte do chocolate!

Quen son? Son un ser vivo das costas españolas...
Varias pistas: no vídeo, non estou vivo; non son un animal; son moi abundante nas costas mediterráneas e son unha especie ameazada.                                   SOLUCIÓN  


Científicos agochados: podes atopalos?               SOLUCIÓN

Un ceo cheo de enigmas: un vídeo cheo de preguntas sobre as auroras boreais.                                                SOLUCIÓN


E, ademais, propónche a que te preguntes todas estas cousas:  

Existe o sangue azul?






6 de maio de 2020

EXPERIMENTANDO... FACEMOS INSTRUMENTOS

Lembrádesvos de Abraham Cupeiro? Visitounos o curso pasado e ensinounos un montón de instrumentos distintos!
Este músico tamén nos ensina a facer unha frauta cunha palliña de plástico! A ciencia pode ocupar todas as áreas como a Música! Intentámolo?



E agora, coñecedes ao profesor Bacterio? Ese científico tolo que trae de cabeza a Mortadelo e Filemón? El tamén fai grandes experimentos aínda que non sempre lle saen ben! Se o queres coñecer ou queres saber máis del, Bruguera permítenos ler os tebeos de Mortadelo e Filemón así como de máis personaxes coma Zipi e Zape, Rompetechos, El botones Sacarino, Anacleto e moitos máis. Clica no enlace seguinte:

POR FIN , SAÍMOS!

Despois deste experimento tan grande que fixemos de estar confinados na nosa casa, este é o noso resultado!



4 de maio de 2020

PRIMEIRO LUNS DE MAIO

Para comezar ben esta semana, que tal se contamos un conto por un dos profes do cole? Estade moi atentos, é un gran amigo de Elmer! A ver se alguén o coñece! 



Grazas Ángel!
E agora que xa estamos todas e todos atentas e atentos, párecevos que sigamos de investigadoras e investigadores e aprendamos máis? Elmer descubriu unha serie de aplicacións gratuitas e divertidas para aprender moito, exercitar a túa mente e desafiar o teu pensamento. 

Preguntados: xogo tipo trivial.

Quizzland: acertixos e adiviñas.

QuizUp: xogo de preguntas e respostas en liña.

Trivia 360: xogo de preguntas e de inxenio.

Trivia preguntas y respuestas:  xogo de preguntas por áreas con catro opcións de resposta. 


Que o pasedes ben e aprender moito!! 






2 de maio de 2020

E AGORA QUE ESTAMOS DE CIENTÍFICOS E EXPERIMENTOS...

Elmer atopou este "Conto en Familia", moi interesante para todos os públicos. 

https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa/recurso/videocuentos-en-familia.-el-perfumista-por-carles-garcia-domingo

Ademais, xa que estamos no papel de científicos, que tal se nos pasamos pola Casa das Ciencias? Teñen uns vídeos montados con Stellarium , unha aplicación gratuita e aberta que permite recrear o ceo (ou case) coma si estivésemos nunha sesión de planetario.


E agora, por que non facer desaparecer un vaso? Non é cousa de maxia, senón de ciencia! 


25 de abr. de 2020

A FESTA DO DÍA DO LIBRO... CONTINÚA!!

E coma Elmer e o Equipo de Biblioteca continúa de celebración, temos a alguén que nos deixou unha mensaxe moi especial, grazas ao noso colaborador Ángel (coordinador do EACE):




O HEMATOCRÍTICO! Encántanos os seus libros... por iso, propoñémosvos uns xogos cos libros deste gran autor infantil-juvenil. Clica nos distintos enlaces.

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=1603d3a0074c


https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=317e9e0fdbd3




E agora, un audioconto contado por... ,a ver se sabedes quen é!




22 de abr. de 2020

PASADO DÍA MUNDIAL DA ARTE

O pasado día 15 de Abril celebrouse o Día Mundial da Arte, data que quere dar a coñecer a importancia que ten a arte e sobre todo o pensamento creativo. Foi escollida entre outras moitas porque é o día de nacemento do gran Leonardo da Vinci. Aínda que, neste curso, estamos todos na casa, no noso cole traballamos a arte sempre que podemos, empregando distintos materiais, técnicas, estilos... e os recursos que nos proporciona a biblioteca. Aquí están de exemplos uns vídeos: