Amosando publicacións coa etiqueta LSE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LSE. Amosar todas as publicacións

14 de xuño de 2021

Lingua de signos

A lingua de signos é a lingua natural das persoas xordas. É unha lingua de carácter visual, xestual e espacial cuha gramática propia que reúne todas as características e cumpre as mismas funcións que calquera outra lingua.

Non existe unha única lingua de signos a nivel universal; igual que sucede cas linguas orais, cada país ten unha ou varias linguas de signos que van evolucionando nas súas comunidades lingüísticas. En España existe a lingua de signos española e a lingua de signos catalana.

O día 14 de xuño celébrase o Dia Nacional das Linguas de Signos Españolas. Esta conmemoración ten por obxectivo compartir e promover a difusión das linguas de signos e tamén impulsar medidas para normalizar o seu uso máis alá dos ámbitos domésticos, educativos e sociosanitarios. Este día é unha ocasión para recordar o papel fundamental que xogan para a transmisión de ideas, a relación persoal e social e o intercambio de coñecemento.


Para conmemorar esta data a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) convocu a IV edición do concurso escolar de cancións en lingua de signos española “Cantamos con las manos”. As cancións finalistas son as seguintes:










27 de set. de 2020

Día Internacional das Persoas Xordas

Hoxe, domingo, celébrase o Día Internacional das Persoas Xordas onde lembramos que é preciso ter en conta as necesidades e diversidade que teñen as persoas cunha perda auditiva. 

Por iso, Elmer propóñevos hoxe este conto moi especial:

                            "IMOS BUSCAR UN ABETO"

con Malvamos Teatro e AZ Lengua de Signos




15 de xuño de 2020

DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

Este domingo celebrouse o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas para compartir e promover a difusión da lingua de signos española (LSE) e a lingua de signos catalana e a normalización do seu uso.


Trátase dunha iniciativa que supón un paso máis na súa promoción, protección e normalización. Elmer e todo o cole quere contribuír a este esforzo, por iso invítate a aprender o alfabeto e así poder dicir teu nome en LSE!





30 de abr. de 2020

DERRADEIRO DÍA DA SEMANA DO LIBRO!

E como hoxe é o derradeiro día desta Quincena do Libro de 2020, imos despedilo por todo o alto!. Comezamos con Rosa Caramelo de Adela Turín, un conto moi especial e, nesta ocasión, moito máis pois está contado tamén en Lingua de Signos. Xa veredes que interesante!



Seguimos con cousas de interese, que vos parece darnos unha volta polos distintos lugares dos libros de Harry Potter? Podemos visitar Diagon Alley, a estación do tren King´s Cross, o gran comedor de Hogwarts... (Tarda un pouquiño en cargar, así que non desesperedes!)


https://earth.google.com/web/@51.53252905,-0.12415002,39.03631074a,53.83467957d,60y,-0.92843153h,79.30001386t,0r/data=CjASLhIgYjNkZjViZmQzMWQxMTFlN2E2ZTAzZGU4NDgxNmIzNGMiCmdjc19saXN0XzA



E agora Álbum de Pequenas e Grandes Lectoras e Lectores de Elmer!